Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
XOVES, 5 DE XUÑO, 20 H

"Caso Pechado", a ollada de Cé Tomé en portas e xanelas tapiadas

O artista vigués inaugura a mostra de fotografía na Galería Sargadelos de Barcelona.

Sargadelos Barcelona - 20:30 04/06/2008

Portas e xanelas tapiadas, máis que pechadas, máis que fechadas, pero non anuladas. Vestixios da historia e de historias, rastros do vivido e rexeitado, imposibilidade de volta atrás, negación da historia, cuberta dun libro que non se pode abrir, o portazo definitivo‚Ķ

Algunhas tapadas ao bruto, con urxencia. Outras con arte e delicadeza, pero aínda así deixando constancia de que alí houbo unha entrada/saida. E mesmo outras tapiadas hai tanto tempo que unha nova historia escomeza a se deixar ver sobre a negación da historia previa (por exemplo as que foron grafiteadas a posteriori, ou as dos Balcáns, que amosan rastros dos impactos do conflito bélico).

Ce Tomé é natural de Vigo e actualmente reside en Bruxelas. A finais dos anos 80 comeza a experimentar coa fotografía e o deseño gráfico, realizando logotipos, fotomontaxes e imaxes de marca. Os anos 90 publica, en colaboración con Xavier Queipo, o libro Mundiños e presenta en ARCO, en Madrid, unha instalación de mais de 200 retroproxeccións de fotomontaxes combinadas con musica picada en directo. Cunha variación desta mesma obra participou alguns anos despois na exposición Lost in Sound do Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.

Inauguración da exposición de fotografía Caso pechado, de Ce Tomé.

Xoves, 5 de xuño, 20 h

Galeria Sargadelos
Provença, 276 | Barcelona

Até o 31 de xullo.

Membro de Rede.cat.


2.45/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: