Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sufraxio exterior

Non reformar o voto emigrante antes das galegas: unha "fraude antidemocrática", di Anxo Quintana

O vicepresidente do Goberno reclamoulle ao xefe do Executivo español "vontade política" para que se realice antes das eleccións ao Parlamento.

Redacción - 17:20 20/06/2008

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, reclamoulle este venres "vontade política" ao presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, para reformar a Lei Electoral para que os residentes ausentes poidan votar en urna xa nas vindeiras eleccións ao Parlamento. Do contrario, entende Quintana, sería unha "fraude antidemocrática".

"Hai tempo, capacidade política e ámbito regulamentario" para poder facer esta modificación puntual da lei electoral antes dos comicios, considera o tamén portavoz nacional do BNG. No entanto, como xa manifestou esta quinta feira a formación, a "única vía posíbel" pasa por que o Executivo español presente unha proposición de lei no Congreso.

"De non o facer estariamos a asistir a un escándalo antidemocrático que non pode continuar nin un día máis", sentenciou a preguntas dos xornalistas tras a reunión preparatoria cos grupos parlamentarios da Comisión Mixta Estado-Xunta, e apelou a que o goberno español presente a proposición de lei "mañá mesmo" se "de verdade" ten intención de abordar a reforma.
"Así de sinxelo", resolveu, e engadiu que non existe "razón obxectiva nin política" para non reverter esta situación, que acusou de "auténtica vergoña" e de "desastre". Ademais, incidiu en que a proposta lexislativa na Cámara española debe recoller o texto pactado polos grupos na galega, e reivindicou a necesidade de que estes digan "en Madrid o mesmo que din en Galiza".


4,78/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: