Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aprobaron o 88% dos alumnos

Portugués e Debuxo Técnico, as materias máis dominadas na Selectividade

Cun 7,88 e un 8,45, respectivamente, son as materias coa nota media máis alta en Galiza nas Probas de Acceso á Universidade (PAAU).

Redacción - 12:45 02/07/2008

Un 88% dos alumnos que se presentaron en Galiza ás Probas de Acceso á Universidade, a Selectividade, este mes de en xuño, aprobaron o conxunto dos exames. Unha porcentaxe apenas dous puntos por baixo da de 2007. Do total de 8.989 alumnos matriculados, 8.941 presentáranse finalmente ás probas, dos cales 7.919 superaron a Selectividade, segundo os datos provisionais. A opción de Artes rexistrou a maior porcentaxe de aprobados, co 94,24%; seguida de Humanidades, o 90,2%; Científico-Tecnolóxica, o 89,84%; Ciencias Sociais, o 88,22% e Ciencias da Saúde, co 86,37%.

Debuxo Técnico I e II foron as materias onde os estudantes do país obtiveron a nota media máis elevada, 8,45 e 8,31, seguidas do Portugués, cun 7,88. No outro extremo aparece a Bioloxía, coa nota media máis baixa, un 5,25.

O resto de cualificacións medias: Francés, cun 7,88 de media; Debuxo Artístico cun 7,12; Mecánica, cun 7,09; Matemáticas, un 6,39 de media; Historia da Arte, un 6; Química, un 6,13; Física, cun 5,76; Lingua Castelá, cun 5,76; e Lingua Galega e Literatura, cun 5,85; Inglés, un 5,8; Análise de Texto Filosófico, un 5,53 e Xeografía, un 5,54.

Os datos facilitados este mércores pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) reflicten un descenso das notas medias en varias áreas: así, Bioloxía baixou dun 5,58 de media en 2007 a un 5,25 este ano; Inglés pasou dun 6,42 a un 5,8, Francés, de 7,71 a 7,3; Matemáticas, de 6,71 a 6,39; Química de 6,45 a 6,13. Entre os incrementos destaca o Portugués, de 6,83 a 7,88, Física, de 5,02 a 5,76 e Debuxo Artístico, de 6,17 a 7,12.


Ligazóns

4/5 (4 votos)


Comentarios (11)

galeguzo #1 2/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vaites, melhores qualificações em galego do que em PORTUGUÊS ;)

Gaviotero #2 2/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Porque en portugués se examinan sólo unos pocos, la mayoría gente que tiene por lengua materna dicho idioma.

El gallego, por contra, apenas lo habla nadie en Galicia, donde se habla mayoritariamente castellano y su variante dialectal gallega, el castrapo.

ranciadas #3 2/Xullo/2008 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E ti que falas? Chámase VENENO.

OBSERVADOR #4 2/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ha ha, a gaivota está engraçada: língua materna nesse idioma.

Que bom! Gaivota reintegrata!

http://www.agal-gz.org/modules...

Gaviotero #5 2/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ranciadas, veneno eres tú. Gracias por el piropo. Viniendo e ti es un halago.

Obom #6 3/Xullo/2008 Obom
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai, Gaviotero, como fode!!!

Obom #7 3/Xullo/2008 Obom
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ótimo!! Vê-se que o reintegracionismo vai progressando!!

NA GALIZA EM GALEGO-PORTUGUÊS

mceleiro #8 3/Xullo/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Gaviotero é reintegrata!!!
O Gaviotero é reintegrata!!!
O Gaviotero é reintegrata!!!
O Gaviotero é reintegrata!!!

hahahaha.....Vieiros, sacai a notícia com letras bem grandes!!!


Falando a sério, extranha essa diferença de dificuldade nos entre uma língua "extrangeira" e outra "de seu", não é?

Que algum isolacionista venha cá explicá-lo, por favor!

spider #9 3/Xullo/2008 spider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

carracha nazi (aka liberal)

arzaya #10 3/Xullo/2008 arzaya
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sr Gaviotero. A hipótese que comenta Vde. do portugués (quen o portugués estuda é de orixe portuguesa...) tén un pequeno fallo: o francés tamén tén as mellores notas (emigrantes en Francia?). Pode desenvolver unha teoría explicativa? Como todo o mundo sabe na Galiza fálase máis e mellor francés do que galego

arzaya #11 3/Xullo/2008 arzaya
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sobre as diferenzas portugués /galego sospeito que poden deberse ao nivel de esixencia nos exames e tamén coa motivación: suponse que non sabemos portugués para nada (o que é bastante certo, pero non tanto para supor que non se parece en nada ao galego) e que galego todos estamos de vota e media (como do castelán). Por outro lado basta ver a RTP para ter referencias claras da lingua (para os estudantes de Tui é ben claro) Porén no galego cométense bastantes erros e como todos sabemos galego de sobra non nos preocupamos en corrixilo. O galego da TVG é modelo a medias, moitas mensaxes van nun híbrido castelán-galego ou castelán..

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: