Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DEREITOS DE AUTOR

O novo canon dixital gravará os móbiles con 1,10 euros

No entanto, as cifras publicadas no BOE deste xoves supoñen un descenso de 40 céntimos fronte ao borrador.

Redacción - 14:40 19/06/2008
O iPhone terá que pagar canon

O iPhone terá que pagar canon

O goberno español acaba de aprobar o novo canon dixital, que grava a compra de determinados produtos tecnolóxicos para compensar as entidades xestoras de dereitos de autor fronte ao dereito á copia privada. Como se publica na edición deste xoves no Boletín Oficial do Estado (BOE), ao final, produciuse unha lixeira rebaixa nas taxas que pagarán os teléfonos móbiles con respecto ao que indicaba o borrador.

Os CD terán un canon de 17 céntimos de euro, mentres que o dos DVD será de 44. Os reprodutores de MP3 estarán gravados con 3,15 euros, mentres que os móbiles e PDA que reproduzan arquivos de audio pagarán 1,10 euros, cando nun principio estaba previsto que tivesen un canon de 1,50.

A Orde Ministerial non terá efecto retroactivo, e entra en vigor o 20 de xuño. Ademais, haberá un período de cómputo dun ano para recalcular as taxas segundo a recadación total, que deberá ser non inferior a 110,2 millóns de euros nin superior a 117,8.

O canon dixital é pagado polos fabricantes, non polos consumidores, aínda que é de supoñer que repercutirá no prezo de venda ao público.


Ligazóns

3,67/5 (3 votos)

Comentarios (2)

Barcelos #1 19/Xuño/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ramoncín & company ladróns.

E por que non lle pagamos un canon tamén aos autobuses, aos taxistas e ás liñas aéreas?

Pois eu ao falar por teléfono estoume aforrando unha viaxe para falar con esa persoa.

A quen fode máis o intercambio de música?
Aos que gravaron o disco ou aos intermediarios que o venden?
Estes últimos non cobran dese canon?

Queredes música gratis? Quintas-Canella regálavos a súa.

http://www.ghastaspista.com/hi...

simplementeego #2 19/Xuño/2008 simplementeego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

calquera día irán aos meus ensaios de gaita e pediranme cartos por tocar algunha muiñeira tradicional desas que algún espabilado modifica un pouco e logo quere que lle paguen.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: