Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ocupará a carteira de Vivenda

O galego Farruco Sesto, substituído como ministro de Cultura de Venezuela

O seu sucesor, Héctor Soto Castellanos, salientou a "política de inclusión e desconcentración da actividade cultural" levada a cabo estes anos.

Redacción - 18:25 20/06/2008

O ministro entrante salientou que coa xestión de Farruco Sesto, que vai ocupar a carteira de Vivenda, se logrou a presenza das políticas e accións culturais en todo o territorio nacional "cunha política de inclusión e desconcentración da actividade cultural". Durante a súa actividade na equipa de Sesto enfocou esforzos na participación comunitaria dentro da xestión cultural.


3,67/5 (6 votos)


Comentarios (7)

Gaviotero #1 20/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En Venezuela roban todos...lo importante es que Chávez deje de ser presidente de Venezuela cuanto antes y como sea.

teixugo #2 20/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

DA-ME A MIM O CORPO QUE FEIJOOY,
VAI SER TÃO PRESIDENTE COMO RAJOOY...

'Uñaa00!!

COUTOVEN #3 21/Xuño/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bo, eu estou contento por esta designación. Non só pola honorable condición de Galego do bo Farruco. Senón, que a diferenza de moitos dos ministros que afai pór e sacar a Chávez a cada intre.

Este Vigués é un experto arquitecto. É dicir, sabe de proxectos arquitectónicos, construción en xeral e ata é docente universitario na materia. Algo moi distinto a outros ministros como o de sanidade (militar de carreira) que moi ben se lle puidese aplicar o alcume de “matasanos”. Dado ao seu deficiente e ineficaz desempeño. Isto sen deixar de sinalar que o substituto de Farruco no ministerio da cultura é un veterinario. Polo menos espero que se saiba a famosa canción de Simón Díaz sobre “La Vaca Mariposa”.

Farruco naceu en Vigo en 1943, en 1962 (cuarta república) emigro a Venezuela, onde estudo a carreira de Arquitectura na Universidade Central de Venezuela. Se señores, a mesma Universidade Central de Venezuela de onde egresaron moitos dirixentes de leste e outros gobernos. Sorprendentemente, o propio réxime chavista persegue e atropela na actualidade aos estudantes e docentes que non comparten a súa forma de goberno e onde o Chavismo non gaña unha triste elección. Utiliza os poderes públicos para evitar a expresión democrática dentro da mesma e fomenta a violencia nas súas instalacións. É máis, intentan asfixiala ao recortar o seu orzamento do mesmo xeito que ao resto das universidades públicas do país.

Como produto do rexeitamento da comunidade universitaria á política criminal de Chávez. O goberno deuse á tarefa de crear “universidades” de maletín para granjearse un falso apoio universitario.

Isto demostra unha cousa. Aínda que na Venezuela da cuarta república con todos os seus defectos hoxe opacados polos vicios desta quinta, foi unha terra de oportunidade tanto para Farruco como para a segunda comunidade Galega en hispano América. Queda claro, que esa matriz de opinión que pretende mostrar unha Venezuela clasista onde se discrimina ás persoas. Foi creada polo Chavismo como elemento de división coa única finalidade de escudar a súa corrupción e ineficiencia e para garantir a súa permanencia no poder.

A Venezuela de hoxe non é a Venezuela que permitiu a Farruco e a moitos dos emigrantes acceder ao traballo e a educación. Ao cal non tiñan na España do franquismo onde a intolerancia política, racial e relixiosa xogaba un papel importante á hora de brindarlles un futuro digno ás persoas. Todo isto motivo a moitos Galegos a escoller como destino a este fermoso país. Pola contra, na Venezuela de hoxe neganche un traballo público, un pasaporte ou unha pensión de ancianidad no I.V.S.S. polo só feito de aparecer na LISTA TASCON. Ordenada por Chávez e utilizada para perseguir á disidencia.

De tal xeito, que se a Farruco déixanlle facer un bo traballo polo menos retribuiría en parte o que Venezuela deu de forma desinteresada á segunda comunidade Galega en Iberoamérica.

nelbrandam #4 21/Xuño/2008 nelbrandam
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este titulo da noticia non é correcto xa que da a enternder o que non é, FARRUCO FOI NOMEADO MINISTRO DE VIVENDA, polo que obviamente deixou o ministerio de cultura.

nelbrandam #5 21/Xuño/2008 nelbrandam
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O ministerio de vivenda non é doado de xestionar, en seis meses pasaron 4 ministros. O presidente tivo que recurrir a Farruco, pareceme a min que esto dalle un enfoque distinto a noticia.
Por certo Farruco ten un libriño de poemas en galego titulado:
UPGPOEMAS, e outro "Da fouce e da estrela". En Memoría completa de Heriberto Bens, Ferrín calificaoi como un dos millores poetas galegos.

Albert #6 21/Xuño/2008 Albert
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sorte pra Farruco, por moito que os gavis anden clamando por un golpe de estado como por Deus. Veña, Galeano explícavolo http://es.youtube.com/watch?v=... A partir do minuto 6. (Yo no quiero que Chávez se vaya, porque no quiero volver a ser invisible)

E Chávez está a usar o petróleo do mellor xeito posible, para intentar presionar para que os tecnofascistas da UE cumpran os dereitos humanso, Ogallá teña éxito.

nelbrandam #7 24/Xuño/2008 nelbrandam
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Chávez, Evo e Correa contra a "directiva eurpea da vergoña".
En forma clara e contundente. E usando todos os medios ao seu alcance para enfrentar a exclusión.
Todos e todas os que estamos contra a "directiva europea da vergoña" con Chávez, con Evo e con Correa.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: