Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Política internacional logo de Bush

EUA retírase do Consello de Dereitos Humanos da ONU: E agora que?

Aínda que críticos, Obama avoga por traballar "dende dentro", mentres que McCain apoia a decisión e defende a creación dunha Liga das Democracias.

F.A. - 12:40 23/06/2008
O Consello de Dereitos Humanos da ONU reúnese en Xenebra

O Consello de Dereitos Humanos da ONU reúnese en Xenebra

Estados Unidos anunciou hai varios días a súa intención de abandonar definitivamente o Consello de Dereitos Humanos da ONU, onde ten status de observador (con dereito a falar, mais non a votar) e que criticou en numerosas ocasións polo seu cariz "anti-israelí".

O Consello, composto por 47 membros (entre outros, Alemaña, Arabia Saudí, Arxentina, Cuba, Canadá, Francia ou Ghana), creouse hai dous anos en substitución da Comisión de Dereitos Humanos, unha vez que esta caeu nun profundo descrédito pola súa ineficacia e excesiva politización.

EUA formaba parte daquela Comisión como membro de pleno dereito. Co estabelecemento do novo organismo, o país norteamericano perdeu o seu status. Agoiroulle pouco éxito dende un principio e, de feito, votou en contra da súa creación na Asemblea Xeral da ONU, alegando que a súa estrutura era defectuosa.

"O mellor xeito de influír é desde dentro"

Os grupos de dereitos humanos criticaron a decisión estadounidense (non anunciada oficialmente, e que se produce pouco despois dun ditame contrario ao tratamento de EUA ás crianzas en Iraq e Guantánamo) de desvincularse por completo do organismo, e describírona como unha "traizón" a quen loitan polos seus dereitos fundamentais.

"Necesitamos gobernos que se comprometan a facer deste un órgano efectivo, e o que non podemos ter é gobernos selectivos no seu enfoque dos dereitos humanos", sinalaron dende Human Rights Watch. "Na nosa opinión, se vostede non está satisfeito co desempeño do Consello de Dereitos Humanos, entón o mellor xeito de influír é desde dentro", dixo Rupert Colville, portavoz do organismo.

Neste senso semella ir enfocada a estratexia do candidato do Partido Demócrata á Presidencia de Estados Unidos. Barack Obama é partidario da permanencia do seu país no Consello, aínda que cuestiona o seu funcionamento: "Aprobou oito resolucións condenando a Israel, unha democracia con máis altos niveis en dereitos humanos ca os seus acusadores, e no entanto adoptou con moito esforzo resolucións para contraria a Sudán e Birmania".

Liga das Democracias

Pola súa banda, o seu rival do Partido Repúblicano, John McCain, votou en 2007 a prol de retirar os fondos que EUA entregaba ao Consello de Dereitos Humanos. Segundo este, o organismo da ONU "padece o mesmo tipo de problemas" que a Comisión antecesora.

McCain pon en dúbida o propio papel da ONU, e propón-promete a creación dunha Liga das Democracias no seu primeiro ano de mandato, onde evidentemente non terían cabida os países críticos coa posición do goberno estadounidense en política internacional nin en materia de dereitos humanos.


Ligazóns

3,4/5 (5 votos)


Comentarios (5)

ecoe #1 23/Xuño/2008 ecoe

Como non pode manipular este organismo recén creado -como facía na Comisión de Xenevra- agora retírase, porque xa saíu "queimado" en varias ocasións neste apenas recentemente creado organismo internacional, de esta vez non polas ONU dos 50 asenón pola Asemblea Xeneral das Nacións Unidas, onde a sua candidatura non tivo apoio ningún (por eso estaba como observador).

Obviamente o que lles convén é unha Liga Imperialista das "Democracias", onde podan defender as suas falcatruadas sin a presencia da maioría dos países do terceiro Mundo, que foron quenes lles viraron as costas.
A tal liga xa a teñen para cando o desexan: o Consello de Seguridade da ONU. E bó proveito lle tiran (Iraque, Afeganistán, haití, Líbano...!

Tino #2 24/Xuño/2008 Tino

É q ainda estaban nese consello? Para facer que? Bloqueos e compra de apoios para os seus mangoneos, q é o q fixeron sempre.

amoscaesquerdosa #3 24/Xuño/2008 amoscaesquerdosa

No seu dia os paises capitalistas utilizaron "os dereitos humanos" para atacar (neste caso, con razón)aos paises do "socialismo real" (que non eran tal, pero ese é outro conto)
Agora, estórbanlle, sexa en Europa ou en USA.
UNha vez máis demostran a súa hipocrisía e lembrannos abertamente unha verdade que moitas veces queremos obviar:
TODO NO CAPITALISMO ESTÁ SUBORDINADO Á LEI DO BENEFICIO.
E algún día teremos que elixir... amoscaesquerdosa.blogspot.com.

ecoe #4 24/Xuño/2008 ecoe

Si a referencia é na posguerra, pois non miro que poideran ter NIN ATISBOS algún de razón: estaban namentres programando a conquista de Oriente e América, con Suharto en Indonesia (UN MILLÓN DE ASASINATOS), Guatemala (2 ou 3 CENTOS MIL); Viet Nam (poñan vostedes os númaros), Cambodia e Laos, Timor Leste, Cono Sulamericano, Chile, Congo, Sul de África, Angola, Moçambique,...

SÓ ERA UNHA ESCUSA, mentres tiñan os medios de comunicación ABAFADOS E CONTROLADOS, e ás poblacións centrais distraídas cos demos vermellos! Mentres o IMPERIO CABALGABA SOBRE TODO O MUNDO, LONXE DAS METRÓPOLES.

No que fai ó outro bloque, a pesares dos pesares, salvando -e hai xa estudos máis serios da desfeita estaliniana- os asasinatos foron INCOMPARABLEMENTE MENORES, e elo requeriría un tratamento aparte do que se está a tratar aquí.

Dogma #5 26/Xuño/2008 Dogma

¿que creiades? son os loitadores da freedon, da sua propia freedom, non dos dereitos humans.
BUSH ao igual que Asnar deberian acabar cos seus osos nun carcere checheno.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: