O director da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense aconsella tomar medidas para evitar que o noso desenvolvemento tecnolóxico dependa do exterior.
Enrique Barreiro
Enrique Barreiro é o director da Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense, da Universidade de Vigo. Nesta entrevista explica a contribución que o centro está a facer no desenvolvemento da Sociedade da Información en Galiza e achega medidas para reducir a fenda dixital que lle afecta ao noso país.
Vieiros: Como valora a contribución da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense no desenvolvemento da Sociedade da Información e das TIC en Galiza?
A ESEI é un Centro fundado no ano 91, e desde entón puxemos no mercado laboral das TIC a máis de 1000 titulados do ámbito da Enxeñería Informática. Hai moitos titulados desta Escola que se converteron en emprendedores ou se sitúan en elevados postos de responsabilidade da empresa, a Administración e a Universidade galegas, polo que estamos a ter un claro impacto no desenvolvemento da Sociedade da Información e as TIC a través da formación destes recursos humanos altamente cualificados. E non hai que esquecer o elevado número de proxectos de I+D que levan a cabo aquí, tanto en colaboración con empresas como en convocatorias públicas.
En setembro comezará a funcionar o primeiro máster público en Software Libre de Galiza. Como se decidiu crear este curso?
Existen contidos propios da consultoría informática que, polo seu elevado grao de especialización non adoitan ter cabida nos plans de estudos das enxeñerías informáticas (temas de seguridade e lexislación, sistemas de business intelligence, habilidades directivas, metodoloxías propias da consultoría como ITIL,...) e que nembargantes demandan as consultoras.
Se a iso engadimos a gran oportunidade que o PEGSI significa para o desenvolvemento de modelos de negocio baseados en software libre (que ademais poden ser especialmente atractivos nun contorno socioeconómico como o galego), así como o interese que neste Centro sempre espertou este tema, podemos concluír que a decisión de pór en marcha este máster acabou saíndo practicamente polo seu propio peso.
Que futuro lle ve ao Software Libre no país?
Os modelos de negocio baseados en software libre teñen unha serie de vantaxes, pero gustaríame destacar especialmente dúas:
Por unha banda, reducen as barreiras de saída do empresario con respecto aos seus provedores tecnolóxicos: o software deixa de ser un produto para converterse no conxunto de servizos que nos oferta o noso provedor. Se eses servizos non se prestan adecuadamente ou aparece quen engada máis valor aos mesmos, a empresa pode cambiar de provedor con maior facilidade. Nunha contorna empresarial como a galega, na que a inmensa maioría das empresas son pemes ou micropemes, a independencia do provedor e a redución de custos por licenzas son factores especialmente valorables.
Por outra banda, redúcense as barreiras de entrada no sector do desenvolvemento de software. O emprendedor non ten que reinventar a roda unha e outra vez, senón escoller un software, melloralo se é o caso (cumprindo, obviamente, os termos das licenzas) e deseñar a súa oferta de servizos asociados a ese software.
Cre que a Galiza lle custará moito superar a fenda dixital con España e con Europa?
O camiño non vai ser fácil nin rápido, pois aínda que en Galicia se realizan avances moi significativos, o resto de Europa non está parada. Polo tanto, é necesario que o ritmo de penetración da Sociedade da Información sexa superior ao europeo e non decaia, que se destinen permanentemente recursos con esta orientación tanto dende o Goberno da Xunta como dende o Goberno Central, que as grandes empresas tecnolóxicas manteñan unha involucración activa, e que todas as forzas políticas galegas entendan e respecten (como penso que xa o fan) que alcanzar os obxectivos deste Plan é unha cuestión de Estado na que xogamos o noso futuro, non unha cuestión electoral.
Que medidas propoñería vostede?
Hai pouco publicouse un estudo de Tecnocom e a Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia no que se demostraba que no Sistema Universitario de Galicia non se incorporan ao mercado laboral o número de titulados no ámbito das TIC que sería necesario en función da elevada demanda actual. Por outra banda, e aínda que pareza sorprendente, o ano pasado un informe da Comisión Europea alertaba do escaso interese que entre os mozos europeos existe polos estudos de enxeñería en xeral e tecnolóxicos en particular. De seguir así esta tendencia, en poucos anos o desenvolvemento tecnolóxico europeo terá que descansar sobre empresas e enxeñeiros situados en outras zonas do mundo.
Creo que as institucións galegas deberían de tomar boa nota destes estudos, tratando de fomentar a vocación dos máis novos polos estudos de ciencias e enxeñería.
Outra medida que considero importante é a incentivación ás empresas para que permitan e animen aos seus empregados a manterse permanentemente actualizados mediante a asistencia a cursos, seminarios e másteres. En xeral a empresa galega inviste pouco en formación e iso é algo que por agora non vexo que estea cambiando.
E que toda esa matraca coa que nos machucan de que o importante é a formación e tal e cal, non vale de nada se non tes estructura productiva, capitalismo empresarial que asuma a tanto licenciado, graduado, etc.
Ao final, o único que facemos e pagarlle a formación á xente para que se vaia a desenvolver o traballo noutro lado...
Unha máis das contradicións deste capitalismo galego virtual e pantasmagórico. amoscaesquerdosa.blogspot.com
A ver ho, un tal ...Otero, que sabe poñer en quinta forma normal calquera cousa; non ten nada que comentar?
No, no se incorporan porque entre cobrar dos mil o tres mil euros en Madrid o Barcelona, o incluso 1.500 en Valladolid, Pamplona o Zaragoza, y cobrar 800 en La Coruña o Vigo, pues no hay color...
Los empresarios gallegos quieren ante todo mano de obra barata. Piden gente con másters, idiomas e ingenierías, pero por 800 euros brutos mensuales lo único que consiguen es aficionados sin apenas formación que pasados unos meses se van o los tienen que echar...
Es la visión de "futuro" de nuestro empresariado patrio...
Y mientras tanto, el Consejero de Innovación e Industria hablando de Galicia (uy, perdón, que este tío es de los "ilegales" que todavía anda diciendo eso de "Galiza") como si fuera un sitio deseado por todos los ingenieros del mundo para venirse a trabajar, mientras todos están emigrando a Madrid y Barcelona.
Pues nada, nada, a seguir así. Cada vez más viejos y más funcionarios, y cada vez menos tejido productivo.
Gaviotero pasame as direciós deses traballos en Madrid, Barcelona, Valladolid,Pamplona e Zaragoza tan ben paghados. Deixa de tomar cubatas Gaviotero que ves moitos OVNIS.
Te podría pasar mis nóminas o la de gente del CHUVI o de la Universidad de Coruña que cobra o ha cobrado esas cantidades. roibran, igual lo que sucede es que no soy tan mediocre como tú.