Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ECONOMÍA

Os prezos aumentaron en maio un 0,8% e a inflación interanual sobe até o 4,8%

As taxas son as máis altas dende mediados de 1995. Os prezos dos carburantes pásanlle factura ás economías domésticas

Redacción - 10:40 11/06/2008
Tags: IPC maio

A inflación dispárase no noso país. Segundo o INE, en maio os prezos subiron en Galiza un 0,8%. Se se toma como refencia a taxa interanual (o que subiu o IPC entre maio de 2007 e 2008) o aumento é dun 4,8%. Os resultados son aínda máis negativos ca os que presenta a media estatal. No conxunto do Estado os prezos subiron o mes pasado un 0,7% e a inflación interanual sitúase nun 4,6.

As taxas de inflación son as máis altas dende mediados de 1995. Os expertos consideran que a causa fundamental é o aumento constante dos prezos dos carburantes. En Galiza, o maior aumento de prezos o mes pasado produciuse no transporte (2,6%), vestido e calzado (1,6%), vivenda (1%), ocio e cultura (0,4) e hostalería (0,3).


3/5 (2 votos)

Comentarios (1)

COUTOVEN #1 15/Xuño/2008 COUTOVEN

Que paradoxa. No país da ROBOILUSION onde as marabillosas medidas económicas promocionadas polo noso COMEDIANTE EN XEFE, HUGO CHAVEZ. Permítennos a dubidosa honra de ter unha das inflacións máis altas do planeta. Temos os mesmos prezos da gasolina desde a 4ta república (10 anos aproximadamente). Os cales non comento xa que serian ofensivos aos lectores de ultramar.

O raro, é que no resto do mundo a subida do combustible produce inflación. Porque se produce en Venezuela se non hai aumento do combustible? Sera a incompetencia? Sera a corrupción? Non compañeiros, esta é unha trama urdida desde os laboratorios secretos do imperio. Responsables do profano e o divino que ocorre neste país que malgastou a maior bonanza petroleira da súa historia. Polo afán desmedido de poder dun charlatán terceiromundista.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: