Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DE ENTREGAR MÁIS DE 19 MIL SINATURAS

Impídenlle á CIG explicar a iniciativa contra o plus de altos cargos no Parlamento

O xefe de seguridade da cámara prohibiulle a dirixentes do sindicato facer declaracións no recinto.

Redacción - 17:40 17/06/2008

A entrega de sinaturas contra o plus de altos cargos non foi tan tranquila como se agardaba. Logo de entregar máis de 19 mil sinaturas para darlle forma á Iniciativa Lexislativa Popular, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, acompañado do responsábel da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e do avogado Héctor Ruíz foron expulsados do Parlamento cando intentaban falar cos xornalistas. O xefe de seguridade da Cámara impediu que os sindicalistas fixesen ningunha declaración diante dos medios alegando que tiña ordes superiores.

Seixo cualificou de “sorprendente e alarmante” o sucedido no Hórreo. Ademais, o sindicalista considerou que o sucedido é especialmente “lamentábel ao vir precisamente dunha mesa na que teñen maioría dúas organizacións políticas de esquerda”. Dende a CIG piden que se aclare quen deu as ordes e sinalan que se se demostra que partiron da presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, pedirán a súa dimisión.

O BNG presenta un escrito de protesta
O voceiro do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, remitiulle pouco despois dos feitos un escrito de protesta á presidenta do Parlamento pola expulsión de dirixentes da CIG. Aymerich sinala que non é a primeira vez que se lle impide falar no Hórreo a membros de organizacións sociais. Lembra que o mesmo que lle sucedeu á CIG tamén lle pasou á Mesa pola Normalización Lingüística un impedimento, que, asegura Aymerich, “semella non ser de aplicación a outras asociacións ou persoas”.


4,33/5 (12 votos)


Comentarios (19)

Gueceteiro #1 17/Xuño/2008 Gueceteiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mas quem está a governar este país? Nom era a esquerda?

baltar69 #2 17/Xuño/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

os mullidos sillóns do parlamento están para as súas señorías e para os nenos que, de vez en cando en xornada festivo lúdica de portas abertas, van alí a facerse a foto e a asimilala democracia desde dentro. cómo van entrar eses perigosos sindicalistas ou eu mesmo a botar unha parrafada si aínda non fomos aleccionados do protocolo a empregar polo gran capital? cá, non sexa o demo que veña outro a sacalo zapato para por orde!

marulanda #3 17/Xuño/2008 marulanda
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que tem que aclarar a CIG é porque censura no seu web artigos de opiniom 48 horas depois de tê-lo publicado...

ecoe #4 17/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O erro do siñor Seixo é de campionato: no Parlamentiño DUAS forzas de ESQUERDA?

Soñou que soñaba soñando!

carlosroca #5 17/Xuño/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os exPC do psoe xa sabemos como as gastan, e doña Lola é un exemplo diso. Españois, de ex-querdas e moi autoritarios.

ulo #6 17/Xuño/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si Aymerich protesta, pero o BNG sigue no goberno. E siquiatria iso ten un nome, esquizofrenia.
O BNG fai cunha man, protesta na rúa con outra, e segue no goberno. Cál é o BNG de verdade, o de Aymerich, o de Quintana ou do Suso Seixo.
Porque, que eu saiba, os tres son do BNG. Porque Quintana e Aymerich non rompen con Touriño. Esa sería a maneira de expresar o reivindicado pola CIG... ou é que estan dacordo con Touriño, mais teñen que facer o paripé.

sozinho #7 17/Xuño/2008 sozinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dolores Villarino p'Andalusía!

ulo #8 17/Xuño/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para facer politica de dereitas, chegan o PSOE e o PP. O BNG ten que sair do bipartito, non pode seguir sendo complice dos Vilariños, Touriños e demáis.
De que sirve estar nun goberno que só fai politicas de dereitas????

mceleiro #9 17/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Lola é muita Lola.

http://br.youtube...

baltar69 #10 17/Xuño/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

para o bng é unha situación complicada o que propoñen algúns colaboradores en notas anteriores.
na convivencia có pesoe pode perder fuelle militante, e eso é perigoso para unha forza política que sempre fundamentou os séus alicerces na base social afiliada e o séu ser último na/s ideoloxía/s de ésta máis que na práctica do xogo político común a tódalas democracias occidentais.
pero si se retira do goberno e facilita a volta da dereita, un sector moi importante que tamén vota bng, a pesares de non estar afiliado nin participar nos fastos da quintana, entenderá a manobra como un engano, como un brindis ós militantes e como unha traizón á sociedade civil.
ahora ben, máis grave será si nos vindeiros comicios o pesoe acada representación suficiente para gobernar en solitario. eso significará que o voto non militante virou e nesa texitura tódola plana maior terá que ir facendo as maletas, non só dos cargos, se non que tamén do timón dos asamblearios ó cumplirse a profecía dos temerosos do síndrome lucense.
así quintana e a súa tropa miran o futuro con precaución e cada paso é matizado profundamente, pois están a velo pesoe mirando moito de esguello esperando que alguén apoie o pé mal e caia e ó pepé segue acochado cómodamente, tal voitre, para quedarse cos restos do festín.
por eso que, vistas as cousas, o mellor é que sigan donde están. de morrer nadie nos libra, pero non por eso vamos correr a suicidarnos.

Gaviotero #11 17/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Y qué esperaban los de la CIG con un gobierno totalitario y que se limita a aplicar el rodillo a diario?

charino #12 17/Xuño/2008 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agora os do BNG din que non querían votar o que votaron, pero soamente Encarna Otero dixo que non quería cobrar.

mceleiro #13 18/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O BNG erro trás erro. O PSOE já ninguém duvida o que são. A CIG é a verdadeira base eleitoral do BNG. Eles verão o que fazem.

unhagrandechea #14 18/Xuño/2008 unhagrandechea
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Porque carallo borraron o noso anterior comentario?

Ven o I SERAN RAMON CABANILLAS en Cambados - ACTUACIÓN DE TREIXADURA . DIA 21 DE XUÑO ÁS 21 HORAS
Máis información en
http://www.unhagrandechea.org....

Tavia #15 18/Xuño/2008 Tavia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tenho as minhas deferenzas com Suso Seixo, mas é o secretário geral do meu sindicato, eleito democraticamente. Todo o meu apoio e solidariedade. Suso é umha pessoa muito inteligente e já ele sacará as suas conclusons.

Xabi1 #16 18/Xuño/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero, home, Gaviotero, decir que este é un goberno "totalitario" é pasarse un chisco. Mira que tes por onde lles dar pero estás emperrado en meter a pata.
Resulta curioso algún comentario. Semella que a culpa do que fai e decide o BNG non é tanto responsabilidade do BNG mesmo coma do PSOE. E iso non é así.
Sería moi interesante e ilustrativo saber cántos cargos políticos do BNG asinaron a proposta da CIG e tamén saber porqué a CIG non saca á luz ese interesante dado, que o ten mais agochao.
Ao mellor até hai algunha sinatura de políticos do PSOE...
E o debate entre estar no goberno e non estar, as derivacións ou consecuencias da presencia nacionalista no goberno de Progreso, etc, son moi interesantes porque amosan algo que anda polas bases nacionalistas, algo así como: "estamos queimando o noso crédito social". Tampouco é para tanto, colegas e colegas. Gobernar é maís ou menos o que fan PSOE e BNG. Qué pasa? Pois que o BNG vai sobrado, perdoando a vida o todo Cristo crucificado e largando por boca de Kim que quere ser "hexemónico", que me leven as ánimas, hexemónico en donde.
Ao BNG non lle queda máis futurible que agardar a que o PSOE manteña os votos para estar no vindeiro goberno de Progreso e entrar nel porén perda votos e/ou deputados. Isto é ser hexemónico? Ou alguén pensa que a situación vai mudar tanto para que a casuística sexa a contraria, ou sexa, que o BNG supere en votos ao PSOE?
Mais mentres estamos no goberno, hai vida e ilusión. Podemos perder o tempo encargado estudos e informes á Real Academia Galega (por certo, Méndez podía propor ao resto de vacas sagradas a mudanza do nome do chiringo e eliminar o de "Real": ábrese a aposta: 5 euros a que non pía) para ver se somos Galiza ou Galicia e concluir despois que faremos o que nos pete, ou sexa, seguiremos chamándolle a isto Galiza: pregunta: entón para qué facemos perder o tempo aos nosos académicos de Nazón sen Estatuto, eh, para qué?
Tamén podemos candar as excavacións castrexas e de posta en valor de mámoas que estan nas curotas ou lonxe das vilas, e concentrar os orzamentos alí onde gobernamos, como en Pontevedra, para lucir orzamentos e empresas ben conetadas connosco, ou sexa, co BNG.
E, incluso, podemos dar cartos e máis cartos para crear unha industria audiovisual galega demostrando así o valor que teñen os nosos empresarios da cousa, valor demostrado para atrapar os cartos que peneira Fernando Salgado, mentres Reixa fai de "brooker" entre a administración amiga, a caixa de aforros correspondente e as súas empresas, estación de destino Madrid.
En fin.

Barcelos #17 18/Xuño/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"tontalitario" quería decir o Gavi.

moledo #18 18/Xuño/2008 moledo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lamentável este acontecimento e a atitude do "chefe de segurança" que imagino cumpriria ordens -como todos dizem. Ora bem, e a respeito do comentário de mceleiro #13, sem discordar por inteiro, lembrar que a CIG não é um sindicato de federações, das quais, já agora a federação de Ensino parece um lobby corporativista mais do que outra cousa (...a sua "luta" , finalmente conseguida, em prol dos interinos). O mesmo se passa com a federação da Administração, nomeadamente, secção São Caetano que em fim...levam as mesmas traças de gremialismo que os de Ensino quando em inúmeras ocasiões falam de "defesa do público" quando o que defendem, para além disso, são seus próprios postos, salários e condições. Tudo bem, fique claro, que para isso estão os sindicatos, mas não enredar à gente com palavras-de-ordem que dizem respeito a todos e todas e que afinal tratam apenas das próprias condições laborais e salariais e não, como frequentemente dizem os de Ensino e Administração, dos interesses colectivos, etc...eu diferenciaria essas duas federações de outras, realmente empenhadas com os interesses populares e de classe, como são a de Construção e Metal.

Ora, claro é que muitas das "bases" do BNG formam parte desse funcionariado que pode declarar-se à esquerda de Lenin enquanto não lhe toquem os seus dias próprios e "concursos" de traslados...

moledo #19 18/Xuño/2008 moledo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

..oops. Desculpas, em #18 queria dizer que a CIG não é um sindicato "unitário" mas um sindicato estruturado a través de diferentes federações...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: