Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PSdeG e BNG acordan reducir o prazo

Os votos da emigración deberán contarse en tres días

Fronte aos reproches de socialistas e nacionalistas, o PPdeG votou contra a iniciativa. Os populares tampouco apoiaron que se faga presión no Congreso para acelerar a reforma electoral.

Redacción - 14:40 16/06/2008

Volta atrás na modificación que no seu momento introducira o PP e que alongaba até os oito días o espazo de reconto dos votos da emigración, permitindo que o proceso rematase até once días despois dos comicios. PSdeG e BNG acordaron reducir ese prazo de escrutinio até un máximo de tres días despois da celebración das eleccións. A reforma da lexislación electoral galega que estabelecerá ese prazo entrará en vigor antes das próximas eleccións.

"Que problema ten o PP en que o escrutinio se produza o mesmo día en que o de Galiza?", preguntoulle aos deputados do PP o voceiro do BNG, Carlos Aymerich. O nacionalista insinuou que o PP "quere ter unha bala na recámara por se volven algún día ao Goberno". No mesmo sentido, o voceiro do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, subliñou que situacións como a creada nas últimas eleccións autonómicas "non son boas" e defendeu a necesidade da modificación. Mentres, o portavoz do PP, Antonio Rodríguez Miranda, retrucou que reducindo o prazo, os seus rivais políticos "pretenden que se conten cantos menos votos mellor". "Se queren que os emigrantes non voten, dígano sen subterfuxios", reprochoulles a socialistas e nacionalistas.

Aprobado o ditame da comisión sobre a axente electoral
Tanto a redución do prazo para o reconto como a proposta para acelerar a reforma electoral necesaria a nivel estatal foron incluídos nas recomendacións do ditame. Ao fío, o BNG pediu que se votasen de xeito separado ao resto, cousa que motivou que o PP tamén solicitase a votación punto por punto das súas propias recomendacións. Malia teren expresado inicialmente a súa vontade de apoiar que fose o Parlamento quen promovese a reforma diante do goberno español, os populares votaron contra a proposta, esixindo que fose a Xunta a que tomase a iniciativa.

Por outra parte, as posicións sobre a presunta axente electoral mantivéronse invariábeis, de xeito que socialistas e nacionalistas aprobaron todas as recomendacións sen o apoio do PP. A emenda do grupo parlamentario do PPdeG pedía o cesamento do conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, e a "pública reprobación" do conselleiro de Presidencia e do secretario xeral de Emigración. De xeito paralelo, solicitábanlle ao PSdeG que Varela abandonase o seu cargo á fronte da secretaría de Organización dos socialistas e pedían a maiores a dimisión da deputada Marisol Soneira, actualmente responsábel de Emigración do partido.

Por outro lado, o BNG considera que o ditame "esclarece os feitos con un relato do acontecido que non deixa lugar a dúbidas", subliñando a existencia dun convenio da Xunta con Iberia para a disposición de billetes "de forma graciábel" e do que se beneficiou a suposta axente electoral, María Isabel Blanco. Aymerich sinalou que este convenio debera abrise a outras compañías e ao tempo fixarse un procedemento claro para que "só poida ser usado polos poderes públicos galegos", logo de comprobarse que Blanco viaxou cun billete solicitado pola deputada Marisol Soneira "cunha xustificación inatendíbel".

O voceiro do Bloque advertiu de que este caso "dista de ser unha anécdota" e dixo ver "claras irregularidades" tamén na concesión da subvención pola que se contratou a Blanco, polo que defendeu o reintegro "total ou parcial" da axuda e a apertura dun expediente sancionador "se é o caso". "Claro que houbo irregularidades; e claro que o Goberno debe actuar en consecuencia", engadiu.


3,67/5 (3 votos)


Comentarios (5)

Gaviotero #1 16/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver si esta vez el Gobierno socialista, con la connivencia del BNG, no se guarda las sacas del voto procedente del exterior en algún lugar indeterminado alejada de cualquier control, como hizo en las autonómicas. A saber cuántos votos se "perdieron" entonces...

Por otro lado...¿los votos que traigan los agentes electorales del PSOE se consideran voto por correo o los darán ya por contabilizados aquí?

Gaviotero #2 16/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Y el BNG, absolutamente manchado por el asunto de la agente electoral socialista, no tiene ninguna autoridad moral para reprocharle nada al PP en relación con el voto exterior. Así que a callar, Aymerich.

COUTOVEN #3 16/Xuño/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha boa recomendación é que se solicite o apoio desinteresado e antes de todo “competente” do organismo electoral MAIS MODERNO DO PLANETA TERRA. Se señores, Venezuela pode ofrecerlles a eficiencia e a profunda experiencia en materia electoral desenvolvida nos continuos procesos electorais deste país.

Queren un exemplo.

http://www.cne.gov.ve/divulgac...

Vexan os “resultados do referendo de principios de decembro de 2.007” Se, fai mais de 6 meses. Onde os venezolanos rexeitaron que Venezuela deixase de ser un país democrático e pluralista e pasase a ser unha ditadura "socialista". Iso si, Chávez nin se dá por decatado e segue a súa transformación ante a mirada compracente do resto dos poderes.

Aquí poden ver os resultados na embaixada de Cuba.

http://www.cne.gov.ve/divulgac...index.php?cod_estado=99&cod_municipio=20

Aquí poden ver os resultados nas embaixadas de Venezuela en España.

http://www.cne.gov.ve/divulgac...index.php?cod_estado=99&cod_municipio=26

E se queren ver os resultados en Vigo. Aquí téñenos.

http://www.cne.gov.ve/divulgac...index.php?cod_estado=99&cod_municipio=26&cod_parroquia=04

En todas hai unha resposta que demostra a eficiencia deste organismo electoral. Logo de máis de 6 días, perdón 6 semanas, perdón 6 meses. A única resposta dispoñible é:

“DISCULPE EN ESTOS MOMENTOS NO TENEMOS RESULTADOS PARA ESTE ÁMBITO”


Con razón en Venezuela séguese violando a constitución xa que este organismo só dá resultados cando son favorables aos intereses do goberno ou na súa falta, fai todo o posible para garantir a continuidade do noso comediante en xefe.

Entón, Xa saben.

Se non queren que os seus obsoletos votos en urnas de cristal garantan o futuro democrático de Galiza e España. Non dubiden en pedir a asesoría do CNE.

unhagrandechea #4 16/Xuño/2008 unhagrandechea
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Conque autirdade moral fala o carroñero este. Si as dieas que el defendo son sinónimo de corrúpción.

Queremos comunicarvos que o 21 de Xuño vindeiro ás 21 horas vai ter lugar oi I Serán Ramón Cabanillas en Cambados que vai constar de tres partes:
1º.- Actuación dos grupos de gaitas de Cambados (máis menos de 21 a 23 horas).
2º.- Actuación de Orfeón Treixadura Gaiteiros (máis menos de 23, 30 a oo,30 horas
3º.- O rematear Serán libre o pe do monumento a Ramón Cabanillas.
Non vai faltar mexilóns, empanada, polvo e albariño.
Agredecemos a divulgación, achegamos cartel anunciador.
Grazas anticipadas e un saudo.
Máis información en http://www.unhagrandechea.org....

Jatopardo #5 18/Xuño/2008 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Tres días para contar os votos? non fan falta, teño a impresión de que eses votos xa veñen contados e ben contados, só lles falta a foto.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: