Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comparecencia do secretario de Comunicación

A Xunta di que nesta lexislatura leva gastados doce millóns de euros en publicidade institucional

O desembolso é un 22% inferior ao realizado polo anterior Goberno. O PPdeG critica que non se dean datos do primeiro trimestre de 2008.

Redacción - 19:10 09/06/2008

O secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, informou este luns de que a media de gasto anual en publicidade institucional do Goberno nos últimos tres exercicios foi de catro millóns de euros por anualidade.

No entanto, en resposta a unha pregunta do deputado do PPdeG Diego Calvo na Comisión Institucional do Parlamento, Salgado salientou que esta cifra representa un desembolso un 22% inferior ao realizado polo Executivo en 2004, cando os populares estaba na Xunta.

Segundo as cifras da base de datos sobre publicidade Infoadex, en 2005 gastouse un total de 3,9 millóns de euros; en 2006, 3,5 millóns; e en 2007, 4,6 millóns. É dicir, en total 12 millóns de euros dende o cambio de Goberno.

Por debaixo da media estatal

Fernando Salgado apuntou ademais que mentres en 2004 o gasto da Xunta (máis de cinco millóns) estaba un 83% por riba da media das comunidades autónomas españolas (2,8 millóns), na actual lexislatura o gasto galego estivo sempre por baixo desta media.

Diego Calvo lamentou a falta de datos sobre os tres primeiros meses deste ano. "Son tan elevados que non lle interesa dicilos?", preguntouse o deputado popular, que vinculou ese suposto incremento coa celebración de eleccións xerais. Ademais, queixouse de que as cifras achegadas non estivesen analizadas por consellarías.


5/5 (1 votos)

Comentarios (2)

Xabi1 #1 10/Xuño/2008 Xabi1

Bon, como toda institución ou organismo a Xunta gasta en publicidade; do que se trataé de se gastamos moito ou non para un país que non chega aos tres millóns de habitantes. Sumen a isto os gastos de protocolo de todas as institucións (concellos, deputacións, fundacíóns públicas...), os gastos en publicidade, etc e comprobaremos que, sí, gastamos máis do que temos.
Con sinceridade, gastar algo menos que o PP non é un consuelo.

Gaviotero #2 10/Xuño/2008 Gaviotero

¡Jajaja! Y nosotros nos lo creemos, ¿no? Lo mejor es lo de comparar estos años con el último año electoral del PP. Vamos a ver cuánto gastan en este último año los bipartitos.

Seguro que es mucho más. De momento los altos cargos y gastos de representación varios ya superan en un 50% los del anterior gobierno de la Xunta.

Que no es poco.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: