Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROTESTA POLO PREZO DOS CARBURANTES

Os transportistas autónomos rexeitan o acordo co goberno español e manteñen o paro

Unha ducia de folguistas, entre eles o secretario da Asociación Provincial de Transporte Frigorífico foron detidos nas últimas horas en Galiza.

Redacción - 13:55 12/06/2008
Tags:

O voceiro da Plataforma en Defensa do Sector do Transporte, Antonio Llanos, asegurou este xoves que continuarán co paro. O colectivo, maioritario entre os autónomos, asegura que son alleos ao acordo porque, a pesar de que nas últimas horas houbo un acordo entre o goberno español e outras organizacións, din que non contaron con eles

Llanos acusa á ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, de ignorar a representatividade da plataforma. Así, advertiu que van manter o paro total indefinido até que haxa un acordo co goberno español. Pola súa parte, o Ministerio de Fomento sinala que o acordo acadado nas últimas horas engloba a case o 90% do sector.

Por outra parte, a Policía detivo este xoves en Vigo ao secretario xeral da Asociación Provincial de Transporte Frigorífico (Atefrimer), Antonio Fernández, acusado de pinchar rodas de varios camions. Fernández quedou en liberdade logo de declarar na Comisaría de Vigo. Nas últimas horas foron detidos en total doce piquetes en Galiza.


5/5 (4 votos)


Comentarios (7)

SHoToKaN #1 12/Xuño/2008 SHoToKaN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa podiades aclarar que isto non é unha folga. É un peche patronal.
No lugar de enlear máis aos lectores, xa podiades facer un esforzo por aclarar os conceptos erradamente atribuídos. Unha folga solo a poden facer os traballadores.
Xa o dicía outro comentario: de aqui saen gañando empresas con cartos públicos que verán aumentar a súa marxe de beneficios. Os asalariados das empresas de transporte non van gañar nada. É máis: toda esta trapallada será a excusa para non subir os soldos na proxima negociación de convenio.

jujolor #2 12/Xuño/2008 jujolor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

dacordo co comentario de SHoToKaN, sempre sairan gañando os mesmos mentras os de abaixo sempre ficaran mais abaixo.
o unico que conseguiran sera encarecer mais o custo da vida diaria.



sempre en Galiza

baltar69 #3 12/Xuño/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

sería tan amable alguén de facerme unha relación de quen son traballadores e quen non o son.
gracias, porque parece ser que os camioneiros non son tal cousa; non sei si tódolos outros autónomos ( carpinteiros, pintores, albaneis, escaiolistas, taxistas... ) tampouco o son e teño xa escoitado, por ahí e por alá, a algún colaborador empecinarse, ca súa habitual incapacidade para expresar de forma mínimamente coherente o batiburrillo de interesantes propostas que se remexen dentro da súa cachola cana, en entroncala protesta actual ca desestabilización do mismísimo allende no chile dos setenta.
como dín que tampouco os gandeiros, pescadores e labregos son traballadores, de forma parella intúo que todos aqueles que non teñen representación sindical na ugeté, no cesif, nas cecé oó ou na ciga tampouco merecen calificarse como tales e que todos pertenecen ao gremio empresarial tal roberto tojeiro, á burgesía comercial como amancio ortega, ao grupo dos profesionais liberais coma stampa braum ou á nobleza latifundista coma a duquesa de alba.
eso déixame, apenas, como traballadores forxadores de país aos conselleiros delegados coma o que pontificaba a chegada dun inminente pinochet a las españas, os limberados dos síndicos e da esgae e a fauna funcionarial e adminsitrativa que se queixa por que se está quedando sen leite enriquecido con omega tres e teme non dar cagado nuns días.
ó mellor é así e eu estaba despistado, de ahí que agradeza a calquera que teña un chisco de bagar me faga chegar esa listiña para eu entender mellor a cousa e non ter que darlle, por unha vez, a razón a pedro arias e decidir que aqueles por quen votei non son máis que unha pandilla de mexapilas incompetentes tan autistas e ensarillados en sí mismos coma os mangantes que pululaban pola xunta na era fraga.
obrigado.

Canledalebre #4 13/Xuño/2008 Canledalebre
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non te enrrolles baltar69. Sabedes perfectamente o que shotoka -e outros moitos- quixo dicer. Non é necesaria tanta filosofia barata nen imos liala por ver quen se queda coa palabriña "folga" que iso é o de menos. É so unha cuestión de non confundir a xente, entendes?
O que é un feito é que esta movida tan rara promóvena os mesmos contra os que os traballadores do transporte tivemos -e teremos- que convocar folgas en moitas ocasións.
Por que non facemos unha folga para que tododios que anda neste sector cumpramos estrictamente a xornada laboral de OITO HORAS. Sen falsificar os discos, sen durmir no camión, sen conducir 15 horas para facturar mais.
¿Que che parece pequenoempresario-autonomo-traballador? Anímaste?
¿que vos parece Fenadismer e compañía? Vindes de piquete?
aaaahhh carallo...

ecoe #5 15/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

8 horas agora que propuxeron 65 semanais como no século XIX e SIN A OPOSICIÓN DE NINGÚN MINISTRO DE TRABALLO, nin o emisario do ZP??
Máis duras poñen as loitas!

E os autónomos independentes, sin asalariados: tamén son patronal? E os mariñeiros e pescadores? E...

ecoe #6 15/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quén se lembra das intermediarias petroleiras? Farían algo os gobernos social liberais que suportamos?

ecoe #7 15/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha aclaración da CNT
http://www.rebelion.org/notici...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: