Os equipos galegos de Segunda B terán que xogar a tempada que vén contra os clubes da Cornixa Cantábrica. Os desexados canarios e madrileños estarán cos murcianos no grupo 2º
Os equipos galegos que xogan en 2ª B (Deportivo B, Celta B, Cidade de Santiago, CD Lugo, Pontevedra CF e Racing de Ferrol) han ter que xogar na vindeira tempada no Grupo 1º, xunto aos equipos de Castela e León (Ponferradina, Zamora, Guijuelo, Leonesa e Valladolid B), Asturias (Marino de Luanco e Sporting de Gijón B), Euskadi (Barakaldo, Real Unión de Irún, Lemona, Sestao River, Sanse e Bilbao Athletic) e Cantabria (Santander B).
Así se decidiu esta cuarta feira en Madrid, a onde os galegos enviaran ao director xeral do Lugo, Carlos Mouriz. Alí, as arelas dos nosos equipos (poder competir no mesmo grupo que madrileños, asturianos e canarios, como até o de agora) non foron escoitadas, impoñéndose finalmente o peso dos clubes de Castela e León, os que máis loitaron por formar e facer parte do Grupo 1º, o do norte.
Caros desprazamentos e duros rivais
O grupo do norte non era o que preferían os galegos, porque os desprazamentos son caros (téñenos que custear os propios clubes, mentres as viaxes a Canarias están todas subvencionadas) e hai moitos clubes dos duros, tipo Ponferradina, Zamora ou a Cultural Leonesa, que sempre procuran un sitio propio nas prazas de ascenso; á marxe doutros equipos como o Baracaldo, a Real Unión ou algún filial, que sempre pelexan por colocarse entre os primeiros.
Canarios e madrileños quedaron, finalmente, no grupo 2º, xunto cos clubes murcianos, o Mérida estremeño e o Logroñés de A Rioxa.
Unha vez máis, Vieiros non se entera. Iso de que os desprazamentos a Canarias están subvencionados...ao menos en Pontevedra non, aquí a xente está leda porque nos tocasen equipas de perto eh...
Seica están subvencionados pola federación española, pero para os equipos, non para os seareiros.
¡¡¡GOOOOOOOOOOOOOOOOOL!!!
¡¡¡GOOOOOOOOOOOOOOOOOL!!!
¡¡¡GOOOOOOOOOOOOOOOOOL!!!
¡¡¡GOOOOOOOOL DE ESPAAAAAAÑAAAAAAAAAA!!!
¿¿¿DÓNDE ESTÁIS, NACIONALISTAS???
¿¿¿APOYANDO A PORTUGAL???
¿¿¿APOYANDO A GALIZA???
¡¡¡JAJAJAJA!!!
¡¡¡ESPAÑA!!! ¡¡¡ESPAÑA!!! ¡¡¡ESPAÑA!!!
¡¡¡A LA FINAL DE LA EUROCOPA!!! ¡¡¡VIVA ESPAÑA!!!