Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA CORUÑA E EN VIGO

Educación destina cartos públicos a colexios que segregan nenas e nenos

En Galiza hai alomenos catro centros educativos concertados que rexeitan unha educación mixta.

R.Vilar - 13:50 13/06/2008

Galiza é unha das comunidades do Estado Español que sigue a financiar colexios que rexeitan unha educación mixta. A Xunta, a través de concertos, subvenciona centros privados que fomentan esta segregación. Segundo puido saber este xornal, en Vigo hai polo menos dous exemplos: Las Acacias (feminino) e Montecastelo (masculino); e na Coruña outros dous: Montespiño (feminino) e Peñarredonda (masculino). Os catro colexios, vinculados ao Opus Dei, pertencen á federación Fomento de Centros de Enseñanza.

A filosofía destes centros é radicalmente contraria á educación mixta. Na súa páxina web pódese ler o seguinte texto: “Dende a súa fundación en 1964, os colexios de Fomento escolleron como modelo organizativo na Educación Primaria e Secundaria a educación diferenciada. Cada persoa nace home ou muller, con ritmos diferentes de maduración persoal e de aprendizaxe, teñen distinta sensibilidade, reaccionan diante dos estímulos de xeito diferente (...)Nos colexios de Fomento facilitamos que cada alumno cultive as cualidades propias do seu xeito de ser, a masculinidade e a feminidade, trazos constitutivos da persoa”

Fallo do Supremo
A polémica decisión de destinar cartos públicos a este tipo de centros volve estar de actualidade. Esta mesma semana o Tribunal Supremo recoñecía que as comunidades autónomas teñen dereito a negarlle as subvencións aos centros que separen os alumnos por razóns de sexo. A sentenza subliña que : "o sistema de ensinanza mixta, no caso dos centros concertados, é unha faceta máis desa competencia sobre a admisión do alumnado que lle corresponde á Administración que financia estes centros".

O fallo do Supremo prodúcese logo dunha pugna entre o goberno de Castela-A Mancha e a patronal dos colexios privados CECE. Os centros recorreran unha decisión do executivo autonómico que en 2004 decidiu que os centros concertados non podían separar nenos e nenas. Nun primeiro momento, o Tribunal Superior de Xustiza de Castela-A Mancha déralle a razón aso colexios, agora o Supremo anula aquela sentenza.


4,6/5 (10 votos)


Comentarios (7)

piorno #1 13/Xuño/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A segregaçom sexual é um facto vergonhoso próprio de sociedades bastante atrasadas. Que o nosso governo subsidie isso é simplesmente lamentável. Se a educaçom deve ser pública, gratuita e universal, é concebível que tenhamos de pagar com os nossos impostos quem promove umha educaçom privada e segregacionista que difunde valores próprios doutros tempos?

E, senhores redactores de Vieiros, Educaçom nom destina «cartos» públicos a nada. Destina DINHEIRO público. Ou é que somos incapazes de diferenciarmos registos? Ou é que em espanhol os jornais diriam: «Educación destina pasta pública a...»? Vieiros aspira a fazer um jornalismo sério ou um jornalismo de taberna? Mais respeito e amor à língua.

Albert #2 13/Xuño/2008 Albert
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As relacións sociais entre as persoas tamén son necesarias para a formación dos nenos. Segregalos para que así non se relacionen social e afectivamente con mulleres seméllame o contrario de educar. Nin un can para eses centros.

Gaviotero #3 13/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lo que es vergonzoso es el totalitarismo que practica la Consejería de Educación con la inmersión lingüística en gallego, que no es más que la negación de un derecho fundamental de los padres para elegir el idioma de la educación de sus hijos.

Así que lo de la "discriminación" entre chicos y chicas en La Coruña y Vigo, simplemente da la risa.

xoca #4 13/Xuño/2008 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O da Piñón é de xuzgado de guarda, está facendo bo a Currás.
Non se nota nada, nada, nada, nada, nada, nada, nada, o governo, chamado de progreso. Que progreso?

breixoak #5 13/Xuño/2008 breixoak
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Amigo piorno, non vexo que mal ten dicir cartos, é demasiado populum? En serio, creo que é igual de digno que diñeiro, ou?

unhagrandechea #6 14/Xuño/2008 unhagrandechea
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaivioteiro: A persoas coma ti vai adicado o noso logo.


Ven o I SERAN RAMON CABANILLAS en Cambados - ACTUACIÓN DE TREIXADURA . DIA 21 DE XUÑO ÁS 21 HORAS
Máis información en

piorno #7 16/Xuño/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nom, breixoak, nom é o mesmo. As línguas têm registos diferentes. Ou tu vês que se fale igual numha palestra de física nuclear, num telejornal, numha taberna ou em casa com os pais? Cada situaçom requer o seu registo. Em casa ou com os/as amigos/as, por exemplo, utilizamos palavras que nom utilizamos noutra situaçom. Nom é o mesmo «quartos» ou «massa» que «dinheiro». Um urólogo falará do «pénis» e nom da «verga» ou do «caralho»... 29, ;).

Num jornal em espanhol nunca verias escrito «Educación destina cuartos públicos» ou «pasta pública».

Se nom nos tomamos o galego como umha língua a sério, reduziremo-lo a um único registo, empobrecendo-o enormemente.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: