Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LIBERDADE DE INFORMACIÓN

Alemaña manda á cadea a un xornalista da Rede Voltaire

Unha das súas investigacións culpaba á CIA no asasinato do Primeiro Ministro libanés Rafic Hariri e da falsificación de probas para involucrar a Siria.

Redacción - 18:03 21/06/2008
Jurgen Cain Kulbel

Jurgen Cain Kulbel

Jürgen Cain Külbel, ex investigador da policía, e dende hai un tempo xornalista colaborador da Rede Voltaire, vén de ser encarcerado en Alemaña, acusado de non acatar a decisión dun tribunal ao manter activo un vínculo da súa web que conduce a un artígo publicado en Voltairenet.org. O texto prohibido foi publicado o pasado verán e aínda se pode ler na páxina da rede Voltaire. Trátase dunha entrevista na que relata algúns aspectos da súa investigación, que involucran á CIA no asasinato de Hariri e na falsificación de probas para incriminar o goberno Sirio.

Jurguen Cain Kulbel realizou unha investigación xornalística independente sobre o asasinato do ex primer ministro libanés Rafik Hariri. Thierry Meyssan demostrara que unha asociación de opositores libaneses no exilio, o U.S. Committee for a Free Lebanon (USCFL), sabía do crime de antemán lanzara inmediatamente unha campaña de propaganda tendente a desviar as sospeitas cara a Siria. A USCFL está destinada pola CIA á formación dun goberno títere no Líbano no caso de intervención militar estadounidense. Kulbel demostrou que o xefe da misión da ONU encargada de investigar o caso traballara para a CIA, e mesmo estaba involucrado en varios secuestros practicados en Europa nos últimos anos, entre eles os de varias testemuñas do caso Hariri.


5/5 (8 votos)


Comentarios (8)

Albert #1 21/Xuño/2008 Albert
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

de la policía?

Respecto á detención, pois que dicir, vergoña absoluta. Texto prohibido, ó cárcere por manter unha ligazón ó texto... vergoñento. Se pasara en Cuba isto saía en tódolos sitios habidos e por haber.

o-moinante #2 21/Xuño/2008 o-moinante
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que se pode aguardar dos governos do Protectorado Norteaméricano que é a Uniom Europeia.

maraghota #3 21/Xuño/2008 maraghota
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O artigo em questom é http://www.voltairenet.org/art...

maraghota #4 21/Xuño/2008 maraghota
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O artigo em questom é http://www.voltairenet.org/art...

amoscaesquerdosa #5 22/Xuño/2008 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os ataques contra as liberdades, contra os dereitos democráticos, contra os traballadores (especialmente contra os máis desprotexidos dentre eles: os sen papeis) medran día a día.
Temos que darlle resposta.
Non podemos quedar parados esperando...
amoscaesquerdosa.blogspot.com

Tino #6 23/Xuño/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Europa das liberdades cada dia con mais forza: e a UE cada dia gasta mais en propaganda, cando todos os datos lle sacan a razón.
Abenzoada Irlanda!

baltar69 #7 23/Xuño/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

si rafik hariri foi liquidado por siria ( ou cá colaboración ou deixazón de ésta )terei que dar creto a aqueles que dín que, detrás da séu pretendido enfrentamento, o goberno de damasco é tamén un peón dos usa.
qué contrapartida espera siria? o golán? a promesa de non ser atacado nin socavado o séu réxime nese futuro donde a nova configuración rexional pivota polos intereses das potencias occidentais das que o estado hebreo será cancerbero?
pode ser.
morto o ex-primeiro ministro, as probas que conducían á pista siria caeron unha sobre outra nas sobremesas dos teleespectadores ( a pesares de que o goberno do oftalmólogo el-assad sempre negou, o responsable sinalado pola cia, o coronel kanaan, acabou morto, dís que "suicidado" ) e francia, usa e israel maniobraron para que as tropas sirias abandonasen o estado libanés adonde, non o olvidemos, foran chamadas para resolver os problemas de seguridade que presentaba éste.
unha vez fóra esas tropas, non resultaría difícil para israel voltar a collelo control sobre o chan, pero non contaban co asentamento social e ca capacidade militar e loxística de hizbullah.
quén sabe?
a quén beneficia?
a siria, que se desentende dun problema recurrente e xoga a recuperar diplomáticamente o chan cedido a israel nas guerras dos seis días e do yon kipur?
bueno.
pero a quen beneficia realmente é os estrategas occidentais. na nova configuración da zona, tódolos actores son necesarios e, no fondo, tanto a ue como usa, desconfían de israel como único estado pechacancelas; os xudeos conforman xa unha potencia demasiado ostensible de por sí e tanto a ue como a usa failles falla un contrapoder, alguén no que confiar e manexar.
o tempo dirá.

COUTOVEN #8 24/Xuño/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vexo moi mal que calquera persoa sexa perseguida por dicir algo. Moito máis no caso dos xornalistas que investigan cousas escabrosas de todos os gobernos.

Iso si, cando lin este articulo e a relación do xornalista coa RED VOLTAIRE. Fun á páxina e atópome coa sorpresa e que este medio é unha cara da mesma moeda. Se, simplemente do mesmo xeito que hai medios e xornalistas que están comprometidos cos intereses do imperio. Tamén hai medios e xornalista que aseguran que son independentes. Pero que realmente responden a intereses.

Resulta que vendo inxusto que a un xornalista reprímaselle por investigar e demostrar algo grave. Me acorde do caso Anderson en Venezuela. Fiscal do Ministerio Publico asasinado e que a investigación da prensa non gobernamental demostrou que a testemuña estrela da fiscalía era unha farsa e que grazas ao seu testemuño foron condenadas persoas, detidas outras e xornalistas tiveron que escapar do país. Hoxe está demostrado que o testemuño foi falso, que o Xuíz instrutor e os fiscais forxaron o expediente. E que o antigo Fiscal Xeral da República e primeiro Vicepresidente de Chávez ten importante responsabilidade.

E que dixo a rede Voltaire respecto diso. Nada. Por suposto eu supuxen que este caso non tiña a transcendencia suficiente e que este medio posiblemente nin se enteiro do mesmo.

Pero sorpresa, atópome que nese medio ( Red Voltaire) son frecuentes a colaboracións del filosofo, observador internacional de eleccións e asesor de IU. Juan Carlos MONEDERO. Este cidadán asiduo visitante de Venezuela. Quen é presentado nos medios gobernamentais. VTV. Tele Sur, etc. como un iluminado, que o que di vai a misa e encargado de explicar en España que a lei de telecomunicacións de Venezuela só consta dun artigo, co cal regúlase o otorgamiento e sesión de concesións radioeléctricas no noso país. Especialista en análise cinematográfica da película o “Rei León”. Isto sen contar o seu dotes de xuíz onde se atreve a acusar de golpista a canta persoa discrepe dos seus puntos de vista descoñecendo sentenzas do tribunal supremo de Venezuela. E del caso Anderson persoas e xornalistas inxustamente condenadas e detidas non din nada de nada.

De tal xeito logo desta revelación termino por pesar que iso de medios independentes, alternativos é unha utopía. Que o mercantilismo e o afán de poder distan de ter cor e ideoloxía política. E que lamentablemente sempre hai un MONEDERO disposto a recibir financiamiento non importando se o mesmo provén da man esquerda ou dereita.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: