Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE VERÁN

Os mesmos turistas pero con menos cartos nos petos

Ao igual que o anterior executivo, o bipartito segue a pensar que o Xacobeo é o mellor escaparate para atraer visitantes a Galiza.

Redacción/EP - 12:15 29/06/2008

“Este ano temos un certo optimismo moderado”, con este xogo de palabras describe o director xeral de Turismo, Rubén Lois, as previsións para este verán. Aínda que as autoridades insisten en subliñar que o número de visitantes vai ser practicamente o mesmo ca o ano anterior (a análise máis optimista fala dun crecemento de cinco puntos), Rubén Lois e o director da Confederación de Empresarios de Hostalaría, Xan Silva, admiten que se agarda unha media de gasto menor debido “á actual situación económica”.

Nin Lois nin Silva se atreveron a aventurar cifras de ocupación e só se limitaron a afirmar que agardan taxas “similares” ás de 2007. Porén, empresarios hostaleiros téñense queixado nos últimos días de que, polo momento, o número de reservas é menor ca en anos anteriores. A isto súmase que os datos publicados a semana pasada polo INE. Segundo este organismo, os hoteis galegos tiveron en maio unha ocupación media dun 35,5%, un dos peores datos a nivel estatal, só mellores que os de Asturias (34,6) e Melilla(33,6).

Poñerlle velas ao Xacobeo
Os responsábeis turísticos son máis optimistas de cara o 2010. O bipartito coincide cos gobernos Fraga en ver no Xacobeo o “maior produto turístico” do país. Rubén Lois mostrouse seguro de que o vindeiro “baterá todas as cifras”. Pola súa parte, a Confederación de Empresarios da Hostalaría pídelle que de cara ese evento se faga un intenso traballo de promoción xa que non haberá outro Xacobeo até 2021.


4/5 (4 votos)


Comentarios (5)

lourentia #1 29/Xuño/2008 lourentia

O do turismo en Galiza é un problema de concepto. O noso modelo é máis semellante ao de Benidorm que ao da Bretaña, por exemplo. Durante anos medraron sen parar o número de turistas. Apostamos por un turismo barato de gastar en dúas botellas de auga e nunhas tiritas. O do xacobeo debémosllo a Pérez Varela e é certo que trae milleiros de pelegríns, pero non é máis lóxico apostar por un turismo de calidade, dunha cultura máis aló da relixiosa?

Escultorasorey #2 30/Xuño/2008 Escultorasorey

O do Xacobeo já vem de antes de Pérez Varela.

ecoe #3 30/Xuño/2008 ecoe

sí, sí: cartos e "mochilas". Un auténtico Caribe!!

Garrano #4 1/Xullo/2008 Garrano

#1 Talmente dacordo con lourentia. Mais penso que para que mude esta situación o mellor é poñer os anuncios de turgalicia na bretaña pequena e na grande e non gastar autenticas burradas en promocionar turismo galego en GZ (radio galega tvg etc) e menos ainda nos media española. O turismo pode ser moito máis rendíbel ainda con menos visitantes, se apostamos por un turismo de claidade coma na Bretaña, un turismo cultural. se o que se persegue é superar as cifras de visitantes doutros anos na procura do factor mediatico e traendo españois a Galiza, o que obteran algúns pode ser votos mais entroques un impacto cultural (colonizador) e especulativo, a cada pouco máis agresivo e prepotente.

Eu dende logo prefiro aturar a un alemán co que me custe comunicar a un españolito ao que lle teña que falar en cristiano por sugh coghone... non sei se me explico.

Gaviotero #5 2/Xullo/2008 Gaviotero

Jejeje...cómo les joroba lo de la religiosidad a los ateos...

Galicia sin el turismo religioso, Galicia sin el Camino RELIGIOSO de Santiago no sería nada.

Bueno sí. Sería Portugal. O sea, turísticamente hablando, nada.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: