Mentres, en Francia Sarkozy mantén a semana de 35 horas pero permite buratos legais que a flexibilizan.
Até 65 horas de traballo a semana como límite, e mesmo sen máximo nalgúns casos. A ese extremo chegará a autorización da Unión Europea para a semana laboral de ir adiante a reforma que teñen sobre a mesa os ministros de Traballo este luns. A reforma, que permanecía desde hai tempo no caixón, sairá adiante de xeito previsíbel despois de que algúns dos países que aínda se opoñían ao texto, como Italia e Portugal, modificasen as súas posturas ao respecto nas últimas semanas.
A modificación prevista suprimirá o límite de 48 horas para a xornada acumulada ao longo da semana dun traballador, eliminando ademais o requirimento que até o de agora existía dun acordo cos sindicatos para poder flexibilizar esa cifra nalgúns casos. Malia esa nova directiva da UE, de momento, o goberno español comprometeuse a non modificar a actual lexislación.
E tamén para a épica
mais agora que os tempos son chegados pagaremos o pato os de sempre
mais eles non queren perder do seu e siguen a enriquecer co esforzo dos demais, isto si e liberalismo para uns e aldraxe pra outos
sempre en galiza
A qué estan os sindicatos?
65 horas entre 7 días, dá 9 horas diarias sen descanso e aínda sobran dúas. E entre 6, dá case 11 horas diarias. Podemos entrar ás oito da mañá e saír ás oito da tarde. Cunha hora para comer, se che quedan ganas, e todo o domingo para durmir.
Camiñamos cara atrás. Cara aos tempos da revolución industrial ou da Idade Media.
Os sindicatos están para protexer ao sector forte: Sector Público, Banca, Enerxéticas, Transporte, Comunicacións, Industria, Ensino... e o derradeiro, o cidadán do montón, paga todo.
"A qué estan os sindicatos?"
Están a ver cuánto les cae en las negociaciones, que es a lo que están habitualmente estos vividores de lo ajeno.
Por lo demás, a ellos poco les da 48 que 65 que 25, pues apenas hacen unas horas a la semana con tanta liberación sindical y tanta mandanga. Es lo que tiene ser sindicalista. La afición por el trabajo no está entre sus virtudes, precisamente.
Vexamos. Un, Gaviotero cala que esa proposta é a proposta dos que ti defendes, PP e a extrema dereita, o franquismo e os que berran contra os que queren transformar a sociedade. Son os burgueses, aos que ti defendes, os que queren esta xornada laboral.
E iso, ponte no mesmo carro que Zapatero e o PSOE. É historico que o que non se atreve a facer a dereita, salvo que gañe unha guerra civil, teñen que facelo os seus axentes no movimento obreiro, os "socialdemocratas" e os burocratas sindicais.
A reconversion dos 80 estaba aprabada nos gobernos da UCD, mais tivo que vir FGonzalez para facer o que Suarez non se atreveu. Aznar tentou unha profunda reforma e atopouse dúas folgas xerais masivas. Agora ven Zapatero, e tenta facer o que Aznar non foi capaz, só que agudizado pola crise.
Os dirixentes sindicais que non asinaron nengun pacto social, como os da CIG, e a esquerda sindical terían que exixir a convocatoria, xa, de mobilizacions europeas contra a directiva.
E Gaviotero, deixa de dicer tonterías que menos traballas tí.
gaviotero estara con eles... na mentras non abra os ollos, pero no que di tamén ten razón... ¿onde estas "os sindicatos"? se os sindicatos europeos non son capaces nen de evitar isto ¿entón que nos queda?..
Fai unhas semanas o tribunal europeo daba a razon a unha empresa alemana que contrataba en polonia a xente con soldos polacos para despois facelos traballar en alemania. segun o tribunal, se o contrato en polonia era legal, non se podian meter ninguen doutro estado en contra diso...
Asi que preparadebos.. soio nos queda ir a polonia, ter un contrato de merda, unha vez feito o contrato de merda voltar a españa e traballar 65 horas cun salario de mandar a tomar polo cú aos sindicatos...
Boto en falla algún enlace para chegar ás miñas conclusions... Que xa albisquei funestas porque se quere deixar de computar como traballado o tempo "inactivo" do persoal que realiza traballo de 'garda'...
Lembremos que esta Unión Europea ultraconservadora e neoliberal é a que a meirande parte dos galegos queren, xa que foi aprobado aquí o referéndum da Constitución europea. Supoño que todos meteron o voto sabendo o que votaban, aínda que creo que é moito supoñer, porque o que é ler penso que nin deus a leu.
Com a constituição europeia não sabiam o que votaram. Mas agora entre fútebol, ninha de rajoy e chiquilicuatre foi aprovado o Tratado de Lisboa, que legaliza as barbaridades que o fracasso da Constituição Europeia não permitira.
Ademais uma jornada laboral de 13 horas só é uma mais que as 12 da inglaterra do XIX.
Acaba de saír no País. Xa sabemos o que queren a Sarkozy, pero presenta a Francia, RU e Italia como claves para esta desfeita. Realmente só se mantén Portugal, España e... a saber!!
De facto há que responsabilizar os sindicatos pela sua postura corporativa e ainda funcionando em termos estatais, quando grande parte das nossas vidas é condicionada por Bruxelas, e por tipos que não foram eleitos por ninguém. Nunca como agora seria necessária uma contra-ofensiva coordenada por parte de todos os sindicatos europeus.
Para quando uma greve/paro geral a nível europeu contra esta ofensiva neoliberal?!!
É curioso que as cousas que mudan as condicións dos traballadores e das vidas de noso dun xeito tan importante sexan aprobadas tan democraticamente que nin sequera se nos di se queremos. É máis, case nin se publicita, méteronnola ás agachadas, agás en Eire, que todo ten que ser refrendado pola cidadanía (para cando algo así na Galiza?), por certo que alí nas sondaxes todo aparenta que vai gañar o NON ó tratado (hahahaha, ogallá). O mellor é que despois a UE pretende dar leicións de democracia.
Un ataque sen precedentes aos dereitos dos traballadores.
Temos que darlle unha resposta en consonancia.
Para unha análise máis miúda, ver amoscaesquerdosa.blogspot.com
http://izquierdalternativa.blo...
O AUMENTO DA EXPLOTACIÓN DOS ASALARIADOS É O ÚNICO XEITO QUE TEN O CAPITALISMO PARA SAIR DA CRISE
Carlos Dafonte
Escoito unhas poucas frases do presidente do goberno Rodríguez, no programa de TVE “59 segundos”. Todo son banalidades pero hai unha que fica gravada na miña memoria pois hai máis dun lustro foi tema de debate entre un grupo de militantes que analizábamos o temas das crises periódicas do capitalismo. O presidente dixo “ a saída da crise será socialdemócrata” e engadiu algo parecido a con amparo ós afectados...Levantou os brazos como si fora a voar e esbozou ese sorriso parecido ó de Toni Leblanc nesa película na que practicaba o timo coñecido como o “tocomocho”.
Algo temos avanzado; xa recoñece que atopámonos nunha situación de crise, cando hai trinta días negábao. Posiblemente a afirmación do presidente fora a última contribución do señor Tagoas, asesor económico presidencial, con categoría de Secretario de Estado, antes de iniciar a súa etapa como presidente da patronal SEOPAN, onde agrúpanse unhas decenas de entre as maiores empresas da construción, considero uns dos maiores grupos de presión existentes no Estado. Prepara con Rodríguez a aparición televisiva e despois vai concretar as verbas presidenciais, a saída socialdemócrata, dende o cumio dunha das patronais que máis se teñen enriquecido nestes anos e que destaca pola súa intransixencia cos traballadores e controlar un dos sectores produtivos con maior grao de explotación. ¿A quen quere enganar o presidente con semellante afirmación? ¿Como é posible que un presidente que ten como principal asesor económico a unha persoa que vai presidir unha patronal da construción, poda falarnos de pular unha saída socialdemócrata á crise dende o goberno que preside?. Algún inxenuo pódese preguntar como un asesor presidencial que coñece interioridades, proxectos, futuras decisións, etc., pode marchar a presidir un organismo do sistema oligárquico español. ¿Pode haber alguén que pense que o poder político que representan PSOE, PP e os nacionalistas burgueses, é independente do poder económico?¿Xa esquecemos, o acontecido non hai tantos anos, en que a gran banca pagaba a empresas tapadeiras de determinados partidos, cantidades importantes de cartos por informes inexistentes?
Pero ademais non debemos esquece-lo apoio do PSOE ó tratado de Maastricht, onde se plasmaron as políticas neoliberais e contra os traballadores, que leva adiante a Unión Europea. Tratado onde se admiten como verdades inamovibles, principios ideolóxicos que o son da dereita e onde a tríada PRIVATIZACIÓNS, DESREGULACIÓN E COMPETIVIDADE é a base da globalización que ninguén no PSOE pon en cuestión.
¿Pensa o presidente Rodríguez que xa esquecemos a campaña do referendo para un Tratado Constitucional Europeo, onde PSOE e PP foron da man para darlle rango constitucional ás políticas neoliberais? ¿Ou que eurodiputados do PSOE como Enrique Barón e Manuel Medina apoiaron publicamente a Directiva Bolkestein que consagra o principio de que as leis laborais son as do país de orixe da empresa?. ¿Ou que nunha U.E. onde máis do 60% das decisións económicas se toman en Bruxelas, hai posibilidades dunha “saída socialdemócrata” á crise?
¿Pero que é unha saída socialdemócrata á crise?. Hai decenas de anos, as políticas socialdemócratas eran unha alternativa, reformista, pero alternativa, ás políticas do capital. Por medio de reformas do capitalismo poderíase pasar, pensaban eles, a unha nova sociedade a sociedade socialista, incluída a transformación do estado. Os que en tempos foran socialdemócratas en Europa, e tiveron posibilidades de confronta-las súas políticas coas do neoliberalismo, dende finais dos anos sesenta, buscaron a posibilidade de non enfrontarse directamente coas necesidades do capital e “teorizaron” o que se chamou “terceira vía”, un xeito de renderse ó neoliberalismo pero que parecera que non o facían. Os teóricos da terceira vía acolleron as políticas de Toni Blair en Gran Bretaña o chamado “novo laborismo”, e as falcatruadas do Clinton nos EEUU, como a plasmación práctica dun novo xeito de facer política e de interpretar as necesidades da xente. O balanzo final non pode ser máis desolador; a terceira vía non pasou de ser o tatcherismo con outra faciana e o imperialismo de sempre e dicir, políticas neoliberais contra os traballadores e os pobos.
No estado español non houbo nin intento de enmascarar as políticas neoliberais, aplicáronse e se seguen a aplicar contando co fervor dun poderoso coro de medios informativos, que repite constantemente que se o PSOE foi, e polo tanto é, cuestión discutible, un partido da esquerda, as políticas que implementa tamén o teñen que ser.
Hoxe sería unha saída socialdemócrata, as solucións propostas por Keynes hai moitos anos, partindo de que nas crises o elemento fundamental e a queda da demanda e esta era resultado da queda investidora e do emprego. Fronte o derrubamento do investimento privado debía se-lo estado quen investise cunha política activa de intervención para loitar contra as recesións, aumentando o gasto público.
O problema do déficit solucionábase co aumento da demanda non só polo importe investido, pois ese gasto inicial transformado en salarios e bens, xeraba unha nova demanda, o chamado multiplicador keynesiano, sobre outros sectores.
Ademais o estado sempre aumentaría os ingresos grazas a maior entrada de impostos que xeraba a actividade económica; podíase gravar, tamén, máis ós máis ricos, anulando deste xeito o déficit público inicial.
Se analizamos as medidas tomadas ata o de agora polo goberno para enfrontarse á desaceleración, ou á “desaceleración acelerada” dos últimos días, búscanse todo tipo de eufemismos para non falar de crise, vemos que teñen máis que ver con poñer o estado ó servizo dos grandes emporios económicos, e dar esmolas, o que facía o franquismo, que con políticas socialdemócratas, imposibles de levar adiante nunha Unión Europea neoliberal. Flexibilidade laboral, rebaixa de salarios ós traballadores, non aumentan nin o monto da inflación, polo tanto rebaixa, e rebaixa tamén dos impostos ós máis ricos, privatizacións de servizos públicos, política de fusións, nestas circunstancias os peixes máis grandes cómense ós máis cativos, e toda unha serie de compensacións ós empresarios, serán os alicerces da saída a crise; a favor dos poderosos e contra os asalariados e dentro dos mesmos contra da clase obreira.
Non haberá saída socialdemócrata á crise, xa que a xénese da mesma non é unha queda da demanda senón a queda da taxa de ganancia, xerada polas contradicións internas do propio capitalismo. Os grandes emporios económicos non o ían permitir. O que necesitan é un maior exército de reserva, os traballadores atados de pes e mans, polo que con toda seguridade nos atopamos en portas doutra nova reforma laboral
Que ninguén espere que o capitalismo se derrube a pesares das crises cíclicas que padeza por graves e fondas que sexan; aínda que non tivera tan bos garantes como PSOE e PP, no estado español, a Unión Europea, e como recurso final ó xendarme estadounidense, se os sectores populares non se organizan e empurran, o edificio do capital, aínda con crise no sector do ladrillo, non cae.
Unhas consideracións finais; estes días púxose en marcha dende os medios de comunicación unha operación de adormecemento dos pobos do estado; a calquera hora do día o PP e o seu próximo congreso, ocupa todos os espazos. Aínda que o voten moitos asalariados é un partido conservador, representante dun sector da oligarquía española que ten amosado o longo dos anos ser un inimigo declarado dos traballadores, polo tanto pouco nos debe interesar o que lle aconteza, e canto peor lle resulten as cousas, mellor para a grande maioría do pobo español. Pola contra o partido do goberno ten próximo o seu congreso, para xullo; escoitei que xa aprobaron a ponéncia política, ¿vímola en algún medio sendo como é o principal responsable das medidas en relación á delicada situación económica na que nos atopamos? ¿Ou non van discutir sobre a situación económica?. Iso si que nos interesa ós asalariados e hai un sospeitoso manto de silencio sobre o tema nos medios.
O mesmo acontece co declive político e a desaparición institucional da esquerda no estado; non é un feito anecdótico, a grande maioría dos cidadás estamos obxectivamente interesados na información do que pasa na actualidade nos diferentes sectores da esquerda, na perspectiva da súa reconstrución, pero ós propietarios dos medios non o ven do mesmo xeito e tamén o silencio é absoluto. Os poderes fácticos fan todo o posible para que a idea da necesidade da existencia dunha esquerda forte, alternativa ó sistema capitalista, explotador da humanidade, despilfarrador de recursos, non se espalle entre quen máis necesita da existencia da mesma.
En Galicia no mes de maio de 2008

A CRISE E A PERSPECTIVA PARA A ESQUERDA
As eleccions do 9 de marzo foron a confirmacion dun fenomeno que non é só galego ou español; senon europeo e mundial: a “via parlamentaria” da esquerda tradicional desaparece eleccions tras eleccions. Foi nas francesas, foi nas españolas (que tiveron a súa expresion na Galiza, coa perda do voto urbano do BNG), e, hai uns días, nas italianas, coa desaparcion de Refundacione Comunista e outros partidos, que como IU no Estado Español, foron o apoio dos gobernos “progresistas” de Zapatero e Prodi.
Mentras, o mundo vai de cabeza cara unha crise economica, que esta a xerar unha resposta na rúa dos traballadores e os pobos. Poucos días despois das eleccions francesas, onde a esquerda parlamentaria retrocedera, miles de traballadores saíron a loita. A derrota da “esquerda” italiana foi precedida de folgas e mobilizacions. O retroceso urbano do BNG e a queda de EU veu precedido dunha importante manifestacion o 17 de febreiro, Galiza Non se Vende, e dous anos de folgas obreiras como a dos metalúrxicos vigueses ou o telemarketing coruñes.
Calquer analisis das perspectivas para a reconstruccion dunha esquerda anticapitalista, non parlamentaria, sexa galega, española ou internacional, ten que partir dunha caracterización o máis precisa posible do que é o signo da situacion actual: a crise economica, e as súas consecuencias para as condicions de vida dos traballadores, a carestía e a inflacion, alen da ameaza de desemprego.
Dende os economistas burgueses e os gobernos, tentase de responsabilizar, como fai sempre que o capitalismo entra en crisis, a un sector da burguesía, aos “maos” do capitalismo, para salvar o conxunto do sistema. Asi foi no 72 cando a chamada “crise do petroleo” desmontou o crecemento economico da posguerra mundial: a culpa foi dos produtores do petroleo, dixeron, non dun sistema que ciclicamente ten crise. Na crise dos 80, foron os “bonos lixo”, os especuladores na bolsa os que tiñan a culpa, non o sistema.
Nos 90, despois da suposta victoria do capitalismo sobre o comunismo coa queda do muro de Berlin, foron os que se fixeron ricos coas famosas “.com”, é dicer, as empresas de internet. Mais ista crise levouse por diante unha das grandes da electricidade mundial, a ianqui EnRon. Tampouco foi o sistema quen estivo en crise, só os que quixeron lucrarse coa especulacion das “.com”; como se os propagandistas do sistema non fixeran campaña de publicidade sobre os beneficios de internet e as “.com” para o mundo.
E agora, coa nova crise detonada pola queda das hipotecas “subprime” (lixo, como os bonos dos 80 ou as especulacions a redor das “.com” de comezos de seculo), a culpa non a ten o sistema, senon que é dos que quixeorn lucrarse coa burbulla inmobiliaria.
Os especuladores levan sempre a culpa,.... mais nas costas dun especulador sempre ha un banco, e os bancos son a columna vertebral do sistema capitalista. Por iso, ista crise afecta non ás extremidades, como foi noutros casos (a crise mexicana, a rusa ou a arxentina), senon o corazón financieiro do sistema, nunha das dúas grandes potencias económicas do mundo, os USA.
Mas, porqué se os especuladores son os que teñen a culpa da crise, as medidas dos gobernos van contra os traballadores e os pobos?
A especulación ten unha lóxica que non é allea a estructura do sistema capitalista, senon que é unha consecuencia natural dele, polo que Marx descubriu hai xa máis de 150 anos, a lei da tendencia decreciente da taxa de lucro. Dunha maneira simple -e polo tanto perdendo os matices que haberia que profundizar-, co nivel de desenvolvemento das forzas productivas (tanto na capacidade productiva do ser humano como na maquinaria e tecnoloxía necesaria para pór en funcionamento unha empresa), é ingente a cantidade de capital necesario para manter a taxa media de lucro que lle compense ao capitalista facer o investimento. Por iso, vaíse ó diñeiro facil, á especulación, sexa os “bonos lixo” dos 80, as “.com” dos 90 ou as hipotecas do 2000.
Mais, a sociedade capitalista é unha sociedade de produccion de mercadorías, e se istas baixan o seu valor -que non é o mesmo que prezo, con iste podese especular, co valor, é dicer, o seu custe de produccion, non, pois o custe de produccion fundamental é o salario do traballador e a máis-valia do empresario, e isto é a loita de clases-, é dicer, sufren unha deflacion, deixan de ser rentabéis, agudizando a tendencia a especulacion. Ao final, producese un “fenomeno de tixolas”, onde o diñeiro ficticio non se corresponde co xerado pola explotacion dos traballadores, polo que devalúase, e rompe a economia, detonando a crise.
O ano pasado, a ruptura deuse nas hipotecas “subprime”, mais, como a crise é do sistema, de queda da taxa de lucro, o que só foi o detonante, esta extendendose polo mundo pola vía da queda da bolsa, da inflacion, da crise das inmobiliarias, etc.
Na Union Europea onde o control dos estados sobre os bancos é un pouco maior que nos USA (ista é unha economia absolutamente desrgulada), a crise estase manifestando coa inflacion, pois é a maneira que os capitalistas europeos queren recuperar a taxa de lucro. Neste sentido son “vulgarizacions” interesadas as que responsibilizan da crisis á queda no consumo; se realmente fora así, non despedirían, non baixarían os salarios, non precarizarían o emprego.... senon todo o contrario.
Tampouco podemos crer nas versions que din que a inflacion xurde en abstracto, como se ninguen decidira a suba dos prezos; a “man obscura do mercado” de Adam Smith ten ollos e cara, son os burgueses, os capitalistas, as súas organizacions patronais e os gobernos que suben as tarifas electricas, telefonicas, etc., ou ollan para outro lado mentras iso acontece. Tampouco son os salarios os que xeran a inflacion -iste é un argumento que asumen as direccions sindicais para manter a súa politica de pactos sociais e contencion salarial-, senon a ambicion do lucro polas empresas e os empresarios; é unha manifestacion da queda da taxa de lucro.
O Estado Español é unha mistura das consecuencias da crisis “á europea”, a inflacion, cos efectos da especulacion hipotecaria como nos USA, e estan ameazados miles de postos de traballo na construccion. O novo goberno do PSOE ten como unha das súas prioridades facer o que lle pediu a patronal o longo das eleccions: un plan de choque para recupera a economía. E xa coñecemos que cando a patronal exixe un plan de choque, quen pagan son os traballadores.
O caso galego ten a súas caracteristicas
Evidentemente non escapa a crise mundial, directamente, pois é parte da economia capitalista con multinacionais como Inditex, Pescanova, Bluesens, Televes, Calvo, etc., como pola súa dependencia da construccion, como acontece en xeral no Estado Español. Así, a inflacion bate nuns salarios de media máis baixos que os do conxunto do estado, ou a ameaza de desemprego na construccion é un feito ao que temos que sumarlles aqueles que emigraron, e agora teñen que voltar.
Mais, pola súa condicion de nacion “periferica” a especulacion urbanística que permitiu o desenvolvemento da España mediterranea e madrileña non afecta tanto. De feito, no PIB galego a construcción, a diferenza do resto do estado, esta despois dos sectores industrias como o metal (estaleiros e automovil), o textil e a conserva, e mesmo dos sector servizos (o comercio, especialmente). Mentras no estado é (era) o primeiro xerador de emprego, na Galiza non o é. Alen máis, na conxuntura xerada polo Prestige, estase a xerar unha expansion na industria da construccion naval, con Vigo e Ferrol construindo barcos como nos mellores tempos dos 70 (a ría de Vigo é hoxe a primeira potencia de construccion naval civil de Europa e unha das máis grandes do mundo).
Tal e como recoñece a prensa portuguesa, o “efecto Nunca Máis” tivo, e ten, un efecto expansivo, liberandoa do corse do caciquismo fraguista. Os investimentos da Xunta xa non van par o asfaltado dos puticlubs dos amigos dos alcaldes ou para subvencions de redes caciquiles; senon que estan o servizo do desenvolvemento burgués, tanto no rural como no urbano.
De feito, ha anos qaue asistimos a desaparicion do vello labrego e gandeiro galego, e no 2007, por primeira vez na historia, os empregos dependentes do agro e o mar baixaron dos 100 mil; o cal non significa unha queda na produccion do leite o do peixe. As empresas galegas no mar son unha das potencias mundiais, tanto pola pesca directa como no acuicola, establecendo “factorias coloniais” en Namibia, El Salvador, Arxentina, Islas Salomon, etc., ou desenvolvendo a tecnoloxia acuícola dende Pescanova ou Isidro de la Cal.
O caso do leite é máis complexo, pois a politica de Fraga de liquidar o sector, deixouno baixo minimos no que fai a transformacion, mais o gandeiro galego, hoxe, ten unha capacidade productiva cualitativamente superior ao que era a vella produccion gandeira; así, só unha empresa gandeira, Usgama de Boimorto, produce 2.5 millons de litros ó ano con 250 ou 300 vacas, e tiñan un plan de expansion para chegar aos 3 millons, que teñen paralizado pola queda dos prezos do leite.
Os conflitos coas grandes empresas envasadoras e distribuidoras é un conflito entre o pequeno e mediano burgués, o gandeiro, que exixe prezo rentable para a súa mercadoría e polo tanto máis lucro, dandolle o mesmo o prezo ao que chega ao consumidor (é dicer, ó conxunto dos asalariados), e os burgueses das envasadoras e distribuidoras, que queren baixar os custes de produccion, e así incrementar o seu lucro. O resultado deste conflito, como calquera conflito interburgués, é da concentracion da produccion en menos máns, coa desaparicion das explotacions que non esten preparadas para entrar na liberalización do mercado e o fin do sistema de cotas.
Porén, dende un punto de vista de clase, aos traballadores tanto nos ten que suban ou baixen o prezo do leite en orixe (casi mellor que non o suban), pois o que chega ó mercado non se corresponde coa suba dos salarios.
Como sempre dixemos, a Galiza de hoxe é unha Galiza asalariada e urbana. Mais é unha nacion oprimida no centro do capital imperialista, a UE, cunha contradiccion de ferro entre o seu papel imperialista a traves das grandes empresas galegas e a súa relacion de opresion co estado español, o que sen lugar a dubidas vai xerar enfrontamentos, mesmo da pequena e mediana burguesía como os gandeiros, ou outros sectores populares, co goberno central e a Xunta. O BNG apuntase a ser o seu representante politico, mais quen vai representar politicamente os intereses e as condicios da maioria asalariada da poboacion galega?.
A perspectiva da reconstruccion
Nese cadro de crise economica, e polarizacion social, os gobernos demostran o que son, xestores das necesidades dos capitalistas, para os que fan todas as politica; e atopamosnos co feito ineludible da desaparicion da esquerda institucional tradicional, como a demostracion do fin de calquer posibilidade de “reformas” cara un capitalismo de rostro humano. Non ha “xiro social” nos gobernos, diante da crise non son posibles concesions á maioria da poboacion traballadora, só politicas que abertamente defendan os lucros dos capitalistas.
Mais, tamén é un feito que os traballadores e os pobos non fican calados; respostan e loitan, fan folgas e mobilizacións contra as consecuencias da crisis, nunha perspectiva de que, coa agudizacion da crise, imos ter máis loitas e convulsións sociais.
O que esta a acontecer na America Latina, que esta a cristalizar en procesos de reagrupamentos internacionais e nacionais de organizacions politicas e sindicais. A situacion italiana, incapaces de estabilizar un goberno que leve adiante os planos da burguesía; as folgas en Grecia contra a inflacion, etc. Mesmo o que acontece nos USA, onde o “exito” de Obama só é a punta do iceberg do que esta a pasar na sociedade ianqui, con folgas obreiras contra a guerra, etc. Lembremos á pasada que Obama foi o unico representante que no Congreso dos USA votou en contra da guerra de Iraq, e no seu pasado esta a súa ligazon cos sectores radicais dos negros norteamericanos, polo que un sector da burguesía ianqui, asustada polo que pode pasar con outro Bush, aposta claramente por unha saída “popular”, polo Zapatero ianqui. E a Galiza non é “periferica” nesto; o contrario.
Fronte a crise capitalista, a maioria da poboacion traballadora faise máis receptiva aos mensaxes de loita contra as súas consecuencias. A loita polo socialismo comeza a non ser alleo á resolucion das necesidades das masas traballadoras e, mesmo, das súas aspiracions, senon que aparece como algo ligado á unha saída á crise capitalista. O problema é que isto non se corresponde co nivel de organización da esquerda, e se non se resolve ista contradiccion, todo pode ficar nun fogo de artificio e nunha nova derrota do pobo traballador.
Por que, ha masa critica para a reconstruccion da esquerda. As consecuencias de Nunca Máis, a experiencia de loita que foi para miles de xovenes e traballadores galegos esta gravado a fogo nas conciencias; e o bloco social da manifestacion do 17 de febreiro demostrouno.
Para elo é necesario que organismos politicos como Causa Galiza, ou os foros sociais -cada ún a súa maneira, reflicten a necesidade da reconstruccion da esquerda anticapitalista- partan das necesidades e inquedanzas da clase traballadora e o pobo, da loita contra a carestía da via e a crise, contra a privatizacion do ensino e a universidade (a LOU, a Lei de Calidade e o seu orixe, o proceso de Bolonia), a loita polos dereito democráticos (autodeterminacion, aborto, etc.), a solidariedade internacionalista cos traballadores e os pobos do mundo en loita; e sitúen no centro a denuncia e a mobilizacion social contra os gobernos do capital
Isto é, recuperen a politica como o que é, a ferramenta para a resolucion dos problemas do ser humano nunha sociedade de clases, rompendo coa “politica” da esquerda institucional, preocupada polo seu posto e o salario oficial. A crise capitalista non se vai resolver cun novo reformismo institucional, o capital non ten marxe de manobra para facer concesions, como foi na posguerra mundial; hoxe a crise do capitalismo só ten unha saída, bater duro sobre as condicions de vida dos traballadores e os pobos. Poren, a reconstruccion da esquerda anticapitalista convirtese no nú Gordiano da situacion.
Galiza, 20 de abril de 2008