Os deputados deberán decidir nas vindeiras semanas se admiten a trámite a Inciativa Lexislativo-Popular.
A iniciativa contra os sobresoldos para ex altos cargos chega este martes ao Parlamento. Dirixentes da Confederación Intersindical Galega acudirán até o Hórreo para entregar 18 mil sinaturas que exixen que se retire a disposición adicional 17 da Lei de Función Pública. O secretario xeral deste sindicato, Suso Seixo, explicoulle a Vieiros que as follas coas sinaturas están a ser comprobadas nas oficinas do censo, un dos requisitos indispensábeis para que as acepte o Parlamento.
Debido a que os meses de xullo e agosto son inhábiles, o Parlamento decidirá á volta do verán se admite a trámite a iniciativa para a súa posterior discusión. O propio Seixo recoñece que ve moi poucas posibilidades de que o Parlamento rectifique a lei que aprobou o ano pasado: “Eu son claramente pesimista neste asunto pero considero que o debate social había que o dar”.
Já era hora que alguém fizesse alguma cousa ao respeito.
Parabéns CIG !!
Bueno! Por fin...
Non foi sen tempo!
Onde hai que asinar?
non sei como levaron a cabo a recollida de firmas. a mín téñenma solicitado os de galicia bilingüe, os de greenpeace, os de apoio a diaz pardo, os de amnistía internacional, os de reporteiros sen fronteiras, os de intermon...
pero non vín por ahí rastro dos da ciga.
e eso que vivo a cabalo de varios concellos.
asíq ue eu tamén insisto: dónde hai que firmar? por que sí realmnete queren recollelas, sinaturas háinas a bondo.
As asinaturas recolherom-se em muitos centros de trabalho, claro que puderom ser mais, mas o importante e ter 15000 pois a partires de aquí o número legalmente é igual, nom socialmente, certo. O Parlamento nom vai mudar pois é arte e parte,case tod@s estamos em nómina já. Em fim...
Eu fun un dos que asinou... pero moito me temo que esa sinatura soamente vai servir para limpalo cu dalgún parlamentario.
Menos mal que neste pais ha xente con dous dedos de frente e eses son os home e mulleres da C.I.G. A directiva da nosa Asociación asinou en pleno.
Ven o I SERAN RAMON CABANILLAS en Cambados - ACTUACIÓN DE TREIXADURA . DIA 21 DE XUÑO ÁS 21 HORAS
Máis información en
http://www.unhagrandechea.org....
De quén partiu a iniciativa de darlle "sobre"-soldo aos ex-altos-cargos? é un insulto e un roubo á cidadanía. Por elegancia e por decencia ningún ex-alto-cargo debería aceptalo. É para que calen a boquiña? non lle atopo o sentido.
Eu quixese saber se as firmas dos parlamentarios do BNG e de forma moi especial a de Carlos Aymerich están presentes na petición da CIG. Ou será que do mesmo xeito que o día que votaron a favor dese aberrante plus algo nublo as súas mentes supostamente comprometidas co pobo traballador de Galiza.
O que se teño por seguro é que as súas firmas non faltasen nos recibos de conformidade dese pago. O cal por suposto indígnaos tanto. Que posiblemente o destinen a institucións nobres como as galescolas ou centros da terceira idade.