Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Manifestación en Pontevedra

"Non máis incumprimentos, celulosas fóra xa!"

Milleiros de persoas pediron este sábado a "dimisión" do conselleiro de Medio Ambiente polas "mentiras sobre o futuro de Ence".

Redacción - 10:15 15/06/2008

A Asociación pola Defensa da Ría confirmou este sábado que se mantén a presión social contra Ence, liderando unha nutrida marcha de cidadáns baixo o lema "Non máis incumprimentos, Celulosas-Elnosa fóra xa!".

"Non é certo que nestes tres anos a Xunta vaia acometer o desmantelamento do complexo. Non existe vontade política de facelo, e o sometemento da Xunta aos intereses empresariais é cada día máis evidente", expresa o colectivo no manifesto asinado para esta convocatoria, "se tiveran vontade de solucionar o problema terían dado pasos neste sentido ao longo dos tres anos que levan no goberno, e nada teñen feito; só pomposas declaracións nas que por certo deixan sempre claro que ENCE pode quedar en Lourizán ata 2018".

O manifesto foi lido pola secretaria da Asociación, María Peón, quen reprochou a posición da Xunta sobre a concesión da Autorización Ambiental Integrada (AAI) a Ence e Elnosa por tres anos, "unha data que pode ser prorrogada", alertou. A APDR considera que "de non existir unha oposición tan importante" á presenza de Elnosa "a Xunta concedería as autorizacións por oito anos".

"Desde a APDR esiximos o cese inmediato e definitivo da actividade de ENCE‐ELNOSA na nosa Ría polos problemas de contaminación, económicos e de calidade de vida e saúde que sigue a provocar, e a dimisión do Conselleiro de Medio Ambiente pola súa defensa do complexo e como responsábel das consecuencias que para todos e todas nós se puideran derivar da presenza de ENCE‐ELNOSA na actual localización", explica a APDR. "Convén non esquecer o recente accidente dunha planta de cloro‐sosa na localidade barcelonesa de Gualba, un accidente que se pode producir en Lourizán en calquera momento", advirten.


4,78/5 (9 votos)


Comentarios (8)

ecoe #1 15/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois o correcto será reiterar a demisión do Conselleiro e a aclaración da posición pesoe ó respeito, mesmo do presidentiño falador do "touriñés"

Xabi1 #2 16/Xuño/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Uns anos hai desembarco de políticos, especialmente en datas previas ás elecións pero este ano, nada. Vale. Os sociatas non viñeron porque pediamos a dimisión de Pachi Vázquez (por certo, eu non quero meter-me a caminata para chegar ás portas de ENCE e pedir a dimisión de Pachi, quero algo máis) e o alcalde de Pontevedra estaba recollendo un premio en Compostela. Vale.
Pero, ónde ficaba o noso Bieiro Lobeira quen, por certo, horas despois estaba a pasear en grata compaña polas rúas de Pontevedra?

cangueiro #3 16/Xuño/2008 cangueiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lembro cando saía da casa en Cangas, aló pola miña infancia e uliscaba de súpeto un extraño aroma, peor co Brumel...peor que un peido revirado no reito...

Había vento do norte e unha columna alongada que se disipaba polo horizonte chegaba coma nube aló a miña terra onde nacín...

Era Ence...era a celulosa, era pedulosa, a carallosa, a merdosa...ecétera. É xa parte da idiosincrasia do Morraço...Por iso non a sacan!!! hehe

Agora en serio. Que metan a merda esta onde lles caiba.

Gaviotero #4 16/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

hAN

Gaviotero #5 16/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Han pasado ya 3 años de gobierno progre, los mismos que iban a retirar la papelera "porque-yo-lo-valgo" y nada de nada. No han hecho absolutamente nada y ya veremos si en las próximas autonómicas la población se cree las mentiras progres de PSOE y BNG.

teixugo #6 17/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

DA-ME A MIM O CORPO QUE FEIJOOY,
VAI SER TÃO PRESIDENTE COMO RAJOOY...

os "cuñaaao"...

valky #7 17/Xuño/2008 valky
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

gaviotero... e que fixo o PP? aí están todos a chuchar da teta, meu rei.

Xabi1 #8 19/Xuño/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Iso, iso, Gaviotero, como dí Valky, qué fixo o PP cando estaba no goberno con Celulosas?.
De verdade pensas que sacar a puñetera fábrica de Celulosa de Lourizán é un ataque, non sei, á unidade de España ou algo así?
Esa medida beneficia a todo o mudno, de dereitas, de esquerdas, de centro reformista como Rajoy e a mín tamén, que son de Pontevedra.
Ven á vindeira mani e observarás que andamos desde Pontevedra até as Celulosas xentes de todas as cores e de toda condición, de diferentes ideoloxías. Porque, meu rei, se cres que Nené Muruais é de esquerdas... e que vives noutro planeta.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: