Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
RECOÑECEMENTO

Zumalave, Inmaculada Paz Andrade e 'O Carrabouxo', Medallas Castelao

O Goberno decidiu na súa reunión deste xoves a concesión dos tres galardóns pola actividade artística e investigadora dos premiados.

Redacción - 13:42 12/06/2008

O director de orquestra Maximino Zumalave, a investigadora Inmaculada Paz Andrade e o debuxante José Luis González Vázquez, O Carrabouxo, son as tres Medallas Castelao 2008, que recibirán o 28 de xuño nun acto público.

O compostelán Maximino Zumalave foi fundador e director do Coro Universitario de Santiago (1979-1985) e do Collegium Compostellanum (1992-1995), principal director invitado da Orquesta Sinfónica de Galicia (1992-1995) e fundador da Real Filarmonía de Galicia, compartindo a dirección con Helmut Rilling ata o ano 2000, seguindo vinculado a esta formación como Principal Director.

Inmaculada Paz Andrade naceu en Pontevedra no ano 1928. É catedrática emérita de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), científica, investigadora e pioneira da docencia. É recoñecida internacionalmente no ámbito da Termodinámica e da Macrocalorimetría. Recentemente recibiu o premio María Wonenburger, que recoñece a traxectoria de mulleres nos eidos científico e tecnolóxico. Foi, no campo da docencia, a primeira muller nomeada Profesora Adxunta, a primeira muller Profesora Adxunta por oposición, a primeira muller encargada de Cátedra da Facultade de Ciencias, a primeira muller profesora Agregada da Facultade de Química e a primeira muller Catedrática da Facultade de Física. Dirixiu máis de 30 teses de doutoramento.

Xosé Luís González Vázquez, debuxante de humor galego, alcumado co pseudónimo O Carrabouxo, nace en Ourense no ano 1949. O seu personaxe de ficción homónimo é creado polo humorista en 1982 e caracterízase pola súa senlleira retranca galega. Colabora con regularidade nos xornais La Región de Ourense e Atlántico Diario de Vigo e tamén na revista Tempos Novos e o semanario A Nosa Terra.


4,11/5 (9 votos)


Comentarios (2)

ghalisia #1 12/Xuño/2008 ghalisia

Curioso que Presidencia (PSOE) faga públicos estes premios nas vésperas dos Premios Nacionais (promovidos por Cultura, do BNG)...

ecoe #2 15/Xuño/2008 ecoe

Fóra da utilización política: menos mal que xa non se conceden xa por kilos e medios kilos, como ata agora cos neofranquistas de Fraga!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: