Para o alcalde de Vigo, que se chegue a asinar un convenio entre os acredores do clube é unha "cuestión de supervivencia" para os celestes.
Nunha entrevista concedida ao xornal Faro de Vigo, o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, asegurou que se non hai convenio entre os acredores do RC Celta, o clube vai desaparecer.
Caballero (PSdeG) asegurou que as súas verbas querían servir de advertencia, para que todo o mundo saiba da cidade "da gravidade do momento que atravesa o clube". Por outro lado tamén salientou que o Concello e a cidade queren un equipo de Primeira "e estamos en posición de que o Celta trate de ascender", por iso, dixo, "é bo que se asine un convenio que contribúa a salvar o clube".
Mais aínda queda, para que se saiba algo de como se vai resolver esta crise, que Caixanova, o principal acredor do clube, e o Celta asinen un acordo. A partir de aí o Concello de Vigo (tamén acredor da entidade) entraría "na cuestión", segundo dixo o seu alcalde.
Que fai falta para salvar o Celta?
As condicións para que o clube se poida acoller á Lei Concursal (semellante á antiga suspensión de pagos) son, en primeiro lugar, elaborar un plan de viabilidade; despois asinar un convenio cos acredores; e terceiro, a aportacións do consello de administración, isto é, unha ampliación de capital.
Esta última esixencia hase cumprir, segundo asegurou o presidente do Celta, Carlos Mouriño, que cifrou a ampliación en 15 millóns de euros.
Otro favor más que le quiere hacer Abel Caballero a sus jefes coruñeses...en fin, este pobre hombre (no económicamente, que bien que va al Soriano cada dos por tres) lo mejor que podía hacer es callarse, que ni los de su propio partido lo pueden ver.
DA-ME A MIM O CORPO QUE FEIJOOY,
VAI SER TÃO PRESIDENTE COMO RAJOOY...
'Uñaa00!!
Téñenllo ben merecido por venderse ao Alavés e prexudicar ao seu irmán galego o Racing de Ferrol
O fútbol espectáculo é un burato negro comecartos no que non sobrevive ninguén. Que o pague que queira pero que non custe nada para o resto.
Se o PSOE quere salvae ao Celta que o faga cos seus cartos.