Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Comunicado

"A Galiza en galego só ten un nome e unha forma escrita: Galiza"

O Conselho da AGAL fixo públicos os ditames das comisións lingüística e xurídica da institución sobre o nome do noso país.

Redacción - 11:40 19/06/2008

"Neste momento en que certo filibusterismo mediático xoga á confusión", o Conselho da Associaçom Galega da Língua (AGAL) acaba de facer públicos os ditames das comisións lingüística e xurídica da institución sobre o nome do noso país.

A resolución, que pode ser consultada integramente na web de AGAL, determina -como xa o fixo "de forma inequívoca" con anterioridade- que "o único nome xenuinamente galego para o noso país é Galiza".

Os argumentos dados pola institución baséanse en textos históricos e actuais dende un aspecto filolóxico e legal. Logo dunha minuciosa análise documentada, e tendo en conta a primeira das conclusións, consideran que tamén Galiza é o termo xuridicamente válido, de conformidade coa Lei de Normalización Lingüística, que estabelece o uso da toponimia galega en galego.


4.33/5 (33 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: