Velaí as preguntas que che propoñemos. Unha por hora. Participa! Entre os acertantes sortearemos unha chea de premios.
É abondo con que respondas unha soa destas preguntas. Con iso xa entras no sorteo. Pero se queres, proba sorte cada hora.
Envía a resposta por correo electrónico a noticias@vieiros.com, sinalando o número da pregunta e a opción elixida:
(10-11h)
1.Logo de unir os espazos naturais protexidos da Baixa Limia-Serra Xurés, e Peneda Gêres, o Parque Baixa Limia-Serra do Xurés ten a cualificación oficial de "transfronteirizo" desde o ano...
(a).... 1900
(b).... 1800
(c).... 1987
(11-12h)
2.O Proxecto Terra é unha iniciativa didáctica coa que o Colexio de Arquitectos de Galicia quere concienciar sobre os problemas do urbanismo e a arquitectura nas escolas. O proxecto inclúe un álbum en banda deseñada realizado por Miguelanxo Prado, co título...
(a)...."A mansión dos Pampín"
(b)...."A mansión dos Gaioso"
(c)...."A mansión de Monte Pío"
(12-13h)
3.No cartaz desta XIV edición de Ponte... nas Ondas!, que construción aparece debuxada a pé da cidade de Santiago?
(a)....a estatua da Liberdade
(b)....o Centro Galego de Arte Contemporánea
(c)....un rañaceos
(13-14h)
4.A tradição local conta que existiu uma bela princesa órfã a qual apaixonou-se por um nobre, valoroso e jovem cavaleiro, porém carente de recursos. Assim poderia começar A Lenda da Torre da Princesa, uma tal princesa que viveu em...
(a)....o castelo de Bragança
(b)....o castelo de Sanxenxo
(c)....o castelo do Garabullo
(14-15h)
5.A sachola é...
(a)....un rezo especial polo día de Corpus
(b)....un aveño de labranza de dous ou tres dentes co que se remove a terra
(c)....unha patada nas canelas
(15-16h)
6.O Centro Histórico de Guimarães foi cualificado como Patrimonio Cultural da Humanidade en 2001. Entre o rico patrimonio da cidade está por exemplo o Palacio Vila Flôr, onde actualmente está o centro cultural do mesmo nome, e que non seu momento foi onde primeiramente se situou...
(a)....unha leira de patacas
(b)....o mellor restaurante do lugar
(c)....a Universidade do Minho
(16-17h)
7.A Ourense dinlle a Cidade das Burgas por...
(a)....as súas famosas fontes de augas termais
(b)....os fundadores, seica viñan de Burgos
(c)....cruza a cidade o río Burgas
(17h-18h)
8.Entre as termas ourensás están...
(a)....as pozas do Inferno e Quecebén
(b)....as fontes do Diaño e o Xabarín
(c)....os manantiais d'A Chavasqueira, o Muíño e Outariz
(18-19h)
9.Na parte máis oriental do cartaz de Ponte...nas Ondas! deste ano podes ver unha construción tradicional á que se lle chama...
(a)....chirimbolo
(b)....palliza
(c)....palloza
(19-20h)
10.Galiza e o Norte de Portugal ofrecen grandes semellanzas nos ámbitos da vizosa literatura oral, da música e da danza. Alén de refráns, adiviñas, romances, cantigas, lendas e contos varios, chaman a atención tamén os encontros nos que dous cantadores se desafían botando man do enxeño. Chámaselles...
(a)....regueifas ou cantares de desafío
(b)...operación triunfo
(c)....toleiradas
(20-21h)
11.A alvariza é...
(a)....o lugar onde se garda o pan
(b)....o lugar onde están colocadas as colmeas
(c)....o lugar onde se xuntan os que se apelidan Álvarez
(21-22h)
12.Hai unha vila costeira onde lle dicían "apupar" a tocar o "apupo", corno ou caracola, desde terra e para que os mariñeiros se orientasen cando o porto estaba fechado de néboa... Esa vila costeira é:
(a)....en A Guarda
(b)....en Melide
(c)....en Lugo