Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NOVOS TEMAS

A Polo Ghit desvela este sábado os seus premios

Esta fin de semana compiten oito novos temas, un deles, Sardiñada, de Los Santos. Poden escoitala no interior.

Redacción - 09:30 27/06/2008

Esta fin de semana A Polo Ghit! baterá marcas históricas. A incorporación de oito novas candidaturas superará as cifras do ano pasado, cando se chegara a 52 participantes... E aínda faltan dúas semanas e media para que se peche o prazo de recepción, o 16 de xullo.

Pero, aínda hai máis. Este sábado daranse a coñecer os premios da edición deste ano. Os concursantes gañadores recibirán un recoñecemento á altura dun concurso que cada ano acada máis importancia, tanto no país como no exterior.
Como carta de presentación desta nova quenda, ofrecemos a achega de Los Santos, grupo de Sada que xa debutara no concurso no ano 2007 con Rapariga. Agora, xusto despois do San Xoán, convídannos a unha Sardiñada.


3.33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: