Aconséllanlle á Xunta que "admita" que pagou a María Isabel Blanco para evitar que Bruxelas "actúe de oficio".
O PPdeG aconselloulle á Xunta este domingo que "admita" ante a Unión Europea que pagou con cartos do Fondo Social o contrato da presunta axente electoral María Isabel Blanco, para evitar que Bruxelas poida sancionar a Galiza por facer uso "irregular" deste fondo económico.
Segundo indicaron os populares nun comunicado de prensa, no caso da axente electoral "existiron graves irregularidades dende o punto de vista laboral que afectan aos fondos sociais".
En concreto, acusan a Consellaría de Traballo de conceder, con cargo nese Fondo Social, unha subvención a unha asociación formada por concelleiros e candidatos socialistas para que contratasen unha persoa.
Porén, Blanco "nunca chegou a traballar para esta asociación", senón que o fixo para o sindicato Unións Agrarias e para o PSOE en Arxentina durante 53 días na campaña electoral, "todo iso pagado con diñeiro público da UE", sinalou o PPdeG.
"Non o denunciamos"
Os populares insistiron en pedirlle ao Goberno que "actúe de modo responsábel" e poña o sucedido en coñecemento de Bruxelas para que a UE "non actúe de oficio" e retire os fondos sociais que cada ano concede ao noso país. Ademais, sinalaron que dende o PPdeG "non denunciamos" o caso en Europa "porque non faremos nada que poida derivar en multas millonarias para Galiza".
Os "gaivioteiros" en vez de armar lios na casa dos outros deberian arreglar os seus que teñen bastantes.
I SERÁN RAMON CABANILLAS EN CAMBADOS O 21 DE XUÑO.
http://www.unhagrandechea.org....