Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Volve a polémica

O PP esixe que se retire da "Mostra das Culturas" de Boiro a Banda Bassoti por "apoloxía do terrorismo"

O grupo de ska italiano, que actuará o 5 de xullo, leva tras de si a polémica logo de que a AVT o acusase de defender a ETA.

Redacción - 18:00 23/06/2008

Volve a Banda Bassotti a actuar en Galiza e a polémica rexorde. Como hai case un ano sucedera en Ferrol, o guión semella agora repetirse nun novo escenario: o de Boiro. Este concello costeiro acollerá na fin de semana do 4 ao 6 de xullo a súa Mostra das Culturas, un festival que chega á súa quinta edición e que ten por obxecto converterse por uns días nun reflexo da multiculturalidade da sociedade actual. Segundo reza a súa web, "apostan polo respecto, a convivencia e a solidariedade das distintas culturas e as súas manifestacións en calquera campo da cultura".

Doutro xeito, sen embargo, o entenden dende o Partido Popular de Boiro. Os populares piden ao concello a retirada da Banda Bassoti do cartel, por considerar que fai apoloxía do terrorismo nas letras dalgunhas das súas cantigas. Ademais, recrimínanlle á equipa de goberno municipal a inclusión deste grupo no programa e acusan ao bipartito boirense de pretender politizar as festas, contando cun concerto coma este, din, vencellado á esquerda radical.

A polémica vén de atrás. A Asociación de Vítimas do Terrorismo (AVT) denunciara a actuación deste grupo o pasado ano en Ferrol, e mesmo ameazara con querelarse contra o municipio pola actuación deste grupo italiano. Consideraba ao concello responsable subsidiario dun delito de enaltecemento do terrorismo por permitir a actuación dun grupo que, na súa opinión, facía apoloxía do terrorismo. Ademais, a entidade anunciou que formalizaría outra denuncia contra a banda italiana, en concreto pola súa canción Yup Lala, que fai referencia ao atentado de ETA que rematara coa vida de Carrero Blanco en 1973.

Banda Bassotti
Este grupo de ska naceu nos suburbios de Roma en 1981 e nas súas letras exhiben unha ideoloxía comunista e un forte compromiso político con causas como a dos pobos palestino, nicaragüense, salvadoreño ou vasco. Acadaron un certo éxito en Italia e en España fixéronse coñecidos grazas aos seus concertos conxuntos co grupo Negu Gorriak.


Ligazóns

5/5 (4 votos)

Comentarios (9)

El_Uali #1 23/Xuño/2008 El_Uali
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.manerasdevivir.com/...

toivonen1978 #2 23/Xuño/2008 toivonen1978
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Qué sorte ten Banda Bassotti coa AVT, PP e demáis siglas fedoñentas que poboan o país! O que aforran en publicidade.

Non é costume en mín pero, desta volta, mercarei o seu novo CD "Viento, lucha y sol". Todo o que sexa ir ó revés dos salvapatrias é camiñar cara o progreso.

ecoe #3 23/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non existe nin se trata de "polémica" algunha -a dereitona franquista xamáis polemiza, só impón, e históricamente cando non poido polas boas, a sangue e lume-.

Unha outra vez o titular é claramente desafortunado e antiinformativo: tan só se trata de trasnoitada CRIMINALIZACIÓN (mesmo DEMONIZACIÓN) sobre os grupos musicais de esquerda.

Esta dereitona, -os da TOLERANCIA- (AVT, €l Mundo, "Manos Limpias", PP...) non podendo mediante a xudicatura (que tamén colabora ás veces, caso Pepe Rubianes e mesmo o xenial Niccola Lococo) derrubar estes grupos, procuran extender a sua xenética intolerancia, contra Fermín Muguruza, Negu Gorriak, Soziedad Alkoolika...e agora tamén a Banda Bassoti (que fixeron xa hai, unha ben boa versión do Bella Ciao, a universal insignia antifascista).

A canción de marras sérvelles de pretexto, mais fala de tempos da mui cruel Dictadura Franquista!

Tino #4 24/Xuño/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estes PPaifocos só entenden o españuel, q veñen agora dicindo q tamén entenden italiano.

Gaias #5 24/Xuño/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

vaia,vaia e que pasa cos axitadores radiofonicos?

Gaviotero #6 24/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El Concello de Boiro con el terrorismo...¿y?

Komun #7 24/Xuño/2008 Komun
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que non me jodan o concerto eses pijos, porque penso ir cunha bonita bandeira vermella. Se queren concertos de merda que vaian ver a juan pardo, iso si que é terrorismo... auditivo.

papuxa70 #8 24/Xuño/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Avanti popolo¡¡Eu xa estiven en dous concertos diles e paga a pena velos.Vós fascistas sóde-los terroristas¡¡¡¡.

rockandroll #9 25/Xuño/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nom vejades o que me vou rir, quando metam à AVT nos julgados por todas as suas difamaçons a artistas que nom lhe doram a píldora. Um bom puro é o que necessitam...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: