Na presentación do documento, Touriño anunciou que se multiplicarán por 17 as autovías libres de peaxe de aquí a 2020.
O Goberno poñerá en marcha o Plan Director de Estradas de Galiza, que terá un orzamento de 16.000 millóns de euros, dos que a metade chegarán do Ministerio de Fomento. O plano anunciado polo presidente da Xunta e pola conselleira de Política Territorial ten o obxectivo de mellorar a accesibilidade a mobilidade do país dun xeito "radical".
O documento vai supoñer un investimento anual medio de 666 millóns de euros por parte da Xunta. Segundo explicou Pérez Touriño, o 74% das estradas da rede autonómica verase beneficiado polas melloras, que tamén van levar consigo unha redución no tempo das viaxes. O plan, co horizonte do ano 2020, incidirá especialmente nos 'puntos negros' das estradas e reducirá ao mínimo as travesías co fin de aumentar a seguridade.
En concreto, o plan aumentará de 1.000 a 2.300 os quilómetros de vías de alta capacidade, e multiplicará por 17 os quilómetros de autovías libres de peaxe, dos 27 actuais até 466. Deste xeito, segundo o presidente, todos os núcleos de poboación estarán "a menos de 30 minutos dunha gran vía de altas prestacións".
A tramitación do plan "de longo alcance" levará consigo as modificacións nas reservas de solo "oportunas e necesarias". María Xosé Caride anunciou que, ademais da accesibilidade dos concellos, o Plan Director de Estradas terá un punto dedicado "á conexión cos intercambiadores portuarios, aeroportuarios e ferroviarios". Segundo a conselleira, outro dos obxectivos é "reducir nun 40% os falecidos en accidentes de tráfico e o número de accidentes".
Pérez Touriño tamén presentou o proxecto como un factor de desenvolvemento económico en tempos de "dificultade e de desaceleración", pois, segundo dixo, mellorará a competitividade da economía do país, incrementará a produción nunha media de 1.800 millóns de euros anuais e creará 28.000 postos de traballo durante os 12 anos de vixencia.
Todo o que se fai é pouco para reducir os accidentes, pero é vital que se introduza a seguridade vial na escola dende primaria.
I SERÁN RAMON CABANILLAS DE CAMBADOS - ACTUACIÓN DE TREIXADURA -
http://www.unhagrandechea.org....
Xa estamos de eleizóns? non sei a quen queren enganar, o que si está claro e que perseguen unha morea de votos de ilusos.
Que pasa co camiño de ferro?
Este é un pais incríbel: Tres aeroportos a menos de 100 Km un dos outros, dous portos exteriores que se ven a simples vista desde un o outro, tres universidades, cando se farán as cousas xa non pido ben senón regular.
Agora que o combustíbel está proibitivo, agás para unha minoria, imos a facer miles de kilómetros de estrada, ¡Xenial!
CAndo fagan o primeiro quilómetro de trens de proximidades entón comezaremos a falar. Antes diso todo é tirar cartos e pór parches.
cartos de todos/as para as empresas amigas, máis destrución do medio e nin un só euro para un transporte colectivo e eficiente enerxéticamente..
xoca, albert e lura: somos o exemplo vivo de que todos temos unha mesma inquedanza e unha opinión parella nestes asuntos, pero eles seguen adiante ca súa teima. teremos que montar unha plataforma ou algo así para facernos oir e introducilo debate na sociedade. qué facer? como facelo?
Na miña opinión o grande problema deste plan é que nace sendo un plan de estradas en lugar dun plan de tráfico. Calquera persoa que saiba un pouco do tema faría primeiro un plan de tráfico para saber cales son os requerimentos de mobilidade que temos os galegos e despois pensar cales son as mellores solucións (estradas, trens, buses, metros...) Aquí faise ao revés, collemos o mapa e dicimos: coño entre Vilalba e Santiago podemos facer unha autovía: pois dalle autovía! Así despois pasan cousas estúpidas como que se constrúa a Transcantábrica até Vilalba en Lugar de até Lugo e logo en lugar dunha soa autovía (Santiago-Lugo), teñamos que construír dúas.
Con respecto ao de reducir os accidentes de tráfico mellor nin falo. OK, as autovías reducen o número de mortos pero se o plan de seguridade vial da Xunta consiste só niso mellor dar media volta e ir para casa.
Si, van facer!, cando den terminado todo eso, xa descubrirán a forma de teletransportarnos.
Porque se tardan tanto como en facer a terceira rolda de A Coruña, máis de oito anos para facer menos de un kilometro e son preto de 30. Ou como a vía Ártabra que ainda que está prometida dende fai anos ainda andan buscando por donde metela. Imos apañados.
Pola Base oponse a que o BNG escolla o candidato á Xunta nunha asemblea de delegados
Edición xeral
Medio Rural pide aos gandeiros e á industria un compromiso decisivo cos contratos homologados
Edición xeral
Vidal-Quadras critica as chiscadelas de Rajoy cos "independentistas suevo-celtas"
Edición xeral