Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O vindeiro sábado, en Compostela

O comité organizador da homenaxe a Blasco Gonçales fai un chamamento á participación cidadá

"Representa a figura do militante que ten as raíces na terra e a entrega á defensa dos dereitos dun pobo", salientaron este venres no acto de presentación.

Redacción - 10:35 07/06/2008

Este venres presentouse na Galería Sargadelos de Compostela o programa da homenaxe ao histórico militante nacionalista Luis Gonçales Blasco, 'Foz'. Representantes do comité organizador do acto, que terá lugar o vindeiro día 14 no Instituto Arcebispo Xelmirez de Santiago, explicaron as actividades que se van celebrar.

O sindicalista Xan Carlos Ánsia, un dos membros do comité organizador, subliñou que Gonçales Blasco "representa a figura do militante que ten as raíces na terra e a entrega á defensa dos dereitos dun pobo". Canda Ánsia figuran no comité Ramon Muntxaraz, Pilar Martínez, Pedro Alonso, José Manuel Sanmartinho, Eva Loira, Joam Lopes, Suso Irago e Paco Sebio.

Poden ler aquí o programa do acto.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: