Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un total de 45 mil deica 2017

O Goberno promoverá en catro anos máis de 30 mil vivendas protexidas

Táboas e Quintana presentaron esta cuarta feira o Plan Sectorial de Solo Residencial, que prevé xerar ademais 5.200 millóns de euros e 300 mil empregos.

Redacción - 19:15 18/06/2008

En Galiza construíranse un total de 45 mil vivendas protexidas até 2017, as dúas terceiras partes (30.500) nos vindeiros catro anos, segundo o Plan Sectorial de Solo Residencial, presentado esta cuarta feira en Compostela pola conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, e mais polo vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana.

Ademais, a súa posta en práctica suporá a creación de 300 mil postos de traballo e a xeración dun volume de negocio de 5.200 millóns de euros. O proxecto, que esta previsto que o Consello da Xunta aprobe no primeiro trimestre de 2009, ten entre os seus obxectivos "atender ás necesidades actuais e urxentes" do país neste eido.

O Goberno vai reservar 8,7 millóns de metros cadrados para a construción das 45 mil novas vivendas, algo que segundo Quintana "non é unha medida illada", senón que se complementa co Plan de medidas urxentes de vivenda e solo, coas Normas do Hábitat e "cun esforzo importante en materia de aluguer".

Facilitar o acceso aos sectores máis débiles

O estudo previo a este plan, explicou Táboas, evidencia un boom do ladrillo, orixinado pola compra de segundas vivendas, que impulsou o prezo dos inmóbeis e, paralelamente, repercutiu no custo da primeira casa, "dificultando" o acceso a esta dos sectores máis febles.

As planificacións municipais non foron quen de contrarrestar este incremento especulativo, recolle o estudo: "só 22 concellos dos 315" adaptaron o seu plan á Lei do Solo de 2002, que estabelece unha reserva do 20% de vivenda protexida.

Entre os criterios para a selección do solo están o prezo do chan, os procesos de renovación urbana, a accesibilidade e a mobilidade, así como o de integración na trama urbana, é dicir, "non deixar illadas estas vivendas dos núcleos urbanos", recalcou Teresa Táboas.


4/5 (4 votos)

Comentarios (5)

Atlantico #1 18/Xuño/2008 Atlantico

Ogallá, se pensamos que hai un exceso de pisos baleiros importante no noso pais, e ainda contruimos máis, o resultado pode ser o prezo da vivenda moito máis barato e algún especulador arruinado.

Boa iniciativa.

Gaviotero #2 18/Xuño/2008 Gaviotero

Vaya, cuatro años en el poder con sobresueldos incluidos, y ahora, justo cuando apenas quedan unos meses para las elecciones, nos dicen que van a promover tropecientas mil viviendas protegidas.

Aún habrá alguno que se lo creerá...

UnDeTantos #3 18/Xuño/2008 UnDeTantos

Olá trol,tes medo de botar otros 4 anos na oposición? non vos queda nada,caciques :) Bicos teira

fillotolo #4 19/Xuño/2008 fillotolo

Gaviotero creo que dentro de pouco, como boa gaivota, terás que facer a migración, espero que sexa lonxe.... Por certo, as gaivotas son as ratas do aire

botanico #5 19/Xuño/2008 botanico

Seria mais barato e precisso que os milheiros de vivendas baleiras (em compostela mais de 8000 segundo o INE) se alugassem, antes de assumirmos os custos económicos e ambientais (perda de solo fértil e aumento dos núcleos urbanos) que supóm promover a nova construçom.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: