Un de cada catro vive por baixo do limiar da pobreza. Hai dúas semanas mobilizáronse reclamando ser escoitados polo goberno federal.
Logo da APNQL
A pasada semana o primeiro ministro canadense, Stephen Harper (Partido Conservador), pediulles perdón aos indíxenas de Quebec e do Canadá pola política "de asimilación" que desenvolveu o goberno entre o século XIX e os anos setenta do XX.
Coas verbas "o goberno do Canadá presenta as súas sinceras escusas e pide perdón aos pobos autóctonos", Harper abriu unha solemne cerimonia no Parlamento Federal no que se recoñeceu o sufrimento dos indíxenas.
O goberno tamén pediu perdón por separar os nenos indíxenas das súas familias e escolarizalos en orfanatos, onde lles deron unha educación que negaba a existencia da súa cultura. Ademais, en bastantes casos sufriron maltratos e abusos sexuais. Algúns deles estaban con Harper no acto institucional.
O goberno pide perdón... despois das mobilizacións
A finais de maio as principais organizacións indíxenas prepararon unha xornada de mobilizacións para reclamarlle ao goberno que os escoitase. A Asemblea das Primeiras Nacións do Quebec e do Labrador (APNQL) queixouse, o pasado 29 de maio, de que o goberno federal estaba a facer case nada por corrixir a miseria na que viven, á forza, os indíxenas que están confinados nas reservas.
De feito, como dato, salientouse que un de cada catro nenos indíxenas viven por baixo do limiar da pobreza e que este feito mancha "a reputación internacional canadense", ao tempo que se lembrou que o conxunto do país debe considerar o problema como propio.
Manda de fariseos!
Tamén lle van pedir perdón aos miles de focas q permiten cazar cada ano?
E aos barcos galegos por abordalos en augas internacionais?
MERDENTOS! Oi, eu tamén pido perdón...
A boas horas! Nom só os mandavam estudar longe dos seus durante anos e anos. Tamb´m nom lhes permitiam falar na sua língua ou facer os famossísimos totems. Esta tradiçao ficou interrompida, manténdo-se só na clandestinidade. ë dificil quantificar o genocídio indigena na América do Norte, mas há quem sostem que superou qualquer outra limpeza que se tenha dado antes ou depois.