Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
O trasno

Europa antipática

Europa agora é antipática. Disque inflúe o fenómeno chinés, e aquela fatal profecía que anunciaba que cando todos os chineses usasen papel hixiénico desaparecería a selva amazónica. E tamén a entrada dos irmáns do leste de Europa, os europeos non privilexiados, afeitos a currar coma galegos e gañar coma turcos.

Interesante reflexión de Daniel López Muñoz sobre o xiro que Europa está dando.

Daniel López Muñoz - 20:02 20/06/2008
Tags: Europa

Despois pretenden que o soño europeo non esvaeza entre a xente. Queren aplausos e votos entusiastas. Pero o soño, para a xente, ten traza de pesadelo.

Efectivamente houbo un tempo no que o horizonte europeo tiña un aquel de ambigüidade, de cal e de area. Si, era ben certo que Europa nos foi deturpando a sociedade rural, disfrazada de ecoloxista, condenándonos ao ananismo agrario mentres subvencionaba proxectos absurdos de “revitalización da nada”. Pero tamén representaba outras cousas, como a posibilidade de levantar as fronteiras cos veciños de alén do Miño e, desde logo, parecía que marcaba unha ruta firme na cousa social, na humanización da vida para as clases traballadoras, na multiculturalidade nunha sociedade inclusiva, na carta social europea e outras andrómenas.

Europa agora é antipática. Disque inflúe o fenómeno chinés, e aquela fatal profecía que anunciaba que cando todos os chineses usasen papel hixiénico desaparecería a selva amazónica. E tamén a entrada dos irmáns do leste de Europa, os europeos non privilexiados, afeitos a currar coma galegos e gañar coma turcos.

O que vén de Europa agora non son mínimos sociais aos que a nosa lexislación laboral debe adaptarse en beneficio da clase traballadora. Non. O que agora aparece nas directivas son máximos de explotación e abuso que non se deben rebordar nas lexislacións dos países. Ou máximos de inhumanidade para cos inmigrantes, para que non os gaseemos, sen máis, que de todo hai agora nos gabinetes “liberais”.

 O da xornada máxima de sesenta e cinco horas é un torpedo na liña de flotación das conquistas obreiras. Simboliza a súa morte anunciada. É brutal tan só admitir a posibilidade de semellante horario. Iso si, despois abrirán unha liña millonaria de crédito para “conciliar” a vida laboral e familiar e que os escravos e escravas poidan ter descendencia.

Ou non, porque a reprodución de escravos garántese a través da inmigración. E hai que vender, ademais, o acceso á escravitude como un enorme privilexio. Por iso danse trece voltas de rosca á inmigración. Quizais o truco é que terán dúas alternativas: ou aceptar xornadas de sesenta e cinco horas e seren escravos legais, ou, se son ilegais.... Amigo, daquela van listos: podémolos recluír en cadeas ata dezaoito meses, sen estaren acusados de ningún delito, para expulsalos despois, mesmo se son menores. Iso si, Europa dótase dun fondo de 676 millóns de euros para financiar as expulsións. Os eurodeputados galegos do PSOE e do PP votaron a favor da falcatruada. Os grupos solidarios protestan. Pero as compañías aéreas están de acordo, que é o importante.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: