'Outra Galiza' é un compendio de artigos publicados polo autor nos últimos cinco anos.
Un libro militante de quen non ten filiación política. Así define Suso de Toro o seu último libro, 'Outra Galiza', un volume que recolle o pensamento e reflexións que o autor foi achegando dende 2003 dende as páxinas de A Nosa Terra e de El País.
Nunha primeira parte e baixo o lema "O tempo aberto", aparecen os artigos publicados durante o goberno de Manuel Fraga. De Toro define esa etapa como "combate ideolóxico", que parte dende o desexo de cambio, nunha situación que parecía non ter saída. A segunda parte do volume ("Saíndo ao día") recolle as colaboracións publicadas dende o 2006 e aborda o período posterior ao cambio político.
Insatisfacción co cambio político
O escritor galego fala de alegría e sensación de liberdade, logo dos resultados dos comicios electorais. Iso si, uns sentimentos que mudaron en insatisfacción co paso dos meses. Para Suso de Toro houbo cambios importantes: "a Xunta gañou en xestión e en transparencia, reduciuse a corrupción, pero mantéñense políticas clientelares, a alianza dos medios de comunicación e a utilización dos cartos públicos para gañar votos.
Sobre o futuro, De Toro apunta á necesidade de repensar o autogoberno. Para as vindeiras eleccións augura unha reedición do bipartito e pide que se dote de máis contido político, e que se traballe na dirección da busca dun modelo de país. Do PSdeG di que non é en Galiza unha forza política autónoma e aínda é máis crítico co BNG. Asegura que neste momento non está dotado de contido político, senón perdido en vellas consignas, e que debería revisar a súa imaxe de Galiza como vítima e como terreo oprimido. Reivindica unha Galiza integrada en Europa e nunha España interpretada federalmente, e acusa ao nacionalismo de estar nun momento de moi baixas cotas intelectuais e políticas.
cantos intelectuais españois, a parte so Sr. de Toro cren na España plural e nos paxuriños preñados? cantos culturetas amigos de ZP ou non tan amigos teñen feito algo nos últimos tempos de cruzada anti-GZ-CAT-EH por parar o españolismo reaccionario? Uns tocan a flauta traveseira nesta orquestra, outros tocan calquera outro instrumento e no fondo non falta nunca Manolo el del Bombo, a sinfonía sempre é a mesma, España, a sua España.
En tempos era o Sr. Carlos Mella o que viña co novo pimargallianismo bempensante con "A Galicia Posible", agora temos a De Toro a nos dicir que "Españois todos" coa mesma milonga. Que lle lean o libro os do PSdeG e a ver se fan do seu partido un PSC.
Meu caro Garrano, não entendim nada o que dizes? Se falas como escreves seguramente te entendam melhor na China!? Bom, meu objectivo não era contestar teu comentário. Só quero dizer, o de Toro, dentro dos do sistema, é o único que tem claro algo, Galiza é Galiza...Pois o Sr. Rivas não!! Não tem nada claro que Galiza é Galiza...E é mága porque não escreve mal, eu lim um livro dele "traduzido" ao galego de verdade,o português, e encantou-me, mas os que estão em casdtrapo são "horrorosos" linguísticamente falando.
Que cara de falso ten este tipo.
Está bastante más gordo y moreno que antes, aunque se le van notando las canas...
¿Qué querrá? ¿Todavía más viajes a La Habana invitado con dinero público y más libros comprados por la Junta de Galicia con ese mismo dinero público para paliar sus escasísimas ventas en las librerías?
Galezio, semellas tan pedante coma Borges dicindo que O Quixote estaba millor en inglés que en castelán. Noraboa por ler un libro de Rivas, ben mirado, tes a sorte de que che quedan moitos por ler.
Este home, sinto dicilo, dá peniña como tertuliano-prisano, ou como se diga, na SER, vaia. Di cada cousa ultimamente que mesmo se lle pode confundir co facha ese que teñen en nómina en Hora 25 (Carlos Mendo). No grupo PRISA débenos pasar a todos pola máquina da verdade (da verdade única do grupo, en certos temas). Vaia, parezo Losantos, pero non o son nin por asomo. Só digo que este se plegou (se cadra sen decatarse de todo) ás liñas básicas do pensamento correcto: constitucionalismo-bien-entendido, euro-peismo, zapaterismo a ultranza. Digo que se plegou, pero se cadra xa era así...
Sr. Ferrín, ouviu? GA-LI-ZA, GA-LI-ZA
e algún dirá que por escribir Galiza e non Galicia De Toro é mellor escritor ou máis patriota que Ferrín, e outros escacharemos a gargalladas
Meu caro, é um dizer, Xoan_da_Tolda... A ti não che "ficam" livros por ler, tu já os tens todos lido...Eu quando voltar a ser miudo (agora tenho 53)pido-me ser como tu...Tam pouco pedante, tão inteligente, tão isso... em fim, tudo isso!! E porquê não polemizas com o "gaviotero" dos colhões e me não deixas em paz,"jilipollas"!?
Ah! Por certo, estou de férias em Angola e cá se não está a celebrar o facto "patriótico" mais importante nos derradeiros 500 anos, a Euro-copa...Gaviotero,Xoan_da_Toda,roixordo e demais estarão na "Plaza de Colón" de Madrid?Em fim, esquecede-me, deixo estes comentários porque me dão "pena"!!
"Leí un libro de él traducido a una lengua de verdad, el castellano, y me encantó, sin embargo los que están en castrapo son horrorosos lingüisticamente hablando"
Galezio, non sei se ler o teu comentario parafraseado axudarache a entender o efecto que produce nos que falamos galego e non portugués. Nin é castrapo, nin se pode desprezar dese xeito a escrita dun dos mellores novelistas na nosa fala. Non estou disposto a soportar desprezos dos castelanfalantes, e malia recoñecer que o meu galego é moi deficiene, tampouco estou disposto a soportar os dos reintegracionistas. Polo demáis, a miña intelixencia é máis ben normaliña e non son nin de lexos o bastante lido coma para seren pedante e sair ben parado. Máis non fun eu quen entrou a espetarlle a #1 e a Manolo Rivas, na mesma entrada, o mal que escreben en chinés e galego, respectivamente. Polo demáis, eu nunca intercambiarei impresións con #4 e #11, e non polas diferencias ideolóxicas, porque non ven aquí a iso senon a insultar a quen pensa diferente e porque non semella ter o menor senso so humor. Meu caro Galezio, de aquí en diante tampouco intercambiarei impresións contigo polos mesmos motivos e ademáis porque eu sempre respeto a quen quere que lle deixen en paz, un dereito que debera estar recollido na constitución xunto co dereito á sesta. Eso parece que é o que queredes algúns, os galegos por un lado, e os galego-portugueses que posuen unha cultura "de verdade", polo outro. Ben está, ide en paz, pero a cambio, deixádenos en paz tamén.
Outro diglósico mais (posto em evidência por pícaros há tempo por pícaros na TVG) que pensa em castelhano e escreve em castrapinho do mais pobre por imperativo comercial.
Um vozeiro do PRISOE que vai de progre comprometido. Um dia no Nunca Mais, outro lambendo o cu do ZP.
O troll do #11 de quem fala, de Pio Moa?
Bom, já não é o #11. Parece que os de vieiros limparam os escrementos de gaivota.