Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Grandes infraestruturas no país

Touriño recoñece a "falta de cintura" do PSOE ao rexeitar a moción sobre o TAV

O PSOE vota en contra dunha moción do BNG, apoiada por todos os grupos, para crear unha comisión que vixíe o cumprimento dos prazos.

Redacción - 14:30 26/06/2008
O nacionalista Francisco Jorquera defendeu a moción

O nacionalista Francisco Jorquera defendeu a moción

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, lamentou que a "falla de cintura" impedise que esta cuarta feira se chegase a un acordo unánime no Congreso para solicitarlle ao goberno español a creación dunha comisión que vixíe o cumprimento dos prazos das grandes infraestruturas do país.

En concreto, trataríase dunha subcomisión dentro da bilateral Estado-Xunta, similar a que está estabelecida, por exemplo, entre o Estado e a Generalitat de Cataluña. No entanto, e malia os votos en contra dos deputados do PSOE, a moción presentada polo BNG saíu adiante cos votos favorábeis do resto de grupos parlamentarios.

Touriño desmarcouse do voto dos socialistas, e afirmou que "o acordo está en plena sintonía co defendido polo presidente da Xunta". Á saída do Consello de Goberno desta semana, o tamén secretario xeral do PSdeG lamentou que non se puidese chegar a unha "necesaria e oportuna unanimidade", e xustificou o acontecido sinalando que "ás veces, a dialéctica parlamentaria provoca estas situacións".

Prazos comprometidos

"Non quero máis equívocos", apuntou porén. "A postura do presidente da Xunta é clara", engadiu Touriño, que anunciou que o seu "compromiso" e mais o do presidente español e que Galiza e Madrid estean conectadas polo TAV "en 2012". Isto é: que se licite o tramo entre Lubián e Zamora "en 2008"; que se licite o de Ourense-Lubián "no primeiro semestre de 2009"; e que se inicien "inmediatamente" as obras para o paso pola mina de Serrabal.


2/5 (4 votos)

Comentarios (11)

mil #1 26/Xuño/2008 mil
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E por aquilo da coerência, que votarom os deputados "galegos" do Psoe?

Gaviotero #2 26/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Y quiénes apoyan incondicionalmente a la Ministra de Fomento y a Touriño y demás sociatas? ¡¡¡LOS DEL BLOQUE!!! Menuda banda de embusteros...

ecoe #3 26/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E que de tan GROSOS que son, non a teñen nin poden tela. Miren o que anuncia o IGAPE (coidado cas siglas!!) textualmente:
> (refere-se à média estatal espanhola).

Supoño que se poderá consultar a fonte,
http://www.primeiralinha.org/d...

ecoe #4 26/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

>

ecoe #5 26/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

“a Comunidade Autónoma [da Galiza] estará entre as regions com um menor custo laboral, aproximadamente 86% da média nacional” (refere-se à média estatal espanhola) .

Algo non vai, que non sae.

mceleiro #6 26/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Alguém ficou surprendido? É o normal...

Inxel #7 26/Xuño/2008 Inxel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hoxe, os comentarios á noticia son dun descafeinado soporífero. Agás o de sempre, que é constante nas súas teimas, os demais non din nada digno de salientar.
Pola súa parte, o PSOE, con ou sen cintura, segue a obstaculizar calquer tipo de control para non cumprir coa súa propia palabra. A señora que chaman ministra de fomento é tan roma e incomprensíbel, que non resultaría raro que o programado para Galiza se executase en Tenerife, e o ofertado para Tenerife se leve a cabo na illa de Santa Helena.

mceleiro #8 26/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

...ou que com os fundos estruturais da UE para Galiza se fure o túnel do TAV no Guadarrama, justificando que é para TAV galego...

...ou que os 10Km de autovia adiados 5 anos da ligação Verim-Chaves se façam também com fundos UE trás duma petição do bng, porque o Ministério de Fomento não dá nem para 10Km na Galiza...

...ou na reunião com o primeiro ministro português se trave o TAV Vigo-Porto priorizando o Madrid-Lisboa...

...ou que a ministra diga sem a mínima vergonha que o TAV(inho) a Madrid, se calhar e o espírito santo ajuda, poda estar no 2030...

Tarelo #9 27/Xuño/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que é de vergonza é que se cree unha .... comisión que supervise os prazos do AVE, e a ninguén lle preocupe se se cumpren as normas de seguridade e rsicos laborais nas pu . . obras do AVE, ou que por cumprir prazos e aforrar cartso se esté furando os monte con dinamita, facendo xornadas de doce horas, se traballe de noite molestando os veciños que queren descansar e o día seguinte teñen que acudir os seus traballos. Estou 100 % en contra do AVE, pero xa queo fan que prioricen a seguridade e vida dos traballadores nunhas condicións laborais dignas, que provoquen as mínimas molestias os veciños, que destruan o medio ambiente o menos posibel,.... pero me temo que esté a predicar no deserto poruq e aquí as cousas fanse aconta do lombo, do sufrimento dos demáis a conta do que é de todos. O AVE, as autovías, fanse para que uns poucos enchan os petos, nada máis. MOi ben collidos polos . .. deben ter as construtoras ós políticos.

ulo #10 27/Xuño/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

XA ESTA BEN DE DEMAGOXIA, MOITOS PRAZOS, MOITA RIGUROSIDADE DE TODOS (PP, PSOE E BNG) POLO AVE, PARA GARANTIRLLE O DIÑEIRO AS CONSTRUCTORAS, AGORA QUE HA CRISE DA VIVENDA.... MAIS E O TREN DE PROXIMIDADES...
PARA EL NON HA PRAZOS, NON HA RIGUROSIDADE, NON HA COMISIONS MIXTAS SR JORQUERDA.... PARA ESO, SÓ PREGUNTAS E BOAS PALABRAS.
MENTRAS, ASFALTARAN GALIZA POLO PLANO APROBADO POLA XUNTA DE CENTOS DE KMS MÁIS DE AUTOESTRADAS.
MENTRAS, OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS GALEGAS QUE NUNCA USARAN O AVE, TEÑEN QUE PAGAR UN IMPOSTO ENGADIDO, O PREZO DOS CARBURANTES AO NON TER ALTERNATIVA AO COCHE PARTICULAR PARA OS SEUS DESPRAZAMENTOS.
SODES UNS DEMAGOGOS.
DEIXADEOS DE TRANGALLADAS.
E COMO NA SAÚDE. A XUNTA PECHARA MOITOS CENTROS E CAMAS PORQUE NON TEN PERSOAL QUE ESTA DE VACACIONS. E DESTA MANEIRA QUEN TEÑA QUE IR NO VERAN, QUE VAIA A PRIVADA QUE PARA ISO ESTA.
A SOLUCION: CONTRATACION XA, CON SALARIOS DIGNOS, DE PERSOAL PARA A SAÚDE. SE TEÑEN QUE ESTAR MAN SOBRE MAN, ESPERANDO A QUE VEÑAN PACIENTES, QUE ESTE. AS LISTAS DE ESPERA NON PODE SER OS QUE SOFREN SENON A ADMINISTRACION.
SE A XUNTA TEN QUE PAGAR A PERSOAL SANITARIO, AINDA QUE ESTE PARADO A METADE DO DÍA, QUE ESTE. MAIS NINGUN ENFERMO PODE ESPERAR NIN DEZ MINUTOS.
A SAÚDE NON É UN NEGOCIO, COMO PRETENDEN DENDE A XUNTA.

casdeiro #11 27/Xuño/2008 casdeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Alguén me quere explicar para que carallo serve o AVE? Quen o pediu? Quen se vai beneficiar del? Quen se está XA a beneficiar? Canto se non podería ter mellorado ou ampliado o tren normal co diñeiro que se está a gastar neste, e canto territorio non se tería estragado, cantos accidentes se terían evitado...

Por que un AVE para señoritos e non un tren de cercanías para currelas?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: