Denuncian as diferenzas entre o prezo de venda en lonxa e o que paga o consumidor.
pescada
O rape págaselle ao mariñeiro a catro euros e medio; nas peixerías acada os 17 euros. O galo pasa de tres euros e medio en primeira venda aos 17 nos expositores ao público. E así unha morea de produtos do mar, que se encarecen ata un 500% dende o proceso de extracción e pesca ata o de venda. Para denunciar esta situación e concienciar aos consumidores, o sector pesqueiro de Celeiro porá en marcha esta fin de semana o Primeiro Mercado Transparente da Pesca.
Os armadores venderán pescada do petisco e do arrastre ao tempo que informarán sobre o encarecemento que experimenta o peixe dende a súa pesca. Ademais, con esta iniciativa, que xa se levou a cabo noutros portos como o de Vigo, o sector quere concienciar á opinión pública sobre os problemas que arrastra a pesca nun momento especialmente conflitivo.
Máis demandas
Entre as súas reivindicacións atópanse tamén a de evitar a importación de pesca ilegal, intensificar os controis e análise hixiénica – sanitaria nos produtos procedentes de terceiros países e promocionar o consumo do produto galego.
A lei obriga a que o peixe que se lle vende ao consumidor inclúa información coma se é procedente de pesca ou de acuicultura ou a denominación clara da especie. O sector pide tamén que se inclúa se se trata de produtos nacionais ou de importación. Asegura que estas medidas benefician aos axentes que interveñen na extracción, distribución e venda de peixe.
hoxe merquei no eroski 1.012 gramos de pescada conxeada. era de namibia, polo que supoño que é un producto de esa excelsa empresa galega que tanto odio desperta no sector pesqueiro e tanta admiración nos políticos do país, pescanova, anque estaba a granel no dispensario, únicamente recuberta por unha fina capa de plástico e non tiña maiores indicacións de marca comercial. xulgue o lector no peso que se quedará unha vez desconxeada.
non me molestaría tanto o prezo, case 10 euros ( mil seiscentas bla bla bla )si esa diñeiro repercutise nos namibios, pero cánto quedará para eles de eso?
nada, non quedará nada.
ahora sí, algunha pescadeira dirá que o séu marxe é do 12% e eu terei que creelo.