Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Concurso eólico da Xunta

Dous mil megavatios a repartir entre 75 grupos empresariais que cobizan dez veces máis

Estas son, polo de agora, as solicitudes recibidas polo Goberno Galego, para optar ás concesións eólicas. Os megavatios que finalmente se van adxudicar son só 2.325.

Redacción - 18:30 23/06/2008
Muíños de vento / Flickr: tdlemon

Muíños de vento / Flickr: tdlemon

A Xunta recibiu, polo de agora, un total de 75 solicitudes, por parte doutros tantos grupos empresariais, para optar ao concurso eólico. Isto supón máis de 20 mil megavatios (case dez veces máis do que se han adxudicar, 2.325), segundo informacións facilitadas esta segunda feira polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco (BNG).

Blanco tamén revelou que, aínda que a convocatoria xa está pechada, seguen chegando solicitudes, e que neste concurso participan aínda "moitas máis empresas" do que 75, posto que entre os proxectos recibidos hai casos que van de compañías que concorren en solitario, até agrupacións de "máis de 10 empresas".

En canto ao tempo que vai estar aberto o concurso, Blanco adiantou que a documentación ha estar analizada "en tres meses e medio ou catro meses", con vistas á adxudicación dos 2.325 megavatios. Blanco volveu reiterar que non se lle vai dar prioridade aos proxectos con capital galego, senón aos mellores. Estes, segundo o conselleiro nacionalistas, han crear tres mil postos de traballo que axudarán, segundo dixo Fernando Blanco, "a que os galegos vivan mellor".


1,8/5 (5 votos)

Comentarios (4)

mceleiro #1 24/Xuño/2008 mceleiro

«Blanco volveu reiterar que non se lle vai dar prioridade aos proxectos con capital galego, senón aos mellores»...Que dizem agora os que justificam a desfeita porque "é un gran benifício para os galegos"?


Alguém tem ideia do que está a fazer este homem? MW e MW, mas estão os galegos a aperceberem a DIMENSÃO do parque eólico que está fazendo este demente?

ESTADOS UNIDOS
Superfície: 9.629.091 km²
População: 303.007.997 habitantes
Potência eólica: 16.800 MW

CHINA
Superfície: 9.596.960 km²
População: 1.306.313.812 habitantes
Potência eólica: 6.000 MW

BRASIL
Superfície: 8.514.876 km²
População: 183.987.291 habitantes
Potência eólica: 13.500 MW

(no ano 2007)


GALIZA DE FERNANDO BLANCO
Superfície: 29.574 km²
População: 2.762.198 habitantes
Potência eólica: >20.000 MW !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


Já o dizia o outro Blanco, Carlos Blanco: "Somos unha potenzia"

Há que ser muito potentes para plantar em apenas 30.000 km² mais aerogeneradores que duas potências mundiais juntas em 18.000.000 km².


Viva a colónia eólica espanhola!!!!

Jatopardo #2 24/Xuño/2008 Jatopardo

A desfeita que están a perpetrar estes politicastros da Xunta non ten nome.

Faime graza cando escoito aos políticos dicir unha e outra vez que non son todos iguais, ¿que non? son todos uns auténticos impresentables aos que Galiza lles importa únicamente para exprimila para beneficio duns poucos, e se estes poucos son amigos deles, mellor que mellor.

Despois da desfeita que perpetraron desde a Xunta de Galicia nos últimos anos co urbanismo salvaxe e as minicentrais nos ríos, agora seguen a esnaquizar o pouco que queda de costa e as nosas montañas con piscifactorías que enriba apenas crean postos de traballo, e con parques eólicos, que crean aínda menos.

Esta é a realidade da polítiga galega, políticos bichicomas aos que se lles enche a boca falando de "Galicia, Galicia...", pero realmente, Galicia lles importa un carallo.

Ai, se Castelao e Rosalía levantaran a cabeza, ían a correr a estes do PP, PSdG e BNG a gorrazos, por impresentables e destrutores da Nosa Terra.

ecoe #3 24/Xuño/2008 ecoe

Tranquilidade, que entre os UNS que "son" os máis millores, progres e guais, e mailos OUTROS, que se van semellando a pasos axigantados (moda exclusiva, guais de verdade e os da potensia), están decididos a sofocar os "alcolitos" a base do selvaxe inzamento de eólicos sin rumbo nin condicións controladoras. A pouco andaremos a preguntarnos cómo foi posible esta recente desgracia! Unha MÁIS!

ecoe #4 24/Xuño/2008 ecoe

Cántos postos de traballo DEFINITIVOS, esto é, sustentados e sustentaveis, deixou, por ex., a DESVASTACIÓN dos eólicos da Serra do Cando-Seixo en Cerdedo? Cántas persoas da zona traballan alí?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: