A Federación de Consumidores en Acción considera que se debería vencellar "á renda" e non só á potencia contratada.
Usar simultaneamente unha lavadora e unha estufa eléctrica, ao tempo que se mantén conectado un frigorífico, queda fóra da posibilidade dun fogar que teña contratada unha potencia inferior a 3 kilowatios, segundo explican desde FACUA-Consumidores en Acción. Con este exemplo critican desde o colectivo a chamada "taxa social", anunciada este mércores por Miguel Sebastián, ministro de Industria, Turismo e Comercio.
Segundo Sebastián, este novo modelo tarifario facilitaría rebaixas no recibo da luz de até o 10%, e o ministerio asegura que no conxunto do Estado poderían beneficiarse dela arredor de 4,5 millóns de fogares. Trátase de que neste caso, os usuarios deixen de pagar a potencia contratada e paguen unicamente polo consumo realizado. O ministro facía este anuncio de paso que confirmaba que o mes que vén a taxa eléctrica se incrementará "no contorno do IPC", nun promedio de entre o 5 e o 6%.
Discriminatoria e irreal
Desde as asociacións de consumidores recórdanlle ao ministro que na práctica, os recibos que os cidadáns pagan pola electricidade consumida xa se incrementaron en xaneiro, polo que esta nova subida en realidade deixará o balance anual para os petos familiares nun incremento real de máis do dobre do IPC. Consumidores en Acción considera que para poder chamarse realmente "social" a tarifa debería estar relacionada co nivel de renda de cada usuario e non só coa potencia contratada.
En parecido sentido, o voceiro de Enerxía do grupo parlamentario do BNG, Fernando Blanco Parga, cualificaba a medida de "discriminatoria". Segundo criticou Blanco Parga, os fogares galegos "teñen que contratar unha potencia maior" e habitualmente "superior" aos 3kw, polo que "unha vez máis as decisións estatais sobre o sector eléctrico prexudican a Galiza".
Non aceptades as reglas do xogo de que sexa o €$tado quen mande na GZ? Pois allo e auga, mentres nos destrozan (e máis qsue se achega) o territorio e o medioambental nos montes e ríos, pois, A CAMBIO, pagamos como todos, mesmo qsuenes non producen enerxía!!
Viva Ánsar, que se lles adiantou e regaloulles ás eléctricas UN BILLÓN!
o que me fai gracia é que antes as electricas presionaban para aumentar a tarifa a cauasa de o custe que se tiña polo transporte da enerxia, polo que de golpe e porrazo subironos mas do 50% a cuota fixa da electricidade, e agora querenos facer creer que o precio do quilowatio creceu.... ¿? onde se ve esto, e mais para os galegos que o custe de transporte é realmente menor (non é o mesmo producir e deixala ao lado que ter que enviala a cataluña), e agora isto cando en moitas casas son casas industria (sobre todo no rural).....
¿porque tanto mamoneo? ... ¿quere agrabar mais a crise?