Os militantes de ERC elixen novos líderes tras o último fracaso electoral. Mentres, o ministro español do Interior asegura que "non haberá referendo" vasco.
O goberno español considera que o dereito de autodeterminación é inconstitucional
O independentismo catalán vive este sábado un novo episodio na súa historia. Tras a contundente derrota electoral nas pasadas eleccións ao parlamento español, chega a renovación de proxectos a Esquerra (ERC), a formación política catalá máis comprometida co arredismo.
Os máis de 10.400 militantes teñen deica as 20.00 horas para se decantar por algún dos candidatos á Presidencia e á Secretaría Xeral do partido.
En total hai catro candidaturas. A corrente continuísta Gent d'Esquerra, que presenta a Joan Puigcercós para presidente e a Joan Ridao para secretario xeral, foi a que maior número de avais presentou e a que en teoría conta con máis posibilidades.
"O dereito á autodeterminación é contrario á Constitución"
Por outra banda, a consulta popular presentada polo goberno vasco baixo o lema Dereito a decidir segue a ser obxecto de manifestacións de rotunda oposición dende o Executivo español. A última, este venres, do ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, que asegurou que "non haberá referendo" en Euskadi.
Segundo este detrás do lema da consulta agóchase "o dereito á autodeterminación", que é "contrario á Constitución (española)" e, xa que logo, constitúe unha "estratexia electoral" de Juan José Ibarretxe para acudir ás urnas "co 'non' do Estado".
"Parece que o Estado está negando un dereito", cando "non é así, porque en España os cidadáns deciden continuamente, mais non temos dereito a decidir se esquecemos que España é un país con normas comúns", advertiu Rubalcaba.
Señor Rubalcaba na sacrosanta constitución española non di nada contra consultas non vinculantes, que aquí mesturamos as cousas. Así que deixe de enganar a cidadanía. Outra cousa será o que se invente o Estado para prohibir a consulta, co cal, quedará moi pero que moi mal en Euskado, ou o que é mesmo o PSE quedará moi mal, non é por nada.
As Constitucións están ahí pero tamén se trocan. De tódolos xeitos insisto, o señor Ibarretxe faltou a súa palabra cando dixo que non faría isto, o plan Ibarretxe, se había violencia da ETA. E xa seve, políticos...
*Eusakdi
*se ve
Que estou na polaXD
O próximo que van prohibir os tontos estos serán as consultas esas que fan polas portas das casas preguntando que marca de deterxente é a preferida dos veciños. Porque xa se sabe, unha consulta é "incostitucional".
"O longo e duro camiño de Cataluña e de Euskadi cara á independencia"
Galiza coma sempre espectadora das contruccións nacionais dos outros, semella que asumimos un rol subalterno na conquista do noso futuro. Logo ainda haberá quen veña e nos diga que falar de independencia da GZ é un sintoma de inmadurez política. País!
Y tan duro...como que nunca va a ser realidad la independencia de ninguna comunidad autónoma en España. Recuerdo que hace ya una década algunos, los más optimistas, decían que en 25 años...Y ahora, 10 años después siguen diciendo que en 25 años...En estas mismas páginas algunos decían que en el 2008, tras ese referéndum de Ibarreche que no se va a realizar, vendría la independencia de las Vascongadas. Pues va a ser que no...
Mentras o BNG manteña a politica de esperar a "chamada de ZP", que nunca chegou, ou de ser parte da "estabilidade" española, a autodeterminacion da Galiza via para as calendad gregas.
O historico problema da Galiza non é o seu pobo traballador, e demostrou sempre a sua capacidade de loita... O problema esta nos seus dirixentes politicos, sexan centralistas ou supostamente nacionalistas, pois todos teñen a mesma mentalidade submisa diante do estado.
Que o fagan os centralistas, entran dentro da súa loxica. pero que o fagan os supostos nacionalistas din ben pouco deles.
Como se pode construir unha política nacional galega esperando a "chamada" ou con palabras de orde tan descafeinadas como "cremos neste país". Iso poden decilo dende o PP ata o PSOE, e non pasaría nada. Eles tamen o din, Feijoo "cre no país", é "galeguista", e Touriño tamen.
Porque a opresion nacional da Galiza é unha cuestion de estado, de garantir unha division do traballo que ten como obxectivo manter ese centro hipotrafiado, ese buraco negro da economia española,
chamado Madrid; que non produce nada, e consume as enerxias do conxunto do estado. E por iso os gavioteros, sexan coa do PP ou do PSOE, son virulentos na súa defensa.
Para que ese politico español chamado Rajoy teña que lembrarlle a ESpe Aguierre, é dicer, a representante da "brunete mediática" (por certo, Pio Moa o mestre do noso Gaviotero, acaba de acusar a Rajoy de proetarra, "que ilegalicen o PP" por ser do "entorno" de ETA), que Madrid non é España, "manda chover na Habana".
Pois iso. Mentras os politicos galegos, de todos matices, teñan máis medo ao dereito a decidir -que iso e non outra cousa é a autodeterminacion- do pobo galego, asi vainos.