Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nota conxunta

Os bispos galegos convidan as familias a retirar os cativos das aulas de Educación para a Cidadanía

Cualificándoa de obstáculo para a "convivencia e paz", piden a retirada da materia e animan a pais e nais á "obxección de conciencia".

Redacción - 09:00 05/06/2008
Capa dun libro da materia

Capa dun libro da materia

"Tal e como foron regulamentados os seus contidos, a Educación para a Cidadanía (EpC), impón desde instancias políticas unha concepción do home que contradí o ideario propio das escolas católicas, ideario no que atopa expresión o dereito primordial á liberdade de educación, como defendeu o Tribunal Constitucional", expón un dos argumentados dos bispos galegos.

Así o explican nun documento feito público esta semana e asinado conxuntamente por Xulián Barrio Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela; Xosé Diéguez Reboredo, bispo de Tui-Vigo; Luís Quinteiro Fiuza, bispo de Ourense; Manuel Sánchez Monge, bispo de Mondoñedo-Ferrol e Afonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo.

Os bispos convidan o Goberno a "paralizar" a introdución desta materia nas aulas "tal e como está programada" na actualidade, solicitando que en último caso se permita a adaptación "en contidos, obxectivos e criterios de avaliación ao ideario dos centros". De paso, insisten en que "os pais teñen, entre outros medios lexítimos, o da obxección de conciencia ao ensino da materia EpC" para "defender o dereito que lles asiste de determinar a educación moral dos seus fillos". A maiores, os representantes da Igrexa católica en Galiza afirman que o Estado "non pode impoñer lexitimamente unha formación moral da conciencia dos alumnos á marxe da libre elección dos pais" tal e como critican que "pretende a materia de EpC e os decretos que a desenvolven".


3/5 (2 votos)


Comentarios (11)

amoscaesquerdosa #1 5/Xuño/2008 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai!, se se preocuparan tan só un pouqiño por eses millóns de nenos que están a pasar fame no mundo por culpa da explotación dos benditos capitalistas... amoscaesquerdosa.blogspot.

ecoe #2 5/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estalles ben ós mexapilas pesoeiros, pois andan alimentando as alimañas da extrema dereita, do nacionalismo español e do nacional catolicismo do €$tado: mesmo dándolles carta blanca (todo tipo de posicionamentos e manifestacións, inda que sexan apoloxías razistas e fascistas).

Que cada can lamb o seu...

luisfoz #3 5/Xuño/2008 luisfoz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os bispos deviam começar por retirarem os seus filhos e filhas do ensino público; explico: a gente que enviam os bispos aos centros públicos para ensinarem as suas doutrinas com o nosso dinheiro (o dinheiro público) sobram.

Barcelos #4 5/Xuño/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min que me conviden a mariscadas e enchentes e non a parvadas.

Estes bispos e vespas quedan calados ante verdadeiras inxusticias, por exemplo, enviar ás tropas españolas a invadir Iraq (en son de paz como as Cruzadas no seu día), e protestan porque se intente educar aos nenos a ser persoas.

Se oes á igrexa a palabra PAZ, escapa, porque se non che van a facer descansar en paz.

rober #5 5/Xuño/2008 rober
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

vaia filhos da puta os bispos e a curia

rober #6 5/Xuño/2008 rober
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

eu aínda nom apostatei, assim que diz-se que sou católico, me cago en deus, dios, etc. , excomungáde-me de uma puta vez. Assim nao tenho que enviar tantas cartas, me cago en dios e na puta virgem

rober #7 5/Xuño/2008 rober
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

e ademais me cago na putaaa conaaaa que vos botouuuuuuu

Dogma #8 5/Xuño/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿para cando a saida dos curas das escolas?

piscus #9 6/Xuño/2008 piscus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O cura da miña aldea, vendeu uhna rectoral, xa fai varios anos, e na mesma parroquia ten unha capela caendo,ese e o bon exemplo que dan,a sociedade xa pasa deles.

lurinha #10 6/Xuño/2008 lurinha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A sombra do Vaticano é muito longa. Semelha que, por muito que corramos, não damos fugido dela.
Que pesadelo!

Barcelos #11 7/Xuño/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non é por nada, pero na miña humilde opinión, a mín os comentarios especialmente #6 e tamén o #5 e o #7 parécenme un insulto que non favorece o diálogo. Se cadra é que son pouco tolerante. (Os ateos non se cagan en deus)

Quizais se chega a por a palabra maricón, eliminánlle o comentario, porque esa palabra esta prohibida, pois é un insulto e por iso a min non se me ocorre nin nomeala.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: