Logo de interromper máis de 20 mil retransmisións televisivas, Gabriele Paolini, podería ter que ir á cadea polas súas accións en defensa do uso do condón.
Malia non contar con ningún programa de televisión, Gabriele Paolini é xá un dos personaxes máis coñecidos no panorama audiovisual italiano. O seu costume, xa convertido en oficio, é o de aparecer nos directos televisivos, colarse no plano detrás dos presentadores e sabotear a retransmisión. As súas denuncias son variadas: publicita as súas webs, grita consignas contra Berlusconi, o Papa ou personaxes famosos e promove campañas do máis variado. Na última dirixiu os seus esforzos en promover o uso do condón, despois de que un amigo morrese a causa da SIDA. De aí o seu nome, o "Profeta Profiláctico", alcume de propia acuñación e que publicitou empregando condóns para chamar a atención nas súas últimas aparicións.
O Libro do Guiness recoñécelle a Paolini o record mundial de interrupcións televisivas, nada menos que 20.000. Apareceu no transcurso de noticias vencelladas con actos políticos, deportivos ou sociais. É xa un vello coñecido das canles italianas e aparece alí onde está prevista unha retransmisión en directo, mesmo chegou a aparecer en 6 conexións no mesmo día. Ademais, vense de comprobar que a súa aparición en pantalla fai subir vertixinosamente a audiencia, polo que se sospeita que mesmo algúns programas contactan con el e anuncianlle onde van a dispoñer as súas unidades móbiles.
Ameaza de cadea
A Corte Suprema de Italia vén de ratificar unha sentenza suspendida sobre Gabriele Paolini de tres meses de cárcere por interromper unha emisión da RAI, en xuño de 2001. O Tribunal recoñeceu así que calquera que intencionalmente se incluíse nunha emisión televisiva dende un lugar público podería estar a cometer un delito.
Esta non é a primeira vez que Paolini ten que responder ante a xustiza polas súas aparicións en televisión. Canles e xornalistas denunciarono en diferentes ocasións, mais sempre saíu absolto. Recentemente o Tribunal de Roma declarouno inocente recoñecendo o seu dereito a manifestarse públicamente. Sen embargo, finalmente, semella que o "profeta do profiláctico" terá finalmente que responder ante a xustiza polo seu particular xeito de protesta.
Estas cousas só poden pasar en Italia!!!
Para ver as chorradas que retransmiten as televisións....pois mellor ver a este tipo. Ademais todo o que manifesta paréceme bem incluídas as críticas a Berlusconi, Papa e demais familia....
Que o absolvan xa!
Home, que pouca resistencia teñen os italianos. Mandar a ese señor preso por interromper transmisións de televisión e de paso ten un premio Guinness por iso.
Non se que farían en Galiza ou Italia se tivesen que aguantar ao impresentable de Chávez que non lle basta con ter 5 canles de televisión (VTV, Vive TV, TVes, Telesur e o C.A.N) onde se pasan todo o día facendo apología deste ídolo apocalíptico e transmitindo canta estupidez, insultos ou mentiras ocórraselle dicir. Non bastándolle con iso. Obriga a pasar propagandas onde utiliza nenos (contraviniendo a lei do menor) para promocionar unha dubidosa obra de goberno. Iso sen contar algo inédito en case todos os países. A potestade de poder encadear durante horas a todos os medio de comunicación en discursos interminables de perorata proselitista onde di o que lle dá a gana sen que ninguén teña a oportunidade de contradicilo.
E isto é o que fala el. O esperpéntico é ver como políticos e miliares afíns do proceso tratan de ser os primeiros en manifestarse e xustificar o inxustificable. Aínda que isto expóñaos ao ridículo cando cambie de discurso aos poucos días.
Que lamentable é que no Castelán do mesmo xeito que o Galego existe o tempo futuro. De non ser así. Os discursos de Chávez durarían escasamente un minuto.
Xa entendo porque Juan Carlos (Italiano ao fin) non puido aguantar as impertinencias e interrupcións ás que teñen que resignarse todos os venezolanos.
10 anos de promesas e seguimos prometendo.