Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
EDUCACIÓN

A Xunta pon en marcha campamentos de verán bilingües en inglés e... galego?

"Para superar unha materia histórica de Galiza, a aprendizaxe de idiomas", destináronse 300 prazas, 200 delas en Palencia.

Redacción - 17:57 30/06/2008

Uns 300 alumnos participan este verán en 'campamentos bilingües' impulsados pola Xunta como parte dun programa de inserción lingüística "para superar esa materia histórica de Galiza, a aprendizaxe de idiomas", explicou Emilio Pérez Touriño este luns.

O idioma en cuestión é o inglés. Para comprobar in situ a marcha do programa, Touriño e máis a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, visitaron un campamento bilingüe nas Fragas do Eume, onde 50 alumnos asisten a un curso de lingua inglesa. Son estudantes de 6º de primaria que acudirán en dúas quendas.

A iniciativa "pioneira e innovadora", compleméntase con outras 200 prazas en campamentos bilingües fóra do país, concretamente en Carrión de los Condes (Palencia), nos que todo parece indicar que as dúas linguas serán castelán e inglés.

Potenciando un "ensino multilingüe"
Touriño indicou que se trata de "que os nosos rapaces e rapazas dominen e estean ben estabelecidos no proceso de aprendizaxe dun idioma estranxeiro, ademais do castelán e galego". Ademais, este verán convocáronse 2.500 prazas para estadías no estranxeiro para alumnos da ESO e Bacharelato en Francia e en Irlanda (300 alumnos en cada país), no Reino Unido (1.400) e, como novidade, en Canadá (500 prazas).

O presidente da Xunta explicou que se está a potenciar "un ensino multilingüe, onde a competencia lingüística en castelán e galego e nunha lingua estranxeira debe potenciarse e ser superada plenamente”. Neste senso, lembrou que 450 docentes están a realizar cursos específicos de lingua estranxeira no exterior, con estadías de entre 2 meses e 1 ano.


3/5 (2 votos)

Comentarios (9)

sanquera #1 30/Xuño/2008 sanquera
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Torito enterate el la campaña "campamentos de veran 2007" ya hubo uno de ingles promovido por la xunta que tu presides

Dogma #2 30/Xuño/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

eu non sei de que sacan unha nova, cando isto deberia de ser o mais normal ?????

Gaviotero #3 30/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero...¿quién quiere aprender gallego? ¡¡¡Inglés y español para los gallegos!!!

teixugo #4 30/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Xenofobia por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta da loja de batatas fritas... Xenofobia em qualquer sitio onde haja um moinante coma este.

Maeloc-do-Rouco #5 1/Xullo/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#3...Posivelmente nom e culpa tua (exclusivamente) a terrivel falta de educaçom, de respecto e de consideraçom que tes cara a opiniom da maioria dos intervintes neste foro...Deveria-che dar vergonha, mais suponho que com a inmadureza que amossas e a nua educaçom que tes pouco se pode agardar...Fazer campanha contra dum mesmo nom e triste..e lamentavel

spider #6 1/Xullo/2008 spider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Carracha, pois a túa nai cando fala comigo...

rockandroll #7 2/Xullo/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ah, caralho, gaviotero....assim que os de galicia palangana o que queredes é inghlês...o do bilingüismo ia por aí...vale, pois a partir de agora, deixa-o claro. Porque assim fica claro que o puto nazi és tu.

Torito e Laura Sánchez som patéticos, quê caralho de actividade é essa de um campamento em Palencia? Isto de quê vai? Isto sim que é esbanjar dinheiro público sem absolutamente nengum critério. E, desde logo, delata o que lhes importa o galego...para 17-Ms e festas de guardar...

roixordo #8 2/Xullo/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

pero pasade do troll, é lóxico que o homiño queira máis educación en castelán, non vedes que non sabe nin escribilo, lembrade o seu famoso "hayá vosotros"

ecoe #9 2/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Queren dicir os dous falantes de neolíngua "touriñésa", que as DUASCENTAS PRAZAS DE PALENCIA (!!!) VAN SER EN GALEGO?
Van acobardar vostedes ás boas xentes de Burgos falándo alí a sua (tamén da ínclita Sánchez Piñón) neolíngua?

Pois será, mais apostaría que en galego, en Burgos, nin un ai!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: