A Consellaría de Cultura está nestes momentos reorganizando os fondos que adquiriu para a apertura deste novo organismo.
En doce meses, como máximo, Galiza terá a súa Biblioteca Nacional. Confirmouno, en declaracións á Radio Galega, Xosé Antonio Regos, director do organismo. Regos salientou que o centro, o primeiro dos edificios da Cidade da Cultura que entraría en funcionamento, contribuirá á dixitalización dos fondos galegos e achegará apoio técnico á rede de bibliotecas do país: "pretende aportar novos fondos á bibliotecas, especialmente as que están ubicadas en lugares de menor poboación. Pretende aportar algo novidoso na difusión e na divulgación do patrimonio bibliográfico", dixo Regos.
Xosé Regos, nacido en Boqueixón en 1953, foi director do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galiza entre 2005 e 2007. Previamente dirixira as bibliotecas das facultades de Medicina, Odontoloxía e Enfermaría da USC.
A Biblioteca Nacional de Galiza será a sede do Centro IBBY da Literatura Infantil e Xuvenil para a Diversidade Cultural. A creación do Centro IBBY é resultado dun acordo da Consellaría de Cultura e Deporte coa Internactional Board on Books for Young People (IBBY), unha institución mundial de fomento da literatura infantil e xuvenil. O anuncio foi feito público en marzo na Feira de Boloña por Ánxela Bugallo. O edificio acollerá non só a biblioteca, senón tamén a mediateca, unha libraría institucional e exposicións temporais.
No puede ser una "Biblioteca Nacional" porque España ya tiene una en Madrid. Será en todo caso una "Biblioteca Autonómica" o, desde el punto de vista del BNG, "Biblioteca Aldeana".
Mira, mira, estos bloqueiros terminando esa obra que tanto criticaban de Manuel Fraga. Si al final, son tal para cual...
DA-ME A MIM O CORPO QUE FEIJOOY
VAI SER TÃO PRESIDENTE COMO RAJOOY...
CUÑAAOOO
A ver, Gaviotero. Se soubeses cómo se organizan os sistemas bibliotecarios no mundo ficarías moito sorprendido. Hai países que teñan máis dunha biblioteca nacional (Italia) e non pasa ren.
Que Galiza é unha nación, semella que é claro. Que sexa unha nazón independente, iso é outra cousa.
A biblioteca da Cidade da Cultura pode ser o que ti queiras agás aldeana; estará mal montada, que non o sei, terá poucos ou moitos fondos (poucos, agarda a ver o que pagou Pérez Varela por algunhas bibliotecas privadas, entre elas as de Basilio Losada e Xesús Alonso Montero, agarda, que vas ver o que é gastar), ficará lonxe de todo (que tamén), será un gasto elevadísimo (seguro), que maldita falla facía ter semellante decorado se temos un sistema de bibliotecas públicas realmente cutre, etc
Cando Manolo Fraga comezou a delirar porque non tomaba as pastillas para o rego cerebral, non houbo ninguén nesta sucursal do inferno que chaman planeta terra que lle aconsellara que era un disparate crear a Cidade da Cultura porque, simplemente, temos outras necesidades de todo tipo neste país sen Estatuto de Nazón. E que o BNG dixo Diego e logo dixo trinco, pois tamén, de xeito que sí, o BNG herdou o delirio de Fraga e agora vai xestionar un proxecto que maldita necesidade tiñamos del. Será, eis, a grande, superflua, carísima, innecesaria obra faraónica do BNG.
Deberías saber, caro Gaviotero, que por chamar-se Nacional a Biblioteca do Gaiás España rompe nen escacha, mais é mellor falar así e da venta de Navarra a ETA ca falar de números e de orzamentos, e de planos diseñados por Fraga e os seus mariachis que, ai Miña Terra, ai Meu Lar, agora son adoitados polo BNG en beneficio de non se sabe moi ben quen.
Pero como imos de sobrados, con Fraga e con Touriño, resulta que hai poucos meses que unha cidade como Compostela dispón dun servizo de biblioteca pública merecedor dese nome. Pensa, agora, se queres, o que pode acontecer en... Mugardos ou Sanxenxo cos servizos de letura pública ou bibliotecas, as dotacións orzamentarias, os fondos librarios actuais, as colecións de revistas, etc, etc...
Todo o que vaia para a Cidade da Cultura sairá de aí, de outras necesidades.
En fin, Gaviotero, deberías estar ledo e cheo de que o BNG continue a obra do Grande Timonel que, por certo, ía chamar-le á Biblioteca "Biblioteca Nacional". E España sen romper!
O que non sei é como van facer iso sen oferta de emprego.
Bibliotecas sen bibliotecarias?
Dame a min que as comisións de investigación non van aos problemas de fondo destes tingladiños e que todos os partidos neste punto se senten solidarios.
puag