Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Estudo das Nacións Unidas

A mudanza climática zoupa no mapa africano

A evaporación do lago Chad, a deforestación que lle afecta a diversos países ou o retroceso dos glaciares ugandeses son exemplo dos graves cambios no continente.

Redacción - 12:30 12/06/2008

O impacto de diversos factores en África é evidente no informe que presentaba esta semana o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente. O estudo, presentado por Thabo Mbeki, presidente sudafricano, inclúe centos de imaxes tomadas desde satélites que ofrecen exemplos claros das fortes mudanzas que en pouco tempo sofre o continente africano.

A comparativa do "antes" e o "despois" realizada sobre numerosas áreas clave, indica a gravidade dos cambios. Por exemplo, en apenas quince anos, os glaciares das montañas Rwenzori, en Uganda, decreceron case un 50%, e en trinta anos, importantes reservas forestais de Madagascar ou Suráfrica desapareceron tamén do mapa. Na República do Congo, o informe advirte da rede de estradas realizada ao norte, e de como facilitou as agresións á biodiversidade nesa importante zona. En xeral, ofrece mostra do avance da desertificación e da imparábel perda de bosques no continente.

Con todo, os autores do estudo tamén quixeron destacar algúns sinais para a esperanza como é o caso da recuperación dos anegamentos estacionais naturais nunha área de chairas de Zambia, as accións de recuperación dos ecosistemas naturais do parque de Sidi Toui, en Tunicia, a recuperación de humidais en Mauritania ou o control da explotación forestal en Kenya.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Comentarios (2)

sozinho #1 12/Xuño/2008 sozinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cando as barbas do veciño vexas pelar, pon as túas a remollar. Será o momento de ir substituíndo cultivos de pirófitas, entre outras medidas, non?

Xarope #2 14/Xuño/2008 Xarope
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"O lago Chad, exemplo claro dos cambios"

E o quê é que "cambiam" : dolares por euros ??

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: