Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Artigo

¿Ahora donde están los del Bloque? ou o españolismo sen límite

Xurxo Paz, estudante de Dereito e coordinador do asociación Aturuxo de Boiro, envía este artigo en plena resaca futboleira.

Redacción - 14:00 06/07/2008
Os xogadores da selección española celebran a vitoria na Eurocopa polas rúas de Madrid / Flickr: heartindustry

Os xogadores da selección española celebran a vitoria na Eurocopa polas rúas de Madrid / Flickr: heartindustry

Con esta pregunta un 'pai de familia' acompañado da súa compañeira e de dous fillos, alteraba a noite compostelá do domingo 29 de xuño. Polo visto a selección española gañara a final da Eurocopa á selección alemá.

Coma un lóstrego (nun arrebato de coraxe) abrín a fiestra e dixen alto e claro: "aquí!". Entón o amigo (acompañado da familia) contesta: "ahora bloqueiros de mierda, os tenéis que joder. Sois una mierda. Viva España!", sentenciou. Eu fechei a fiestra e continuei ao meu, que era pouco máis que continuar deitado na miña cama lendo un libro sobre a situación en Palestina.

Pero comecei a darlle voltas e pensei en tentar explicar por que, baixo a miña opinión, esa selección nunca foi nin será a nosa. Todas/os que teñen un compromiso con este país teñen claro que a selección española é un instrumento máis para asimilar política e culturalmente o que Galiza significa. Pero vou tentar dar uns argumentos para eses/as que sempre saen coa mesma (mesmo dentro da xente que se di comprometida co país): isto non é política, non ten nada que ver.

Primeiramente é preciso recordar que o Estatuto de Autonomía de Galiza vixente a día de hoxe (un marco no que Galiza non colle) inclúe diferentes competencias exclusivas da CAG (Comunidade Autónoma Galega), estas están recollidas no artigo 27. Entre elas recóllese a competencia exclusiva da promoción deportiva. Esta competencia debería garantir que Galiza (entre moitas outras cousas) tivese seleccións nacionais oficiais e coa posibilidade de competir internacionalmente. Pero o Estado Español (unha vez máis) emprega un "truco" para impedir a existencia real das nosas seleccións. O que fan é colocar na camisola d@s xogadores/as o escudo do Estado Español. Sendo así o único Estado do mundo que coloca o escudo na camisola (pois as seleccións normativamente representan federacións). Fan isto porque a Constitución Española recoñece como competencia exclusiva a representación internacional do Estado Español ao propio estado. Con esta "xogada" conseguen evitar "legalmente" que @s galeg@s poidamos contar coas nosas seleccións nacionais.

Hai que destacar que se teñen dado situacións verdadeiramente vergoñentas para impedir a participación en competicións internacionais, por exemplo o acontecido coa selección catalá de hóckey, que foi expulsada do campionato do mundo por presións do Estado Español, a prohibición de partidos, etc.

Se o Estado Español emprega trampas (por moito que entren na súa legalidade) para roubarnos o dereito a dispoñer de seleccións nacionais, nós non debemos caer nelas!

Hoxe e sempre seleccións galegas oficiais e internacionais!


4,78/5 (45 votos)


Comentarios (31)

Gaviotero #1 6/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Jejeje...se ve que escuece la gran victoria de la selección nacional de fútbol.

Eso sí, este articulillo de literatura fantástica progre (entrañabable eso de estar leyendo un libro sobre la situación de Palestina, mientras los demás celebraban el triunfo de la selección española...) no da una. Ni Galicia, que no Galiza, tiene competencias para inventarse selecciones nacionales, ni "colocan" ningún escudo del Estado en la camisola, sino que el traje lleva sin más símbolos NACIONALES de la NACIÓN a la que representan que no es otra que España.

Por si no lo sabes, chatín, la única existente en España.

Y cómo será de grande ese sentimiento nacional español, que hasta Xavi, jugador catalán del Barça, no pudo reprimir ese grito de...

¡¡¡VIVA ESPAÑA!!!

http://es.youtube.com/watch?v=...

UnDeTantos #2 6/Xullo/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min gustáronme as caras dos outros futbolistas mentres xabi dicia viva espanha :)

merce_ditas #3 6/Xullo/2008 merce_ditas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai xente que se cre superior aos demáis. Hai xente que por ler libros sobre Palestina cre estar por riba de Paletolandia que só se preocupa do fútbol. Hai xente que lle importa máis a selección nacional e outras cousas que a grave crise que estamos a atravesar. Hai xente que de todo fai política (tanto españois coa selección española coma galegos coa súa). Pois se a xente se sinte española, galega ou o que seña, que se sinta e deixalos en paz. O importante é ter todos os mesmos dereitos e para iso haberá que comezar por cousas importantes como a educación, a lingua na administración e no traballo... E por certo que Sánchez Dragó tivo que tragar a súas palabras cando se lle ocurríu iso de "los que leen el Marca son unos burros integrales", ou algo así... non conseguiremos nunca respetarnos e non sentirnos superiores na nosa nimiedade?

JohnLocke #4 6/Xullo/2008 JohnLocke
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ânimo, Xurxo, contra os espanholistas!!! Viva Galiza!!!

ranciadas #5 6/Xullo/2008 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Mercediñas" (o de Merceditas fícate chupiguai), debes vivir nos mundos de iupi, todo é política e todo o que se armou arredor da selección españoleira é un insulto aos demais.
Gustaríame saber onde están eses mesmos dereitos que ti dis. Acaso nos deixan aos que coidamos que só somos galegos e que están todo o día afogándonos nos medios e demais? Eu considérome superior a esa merdada de españoleiros baratos tipo Gaviotero, touros de obsborne, sagrada unidade patria, aguiluchos fascistas, Arribas España, Manolo Escobar e demais MERDA. Así de claro. Ese NON É O MEU PAÍS. Mágoa que non teñamos unha Ertzaina para darlles ben como fixeron en Donostia. Menos reparos teñen cando xoga a Irmandiña con nós.
Non me contes CONTOS.

ranciadas #6 6/Xullo/2008 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E unha diferenza grande, o nacionalismo español (fascista=franquista) foi aliado do nazismo, os periféricos NUNCA. Iso xa di todo.

Gaias #7 6/Xullo/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Seleccion española, QUE NON GALEGA.
E agora nunca tan ben dito pois non hai ningun galego nela.
Viva Galiza ceive!

Xiurisma #8 6/Xullo/2008 Xiurisma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parabéns Xurxo Paz por faceres pública unha reflexión necesaria. Moita xente opinamos, en esencia, o mesmo ca ti. Botei en falta, porén, unha mención aos CARTOS QUE LLE CUSTA Á CIDADANÍA DE TODO O ESTADO manter unha selección quince días en países estranxeiros, máis primas por ir gañando fases, máis soldos astro-nómicos, máis compensacións aos clubs por terlles seleccionado xogadores, máis máis máis... Iso sería unha boa reflexión para aquela xente que parece esquecer a crise cun fútbol que en realidade non fai senón aumentala, porque os cartos que o estado (ou o Reino de España, que para o caso é o mesmo) podería destinar a servizos públicos van para os petos de catro mataos que lle dan patadas a un balón.

rockandroll #9 6/Xullo/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parece que a felicidade dos espanholeiros com a sua pírrica vitória na mega-pachanga europeia nom pode ser completa: Alguns, nem sequer vimos o jogo e importa-nos um caralho se ganhou Espanha, Alemanha ou Mongólia Interior. Como vos fode que se vos ignore, caralho. Pois isso, espero que disfrutarades da pírrica vitória da equipinha essa dos onze colegas de Aragonés, porque ides ter que aguardar como mínimo outros quarenta e quatro anos...e veremos se para entom há espanha.

Atlantico #10 6/Xullo/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa o dixo Ranciadas, ogallá tiveramos unha Ertzaina para manter ó orde publico e controlar a eses rojiguarros exaltados, uns porrazos a tempo e se acaba a tonteria.

E concordo tamén con Rockandroll, a ver se existen o estado español dentro de cuarenta anos. Así que españolitos ide desfrutando mentrás poidades.

ecoe #11 6/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

De Galertzainas NADA, que xa hai moito uniformado. Cántos tocan por cabeza? Só para manter o insostible da suciedade (con o) que temos que suportar?

outrolector #12 6/Xullo/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xurxo Paz: Grazas por escribir as túas reflexións, que veo de ler con interese e que comparto.

>>> merce_ditas: (...)Hai xente que por ler libros sobre Palestina cre estar por riba de Paletolandia que só se preocupa do fútbol (...)

Merce, podes estar segura 1)de que non o cren, e 2) de que sí están.

Gaviotero #13 6/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

De todas las majaderías que he tenido que leer, me quedo con lo de la "pírrica" victoria de la selección española en la Eurocopa...Será porque sólo ganamos TODOS los partidos, dejando en la cuneta a selecciones como Italia o Alemania, y siendo reconocidos como la selección que comandó con autoridad durante todo el campeonato.

Pero bueno, si esos mismos que consideran esta gran victoria de nuestra selección nacional como "pírrica", consideran épico un bolo navideño contra Camerún, con una selección camerunesa que ni siquiera estaba dispuesta a jugar el partido si no soltaba antes la pasta la federación autonómica gallega, pues bienvenida sea tal victoria...

Por cierto, si la selección nacional es española, obviamente, también es gallega, pues Galicia es parte integrante de la Nación española. Son los hechos. Os gusten más o menos.

Scaaveiro #14 6/Xullo/2008 Scaaveiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#13 Gaviotero Gaviotero... o que dizer sobre ti?

Olha eu como "naZionalista recalcitrante y enemigo de ESPAÑA (VIVA POR MUCHOS AÑOS)" reconheço o bom futebol que fez a Selecção de Espanha e reconheço que foi justa ganhadora do Euro2008. Sim, foi a melhor selecção de todas (Olanda era-o até que foi foder contra os rusos) e não tenho problema em dize-lo.

Ora, eu não me sento representado por Espanha já não por motivos políticos, mas porque, primeiro, nem havia um galego entre os jogadores. Nesse aspecto sentin-me muito máis representado por Suíça, que levava a Cabanas (por muito que os de Cuatro gostasen em chama-lo Cabañas) ou por Portugal, pela questão da língua. E não duvides que eu seria o primeiro em berrar por Espanha, sim e sinto-o muito, se o Estado deixar participar à Galiza e esta não se classificar para a Euro. Não duvides.

Mas ademais acho um pouco idiota montar tanta barulheira porque 11 pessoas ganhar um partido e uma taça, quer a Liga de futebol, quer a Taça do Rei, quer a Euro2008, quer a Taça do Mundo... 11 pessoas às quais nem tu nem eu lhes importamos. Mas tanto me tem quem for se a selecção espanhola, a galega ou a micronessia. Ganhar uma taça está muito bem e é muito lindo mas só para um dia. Eu tenho outras preocupações: que o rio que passa pelo meu Concelho ta morto, que o meu primo que é gandeiro tenha que estar a tirar o leite campo abaixo, os meus exames... essas coisinhas...

Panem et circensis a ferro e lume.

MarinhaLucense #15 7/Xullo/2008 MarinhaLucense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Donde estan estes do BNG? Onde sempre.Nos concellos fazendo coalizon colo PSOE :-).

-Xavier #16 7/Xullo/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

MarinhaLucense#34:

As e os do BNG estarão onde sempre lhes toca estar. Num difícil lugar facilmente criticável por muita gente que nada faz por Galiza.

Será melhor unir-se ao PSOE para governar com o diabo antes do que vender o país diretamente ao PP.

Lembra que além dos concelhos, também o BNG está co PSOE no Governo autonómico. Melhor fazer algo tendo que aturar um governo PSOE-BNG do que aturar mais anos de fraguismo. Há gente que se esquece muito rapidamente de que antes tínhamos Manuel Fraga no Governo, espero que tu não.

Saudações cordiais à gente da Marinha, que é uma terra estupenda, formosa como poucas.

Ah, outra cousa, esta dirigida a complementar o comentário em que Gaviotero fala de Xavi. Realmente diz o que diz mas ninguém se crê o que diz. Já se referiu a isto UnDeTantos em #2 e concordo com ele, é para reparar na forma em como reagem os seus companheiros perante esse "Viva Espanha!" de Xavi, além da cara dele e da maneira mais "descrida" de o dizer. :-)

Saúde e reflexão.

-Xavier #17 7/Xullo/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Scaaveiro 14#, dizes: "Panem et circensis a ferro e lume."

Em "circensis" concordo, mas em "panem" não. Espanha não dá pão mais que a uma única nação. As outras nações temos que lutar para nos ganharmos o pão por nós mesmas/os.

Nessas estamos. Parabéns ao Xurxo pola prática da reflexão e da escrita. A mim o triunfo da seleção espanhola também me apanhou lendo e fazendo outras cousas, mas neste cantinho da Galiza em que vivo não saiu ninguém à rua a "festejar" nada.

A merce_ditas dir-lhe-ei que duvido que Xurxo esteja a considerar-se por cima de ninguém por ler livros de Palestina ou do que for. Aliás, não acabo de compreender o que significa isso de que há gente que "cre estar por riba" doutras pessoas, ou isso de crer-se "superior aos demais". Não entendo isso da superioridade.

sophia #18 7/Xullo/2008 sophia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home, ranciadas, tampouco hai que esaxerar, nin identificar todo o Estado español con cutradas de Manolo Escobar, touros Osborne e cousas así, tamén hai xente de esquerdas, que respecta ós nacionalismos, que ten ideas non fachas, e que vive outro tipo de cultura. É coma se dis que todo o que hai en USA é malo, porque é un país imperialista, e porque está Bush, etc, cando tamén algúns norteamericanos fixeron por exemplo bo cine e boa literatura, e moitos opuxéronse á guerra do Vietnam etc...considerando España coma un país estranxeiro, penso que non hai que xeralizar, nin todo mal nin todo ben.
Dito isto, eu son muller, e á meirande parte das mulleres non nos gusta o fútbol. Paréceme que se lle da demasiada publicidade ó fútbol simplemente porque lle gusta ós homes, logo algúns chaman "marujas" ás mullers que len revistas do corazón ou ven telenovelas, pero que ten de cultural o fútbol?...só ten máis prestixio porque é un reducto masculino.
Eu si que poño o fútbol ó nivel casposo do touro de Osborne.

anacleto #19 7/Xullo/2008 anacleto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ei, gaviotapodre, máis patético que progres que len libros sobre Palestina son elementos coma ti, pobre acomplexado, que pasas o día e a noite lendo estes foros para replicar co teu manual de fascistilla pretendidamente enxeñoso.Repíteste como a cebola, e intelectualmente eres moi mediocre, xa o sabías, non?

Anti_Lusista #20 7/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O deporte é un elemento de concienciación nacional, claramente. De tódolos xeitos coido que moita xente foise de troula o domingo pasado por estar na rua, o motivo é o de menos, o asunto non é sair porque hai que sair. Esto é unha moda, que se esqueza é cuestión de tempo.

anacleto #21 7/Xullo/2008 anacleto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sophia, non toda España é Manolo Escobar, pero os encargados de organizar o "espectáculo" da selección (sempre en Madrid), fan que remate cantando o franquista e hortera até a médula "Que Viva España" co propio autor. Son os que xestionan a imaxe da selección os que asocian así as cousas. Esa é a súa imaxe da España desexada e perfecta, non se lles ocorre outra.Aos feitos nos remitimos. Existe outra imaxinería, outra maneira de tratar esto? Nunca a vimos.
En "El País" falaban dunha xeración de futbolistas "que traían a modernidade, que rompían co pasado". E rematan cantando o "Viva España" (símbolo do españolismo franquista máis ramplón e caduco)co propio autor.E non vin medio que censurase esto, para eles é a España que existe, a dos toureiros, tricornios, a de Alfredo Landa e Manolo Escobar.E non conciben outra, desengánate.

rockandroll #22 7/Xullo/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois eu lamento nom ser tam políticamente correcto como outros, e tenho que dizer que a seleccionzinha regionalzinha espanholinha tivo umha pírrica vitória numha pachanga, porque nada do que faga essa seleccionzinha de merda pode ser sério. "Por eso se oye esta canción, queee puuuuuuta es esssspaaaañaaaa"

(por certo, que alguns esquecem que a selecçom camaronesa com quem tinha o mamoneio monetário era com a sua própria federaçom...mas se os jogadores de qualquer outra selecçom tiveram o mesmo problema, fariam o mesmo, o que se passa é que alguns que vam de liberais julgam pola cor da pele, verdade, Gaviotero?)

Tino #23 7/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, xa se cuantificaron os danos provocados por estes exaltados con FUROR UTERINO DAS CORES DOS OVOS CHOCOS?

En Ourense seica fixeron danos por uns 2.000-3.000 euros: van imputalos por desperfectos? Onde está Garzón para aclarar as causas deses desperfectos por exaltación patrioteira?

rockandroll #24 7/Xullo/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Garzón estava fazendo Kale Borroka na Castellana (que un dia es un dia, qué cojones)...e quarenta e quatro anos, nem che conto!!!

MarinhaLucense #25 7/Xullo/2008 MarinhaLucense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#16 Xavier.

Para min o BNG fai ben nos concellos con o PSOE. Porque non vai fazerlo? Aqui cada un fai o que pode para gañarse os seus cartos.
Si, a Mariña e' unha terra ben bonita pero sin traballos. Agora aqui na Eire gañandome a vida :-).

Tino #26 8/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E continuo:

Onde estaban os delegados e subdelegados do governo? Estes sempre están prestos a cargar contra traballadores cando hai manifestación, contra os manifestantes anti-bilguüistas españoleiros, pero contra estes exaltados non deron nin un chio.

E os alcaldiños q animaron este furor uterino? Coas pantallas xigantes, carpas e animación: por q teño eu q pagar cos meus impostos esas manifestacións nazi-onalistas españoleiras?

sophia #27 8/Xullo/2008 sophia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tamén coma muller dicir que non ten sentido falar de "furor uterino" nun deporte seguido maioritariamente por homes.
Grazas.

Xeonllo #28 8/Xullo/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sophia:

Sobre as mulleres e o fútbol, direiche que te decates de que cada vez hai máis mulleres ás que gusta o fútbol, e iso é un síntoma igual ca outros da progresiva igualdade entre os sexos que, aínda que está lonxe de ser total, vai avanzando non só niso mais tamén noutros eidos, tódolos eidos, da vida.

Non existe ningunha razón "natural" para que o fútbol teña que gustar máis aos homes que ás mulleres. Pode haber tanto homes como mulleres que lles guste o fútbol e que non lles guste. Se ata hai pouco viña gustano máis o fútbol aos homes é pura e simplemente por unha cuestión cultural, social, educacional, do tipo de sociedade na que vivimos.

Porque ás nenas se as educa para unhas cousas e aos nenos para outras. Isto vese no tipo de xoguetes e regalos que se lles da a nenos e nenas. Por exemplo, se ás nenas se lles regala monecas e xogos de cociña é porque a educación tradicional di que as mulleres deben encargarse de coidar os nenos e a casa; se aos nenos se lles regala balóns de fútbol, camións de xoguete ou pistolas é porque se considera que para os homes actividades "naturais" son xogar ao fútbol ou presencialo, traballar con camións ou loitar con armas, no exército, na policía ou de calquera outra maneira.

Creo que se entende ben: os xogos dos nenos prepáranos para o futuro, seguindo os modelos establecidos na sociedade para homes e mulleres, creándose estereotipos e forxando gustos diferenciados por sexo. Ás veces esa educación fracasa e xorden persoas que non se deixa encaixar neses estereotipos, mais iso é a xeneralidade do que ocorre. E resulta contradictorio e inconsecuente que, ao mesmo tempo, estea agora tan de moda falar de "educación para a igualdade".

sophia #29 8/Xullo/2008 sophia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xeonllo: queirades ou non, e malia que hai moitas mulleres ás que lles gustará o fútbol, este é un deporte seguido maioritariamente por homes. Non sei se agora a contracapa do Marca aínda leva unha foto dunha muller en top-less, pero antes asi era, sustentando a idea dun deporte e dun mundo heterosexual e machista. Eu non coñezo moitas mulleres ás que lles guste o fúbol, e coñezo bastantes do meu sexo, moitas das que van ó campo fano por acompañar ó home, ou ver ós fillos xogar (ou por ver ós futbolistas, se son mozos e guapos, e non as critico por iso), aínda que tamén coñezo mulleres que lles gusta, claro que si, e paréceme ben, dixen eu o contrario?, pero son as menos, tamén cho digo.
Eu falaba da expresión "furor uterino", que acho desatinada, repetida varias veces por varias persoas, penso que debería buscarse outra, ademáis paréceme unha expresión despectiva, supoño que foi por iso da "histeria colectiva" e saiuvos inconscientemente, por iso do "utero" relacionado coa "histeria" que dicían algúns filósofos.
Todo isto, dígoo sen acedume ningunha, que ninguén se me poña a chamar "feminazi" e outras cousas que teño lido eiquí.

Pero non penso pedir perdón por expresar o que penso e sinto.

Xeonllo #30 8/Xullo/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sophia, a min non me inclúas, que eu non dixen nada de "furor uterino", nin tampouco o vin escrito, aínda que non dubido que estará escrito por alguén cando ti o dis.

Tarelo #31 9/Xullo/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se cadra Xavi cando dixo ¡Viva España! se referise en exclusiva a o equipo de futbolistas (seus compañeiros) que xogaban no campionato baixo esa denominación. Dende logo os futbolistas non teñen porque ter os mesmo intereses ideolóxicos que calquera dos espectadores ou siareiros. Normalmente están ahí porque é o seu traballo e medio de vida. Eu podo traballar en SOGAMA, e eso non quere decir que eu me sinta orgulloso do que se fai co lixo nesta nación galega (podedesme creer que non), nembargantes si me suben o soldo 200 euros despois dunha dura negociación do convenio colectivo, ata podo emocionarme e decilo ¡Viva SOGAMA!, pero seguirei non compartindo o método de xestión. En contra do que di Gaiviotero, España é un Estado, no que conviven distintas Nacións.

Por outra banda, coma siareiro ou como persoa concienciada no interese do seu pobo, non ten sentido deixarse a pel nos estadios de futbol, e non mover un dedo ante a destrucción do teu pais ou nación (AVE, incendios, Plan de Portos, Plan de Infraesctruturas viarias, Plan acuicola, canteiras no Courel, plan eólico,encoros, etc). Galicia cada vez máis é o nome dun negocio para capitais foráneos que empregan destrucción da nosa terra só para quitarlle un beneficio económico e deixandonos sin recursos que nos garantan o desenrolo futuro. Galicia está en perigo

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: