Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EN PARÍS

A Icann avanza na liberalización dos dominios na internet

O organismo comeza a concretar os requisitos que terán que cumprir empresas e individuos para rexistrar novos enderezos de primeiro nivel.

Redacción - 18:05 26/06/2008
Logotipo do encontro de París

Logotipo do encontro de París

A Icann debateu este xoves en París os trámites que se deberán seguir para rexistrar novos nomes de dominios de primeiro nivel, co fin de que se estabeleza un proceso estándar e con continuidade no tempo.

O organismo leva seis anos traballando en regular o proceso para outorgar novos enderezos da internet, co fin de que determinades comunidades se vexan representadas neles. As restricións que marcaban os dominios temáticos ou xeográficos xa foran burladas hai tempo co uso, por exemplo, do dominio .tv, de Tuvalu, para páxinas relacionadas coa televisión, ou o .lu de Luxemburgo para empresas de Lugo.

O vicepresidente da Asociación PuntoGal, Camilo Regueiro, que estivo presenta na xuntanza, explicou que a concesión de novos dominios de vai facer de xeito escalonado. PuntoGal espera estar entre os primeiros novos dominios que se concedan, no primeiro semestre de 2009, pero todo "dependerá das condicións que impoñan", que serán tanto de tipo técnico como económico.

Despois dunha primeira fase de apertura, máis estrita, chegarán outras, que irán relaxando os condicionantes económicos para a concesión de novos dominios.

Regueiro quixo aclarar que isto non vai supoñer que calquera poida obter o dominio que queira, senón que a concesión estará suxeita a condicionantes, como que se garanta a súa viabilidade económica dos dominios patrocinados, e tamén se debe garantir que a comunidade á que se refiren se vexa representada nel. Así, haberá que aboar unha cantidade económica aínda por determinar para poder crear novos dominios de primeiro nivel, e tamén se poderán denegar os nomes de comunidades onde algunha entidade rexeite esa denominación, cousa que podería acontecer, por exemplo, cun .gz, .galicia ou .galiza.


4,67/5 (9 votos)

Comentarios (13)

meendinho #1 26/Xuño/2008 meendinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver se a conselharia de indústria e mancomun.org põe já em prática o .gz Deixemo-nos de .gal e vaiamos pelo nosso domínio nacional

.gz!!!

Gaviotero #2 26/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡¡¡GOOOOOOOOOOOOOOOOOL!!!
¡¡¡GOOOOOOOOOOOOOOOOOL!!!
¡¡¡GOOOOOOOOOOOOOOOOOL!!!

¡¡¡GOOOOOOOOL DE ESPAAAAAAÑAAAAAAAAAA!!!

¿¿¿DÓNDE ESTÁIS, NACIONALISTAS???

¿¿¿APOYANDO A PORTUGAL???

¿¿¿APOYANDO A GALIZA???

¡¡¡JAJAJAJA!!!

¡¡¡ESPAÑA!!! ¡¡¡ESPAÑA!!! ¡¡¡ESPAÑA!!!

¡¡¡A LA FINAL DE LA EUROCOPA!!! ¡¡¡VIVA ESPAÑA!!!

surenho #3 26/Xuño/2008 surenho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O paxaro carroñeiro iste é un verdadeiro friki!!!

GALICIEN #4 26/Xuño/2008 GALICIEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ESPANHA, XAVI , PUYOL, FABREGAS CATALUNYA GANHOU, GAVIOTERO.

GALICIEN #5 26/Xuño/2008 GALICIEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

raul selección !!!
JE, JE . A PUTA ESPANHA GANHOU OUTRA VEZ.
E RAUL TAMEN CHORA.

Atlantico #6 26/Xuño/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Saíamos a rúa, a facerlle frente os colonos españois.

O domingo todos con Alemaña e as nosas bandeiras suevas.

El_pastorrr #7 27/Xuño/2008 El_pastorrr
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Canto flipado hai dun e doutro lado... lleu vou ver a final en Alemania rodeado de xermanas, viva Europa!.

oh_my_gz #8 27/Xuño/2008 oh_my_gz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

gaviotero, pero como non és o suficientemente "espabilado" como para darte de conta q aqui se rin de ti con todos e cada un dos teus ignorantes comentrios.. xa non vale nin a pena perder o tempo contigo.
Por outro lado, dicir que non existiu, ao meu parcer, forma de colonialismo mais eficaz co da aparentemente inofensiva "futbolizacion".
Horas eran da "liberalización" dos dominios. Eu sumome ao .gz

mamoa_da_cruz #9 27/Xuño/2008 mamoa_da_cruz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esta nova significa que xa non existen impedimentos "tecnicos" para lograr por fin o .gz .Mais témome que o .gal ó ser politicamente mais "correcto" e ter o psoe moito peso nos foros onde se vai tomar a decisión, imporase. É necesario un movemento coordinado de todalas forzas .gz a partir de xa, para tomar a dianteira nos debates (que xa arreciaron no pasado) que estan por vir. o .gz é posibel!

maiminho #10 27/Xuño/2008 maiminho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O fútbol, especialmete as eurocopas e o mundial, e outro elemento máis de cohesión e vese que con algúns funciona perfectamente e anda atrás do que lle digan. Eu por levar a contraria e posto que non me gusta o futbol vou con Alemaña¡¡¡
Por outra parte tamén resulta moi gracioso escoitar os comentarios dos comentaristas de futbol. Despois din que non hai nacionalistas españois, non só faltaba...
Saudos

croiosdetector #11 27/Xuño/2008 croiosdetector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

gaivoteiro só unha mente nacionalista coma ti pode ver relación entre uns xogadores fantásticos (que por certo a metade son cataláns) e unha nación que lle chamades España...jajajajajajajaja

ti si que es nacionalista meu!!! jajajajajajajaja!!!!

AquiEstou #12 27/Xuño/2008 AquiEstou
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

mamoa_da_cruz si que existen impedimentos "tecnicos" para o .gz incluso para o .ga , xa que a Icann reserva os dominios de duas letras para ámbitos xeográficos constituidos (estados constituidos recoñecidos pola ONU, por exemplo) como o .pt, etc... ou sexa, iso non é posible hoxe por hoxe.

mamoa_da_cruz #13 27/Xuño/2008 mamoa_da_cruz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

certo AquiEstou!. Estaba moi mal informado do asunto. Tiña en mente que unha das cousas que trocaran nesta reunion fora o caso dos dominios de duas letras. Grazas pola tua corrección

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: