Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Viraxe económica

O ministerio de Traballo cubano modifica a política salarial

O novo proxecto de Raúl Castro introduce bonificacións salariais en función de obxectivos e aumentos de produción.

Redacción - 16:30 13/06/2008
Raúl Castro

Raúl Castro

Trátase dunha iniciativa significativa, que se engade a outros cambios acontecidos nos últimos tempos, como é o caso da anunciada reforma agraria con entrega de terras a labregos, e a apertura do mercado interno á venda de produtos diversos (electrodomésticos, computadores e teléfonos móbiles).

Na práctica, implica a anulación do sistema de salario promedio, autorizando as bonificacións a traballadores en función da evolución do traballo. Ao respecto, Carlos Mateus, viceministro de Traballo de Cuba, explicou no Granma que o sistema salarial vixente até o de agora é na actualidade "inaplicábel". "O sistema de salarios diferentes axudará a mellorar a calidade da produción e dos servizos", indicou Mateus.

O ministro avanzou que varias empresas estatais xa iniciaron a supresión do tope salarial para os traballadores máis "hábiles na produción" e que nas próximas semanas continuará o cambio. "O sistema salarial tradicional en Cuba debilita o entusiasmo dos asalariados polo traballo, porque todos gañan igual por moi destacados que sexan no traballo", recolle o Granma ao fío.

"O feito de que se lles prohibise gastar os cartos non significa que non existisen", comenta ao respecto Fernando Ravsberg, correspondente da BBC na Habana, "hai pouco dicíame un economista cubano que tivemos 50 anos tratando de meter a realidade dentro do modelo económico e agora estaríase intentando adaptar o modelo económico á realidade, e a realidade é que existen diferencias sociais e que hai que terminar por aceptalo", di Ravsberg.


3/5 (2 votos)


Comentarios (6)

Gaviotero #1 14/Xuño/2008 Gaviotero

Que se dejen de gilipolleces y metan la única reforma importante que es necesaria en Cuba: ¡¡¡LIBERTAD!!!

¡¡¡CUBA LIBRE YA!!! ¡¡¡MUERTE A LOS TIRANOS!!! ¡¡¡ABAJO LA DICTADURA CASTRISTA!!!

teixugo #2 14/Xuño/2008 teixugo

VAI TRABALHAR!!!

MOINANTE...

COUTOVEN #3 15/Xuño/2008 COUTOVEN

Home Señor Gaviotero. Como é iso que en Cuba non hai liberdade?

Por favor. En Cuba vostede está en “liberdade” de ler calquera xornal. Iso si. Debidamente autorizado polo Partido Comunista de Cuba. Por exemplo Granma, Juventud Rebelde ou a Jiribilla (Non se preocupe. Con ler un ten suficiente. Todos din o mesmo).

En Cuba vostede está en “Liberdade” de votar libremente polo candidato e o partido da súa elección. Iso si. Con tal que sexa o Partido Comunista de Cuba. Xa que o restos das agrupacións políticas son ilegais. Por non dicir outra cousa peor. Tolerancia política. Non o cre vostede?

En Cuba vostede está en “Liberdade” de criticar publicamente aos políticos. Iso si. Aos políticos Norteamericanos e aos seus aliados imperialistas. Xa que se che atreves a mancillar coas túas críticas aos xerarcas da illa e os seus aliados estratéxicos internacionais. Serás cordialmente abordado por un simpático grupo de compañeiros dun CDR (Comités de Defensa da Revolución) que de forma contundente (Golpes, patadas e insultos) faranche comprender que os teus puntos de vista non se corresponden cunha autentica e honesta moral revolucionaria.

En Cuba vostede está en “Liberdade” de espiar ao seu veciño e se é posible aos seus seres máis queridos. Grazas a que a súa denuncia non é un acto de traizón á amizade e aos valores da familia. É a máxima expresión da moral revolucionaria. E para o estado, é o mellor xeito de ter ás persoas coidándose unhas das outras e evitando que se xunten para facer unha fronte común contra a opresión.

En Cuba vostede está en “Liberdade” de marcharse cando queira e onde queira. Iso si. Arriscando a vida nunha miserable balsa intentando cruzar o estreito da Florida ou tratando de convencer a un turista que é algo máis que unha mercancía sexual de usar e tirar.

Certamente, Raúl Castro está dando sinais de que os modelos mal chamados socialistas que sufriu o mundo no século pasado só serviron para traer pobreza e opresión aos seus pobos. E os que aínda cren nesta forma de “política” están totalmente desfasados da realidade ou simplemente son uns aspirantes a tiranos. Iso non é culpa do socialismo xa que non se é socialista polo mero feito de dicilo.

O certo é que os fundamentalistas do pensamento marxista téñenlles que caer moi mal cousas como. Cobrar un soldo en función de o que produce o traballador. Sera que o espírito de competencia capitalista esta apoderándose da ideoloxía mal chamada socialista?

O traballador que se esforza no seu traballo é un envexoso que quere adquirir máis riqueza que os seus compañeiros para posteriormente ter un capital que lle permita explotar á masa traballadora que non está enferma da necesidade de adquirir bens de fortuna. É dicir. Un traballador que fai máis do que ten que facer, non merece ser chamado traballador senón burgués. Fundamentalista verdade?

No mundo enteiro hai un terrible déficit de liberdade. Pero se existise un “LIBERTOMETRO" Cuba seria un dos países que sairía peor parado. E non por culpa do socialismo, senón dos seus dirixentes.

ecoe #4 15/Xuño/2008 ecoe

Matizando os encabezados:

A entrega de Terras a campesiños é antiga, o qsue variou é a disposición de MÁIS terras para quenes queiran cultivar productos de alimentación, ó tempo, que venderían ó sistema de mercado (empresa estatal de comercialización).

Si hai algún medio veraz en Cuba vai ser o que vostedes utilizan, a BBC? É noxento que non saiban desenvolverse nas fontes informativas de dentro de Cuba, que son diversas, críticas e abondantes. (Simplemente Avi Chomsky en Sediciones-Hiru ou calquera dos posteriores publicados en castelán, para moitos ignorantes ou mentireiros, si saben e ocultan).

Aparte de millorar os servicios, que é fundamental, hai un outro obxectivo claro: un calquera cheíñas corrupto habaneiro polo capital (poseedor de un carro e boas relacións con xentes capitalistas asíduos na Illa, ou na forma que sexa, por prostitución, corruptela no posto de traballo, etc.) dispón de máis capacidade económica así obtida, que un outro traballador calquera que pasa solidaria e revolucionariamente os apuros que os cubanos do Crocodrilo Verde pasan, a causa do TERRORISMO INTERNACIONAL que impón o capitalismo imperialista sobre a Illa de Cuba (U€ incluída).

A noticia que vieiros coloca aquí enriba, é unha mostra de falta de información, veracidade, manipulación (cando menos por omisión), razoinamento e argumentación propia de calisquera medios capitalistas. Nada que envidiar con LVG, FdeV, €P, €M, etc, etc. entre os que aquí temos á man máis doadamente.

O máis gordo é que non hai NIN UN SÓ ARGUMENTO SOBRE NADA. Todo lixo informativo.

ecoe #5 15/Xuño/2008 ecoe

ë máis xusto o sistema €U?

Voltamos a 1870?
http://www.gara.net/paperezkoa...

ecoe #6 16/Xuño/2008 ecoe

Hoxe pode que a U€ revoque as directivas económicas restrictivas contra a población cubana

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: