A selección galega de triatlón escolar gañou o Estatal esta fin de semana. Gómez Noya, Raña, Hidalgo, Valiño, Cuba... xa teñen relevo.
A selección galega proclamouse campioa, dobre, do Estatal de Triatlón Escolar que se desenvolveu este domingo en Gran Canaria. Na categoría masculina a superioridade de Galiza quedou demostrada de xeito contundente. Na feminina, as galegas tiveron que loitar forte contra Cataluña, pero ao final superárona.
A selección galega masculina, composta polos irmáns Óscar e Iván Castro, Francisco González e Roberto Barral, non tivo rival. A irmandiña do triatlón escolar superou en máis de catro minutos á segunda clasificada, a selección valenciana. Terceira foi Cataluña.
As mozas sufriron un bocado máis
A selección feminina, composta por Melina Alonso, Andrea Vázques, Samia Zahidi e Marta Varela impúxose finalmente, despois dunha dura pugna, á selección catalá, roubándolle 32 segundos. Estremadura foi terceira.
A competición disputouse na modalidade de relevos, e na categoría cadete. Cada un dos triatletas tiña que nadar 300 metros, pedalear 8 quilómetros e correr 1.000 metros máis para completar a proba.
Agora que venha o de sempre a falar da selección espanhola.
Noraboa aos rapaces! a ver se en 15-20 anos algún nos da unha medalla de ouro..!
Parabens!
O poder da Galiza no triatlo também ficou bem reflictido o sábado em Ponte Vedra, no 2º triatlo do Campionato Galego, onde venceu Anton Ruanova, seguido de Alberto Trillo. Por equipas vencerom o Triatlo Bricosa em homens e o Atletismo Porrinho em mulheres.
Oficialidade para a Galiza nas competiçons internacionais!!!
Por supusto que aquí hai canteira, e haina en todos os deportes, mais...
¿Qué fan os dirixentes dos nosos principais clubes, Celta e Deportivo? Despreciar a canteira ata o límite, e dende hai moitos anos. Concretamente o Celta agora, cando está na beira da ruina, utiliza algo a canteira, timidamente, mais só por necesidade, porque non hai máis remedio. Aínda así, deixaron marchar o dianteiro centro do Celta B, Maric, máximo goleador.
¿Por que será que buscan xogadores sempre de lonxe, e canto máis lonxe mellor? É a politica do talonario. Todo o contrario que outros equipos, incluíndo grandes, que, incriblemente, usan máis a súa propia canteira que os clubes galegos. Incluso veñen a Galiza para levaren xogadores xuvenís de aquí, mentres os dirixentes de clubes como o Celta non se dan por enteirados. Es iso dende tempo inmemorial.