Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ante a súa posíbel desaparición

Salvemos o noso Celta!

Un grupo de seareiros celestes creou unha web para tal efecto. Mentres, o clube ten este mes para seguir adiante coa Concursal, senón, terá que descender.

Redacción - 13:45 02/07/2008

A iniciativa xurdiu dun grupo de seareiros do RC Celta de Vigo, que se uniron no foro DelCelta.com e crearon esta web. No tempo que leva aberta, algo menos dunha semana, xa rexistraron medio milleiro de visitas e nuns días han comezar coa recollida de sinaturas e, segundo contan, coas primeiras mobilizacións, "no caso de que sexan necesarias".

Na web, ademais, amosan un seu manifesto no que aseguran ser "celtistas de toda orde e condición, de toda clase social e ideoloxía" que queren expresar a súa "inquedanza polo futuro, por un clube que leva 85 anos mostrando o nome de Vigo e de Galiza por todos os lugares do mundo".

Para eles o Celta é "máis que unha Sociedade Anónima Deportiva. É algo máis que un nome; é un sentimento en algo que para algúns tan só é un deporte de masas, pero que a nós, celtistas, lévanos a sentir dende as maiores ledicias ás máis profundas depresións. Algo que non se pode explicar con verbas", por iso non desexan que desapareza, polo que fan un chamamento "ás partes encargadas de chegar a un entendemento".

E as partes, aínda non chegaron a ese entendemento
O Celta precisa o auto de admisión do clube na Lei Concursal antes de finalizar este mes, pois no caso de non o ter para daquela, poderían descender a Segunda B, ao non ter pagado as denuncias feitas polos xogadores ante a AFE (Asociación de Futbolistas Españois).

Se o auto, que debe emitir o Xulgado do Mercantil de Pontevedra, está xusto antes do día 31 de xullo, as reclamacións dos futbolistas quedarían sen efecto, polo que non afectarían os designios do clube celeste.

A estratexia do Celta é exactamente a mesma que empregou o Alavés hai xusto un ano (acollerse á Lei Concursal voluntariamente o 29 de xuño de 2007 e agardar até o 29 de xullo, cando un xuíz de Vitoria ditou o auto, co que evitaron ter que pagar 5,8 millóns de euros, saltar por riba de 26 denuncias e continuar en Segunda), mais co problema de non ter presentado toda a documentación precisa, o que vai atrasar uns días a emisión do arelado auto.


3.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: