Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

O KGZ enfróntase ao seu primeiro reto importante: os Campionatos Estatais

O equipo galego vai presentar tres ciclistas á proba de contrarreloxo e quince á de fondo. Xunto coa ‘'Vuelta a España', é unha das probas máis significativas desta tempada.

Redacción - 12:09 24/06/2008

O Karpin Galicia xa decidiu as formacións que vai enviar aos Campionatos Estatais de contrarreloxo e de fondo que se han desenvolver os vindeiros días 28 e 29 de xuño en Talavera de la Reina (Toledo).

No campionato de contrarreloxo han estar tres corredores: Gustavo C. Veloso, Serafín Martínez e Gonzalo Rabuñal. No campionato de fondo o equipo galego aliñará o cadro de corredores ao completo (coas únicas excepcións de Ezequiel Mosquera, convalecente da fractura de clavícula que sufriu na 'Volta a Cataluña', e obviamente, dos corredores rusos Eduard Vorganov e Vladimir Isaiychev, que esta fin de semana disputarán tamén os campionatos do seu país), é dicir, a David Abal, Carlos Castaño, Gustavo César Veloso, Jesús Cobelo, Gustavo Domínguez, Delio Fernández, Alberto Fernández, David García, David Herrero, Serafín Martínez, Iban Mayoz, Juan Francisco Mourón, Alejandro Paleo, Gonzalo Rabuñal e Ramón Troncoso.

A proba cronometrada desenvólvese sobre unha distancia de 30,2 quilómetros; e a de fondo sobre 219 quilómetros. O equipo galego presentase a esta cita, co estímulo da medalla de bronce acadada no 2007 en Cuenca, co seu ex corredor Eladio Jiménez.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Veloso ten abondas opcións na contrarreloxo, despois dos bos postos acadados na 'Volta a Cataluña', no Criterium e no Gran Premio Santarem
Veloso ten abondas opcións na contrarreloxo, despois dos bos postos acadados na 'Volta a Cataluña', no Criterium e no Gran Premio Santarem