Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CENTENARIO DO NACEMENTO

O Concello de Ferrol promoverá a Carvalho Calero para o Día das Letras 2010

A concelleira de Cultura anunciou que recabará os apoios doutros concellos do país a prol da candidatura.

Redacción - 13:45 07/07/2008
Yolanda Díaz apoiou persoalmente que o Día das Letras 2009 estivese dedicado a Carvalho Calero

Yolanda Díaz apoiou persoalmente que o Día das Letras 2009 estivese dedicado a Carvalho Calero

Despois de se coñecer que a Real Academia Galega lle dedicará o Día das Letras de 2009 a Ramón Piñeiro, o Concello de Ferrol anunciou que seguirá a recabar apoios para que Ricardo Carvalho Calero reciba o recoñecemento en 2010.

A concelleira ferrolá de Cultura, Yolanda Díaz, manifestou a súa satisfacción persoal pola decisión de lle render homenaxe a Piñeiro, pola súa "importante achega á cultura do país e a súa trasposición ao exterior".

A corporación local de Ferrol apoiou por unanimidade promover a Ricardo Carvalho Calero como autor ao que se lle renda homenaxe no Día das Letras. Díaz lembrou, ademais, que no ano 2010 faise o centenario do nacemento do escritor e lingüista ferrolán, o que "constitúe unha referencia básica para o traballo cara á súa candidatura". Por iso, anunciou que iniciará de inmediato entrevistas cos seus homólogos nas principais cidades e vilas do país para conseguir o seu apoio.

O concello ferrolán xa propuxera o autor para o Día das Letras 2009. Como parte da campaña, concedeu o Premio de Narrativa Carvalho Calero, patrocinado xunto á asociación cultural Medulio, e que recaeu en Henrique Dacosta por Unha nada de doce relatos. A modalidade de investigación e ensaio quedou deserta.


4,2/5 (20 votos)

Comentarios (10)

Tarelo #1 7/Xullo/2008 Tarelo

Esquerda Unida e en concreto Yolanda Díaz, e unha organización e neste caso, unha cargo público de Esquerda Unida, que acostuma a saltarse, ou obviar, os Estatutos da súa propia organización ou asociación política (por certo, coma calquera outra das asociacións políticas máis votadas do Estado Español). É máis, é un comportamento antidemocrático socialmente aceptado, estendido e xeralizado, o menos cabo das normas básicas que protexen os dereitos democráticos dos cidadáns e lles garanten a participación en condicións de igualdade, e evitan que se produzan situacións caciquís, clientelistas, etc.

O primeiro que debera facer calquera persoa ou organización que se propoña facer unha proposta para o día das Letras Galegas, ou simplemente pretendar participar democráticamente nalgunha inicitiva social pública, deveranse consultar as regras do xogo democrático, consultar cales son os procesos, que garantáis ou requisitos se requiren,... Así no caso concreto de querer facer unha porposta para o Día das Letras Galegas, debemos saber que Segundo os Estatutos da Real Academia Galega, "Decidi-la personalidade literaria á que cada ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, é unha das finalidades da Real Academia Galega", "Na primeira reunión despois do Día das Letras Galegas, o Plenario da RAG escollerá o persoeiro a quen se lle dedicará esa conmemoración no ano vindeiro. A figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe. En calquera caso deben pasar dez anos entre a súa morte e a designación para ese día. As propostas, razoadas e asinadas por un mínimo de tres académicos, deberán incluírse na convocatoria do Plenario correspondente."

Non é a primeira vez nin será a última que a clase política galega pretenderá suplantar e influir á RAG, para que se decline hacia un lado ou outro, ou a favor dun este ano, ou doutro para o seguinte, pero eu considero que o mellor que puideramos facer e o máis demócratico e deixar que os propios académicos, sen presións, sen deixarse influenciar, sen que traten de contentar a algún sector social, político, de esquerdas ou dereitas, .... decidan libremente, a quen homexanear cada ano, pois son ou foron eles, a RAG, os promotores desta noble inicitiva, e calquera interferencia, sobre todo política e externa, podería desprestixiar esta noble distinción.

Se EU-IU, e outros desexan homexanear a calquera representante da cultura galega, que hai moitos e moi meritosos, cantantes, políticos, traballadores, etc, incluso se desexan modificar algún dos requerimentos esixibles nos estatutos da RAG, poden, cando queiran e democráticamente, promover outro tipo de premios ou distincións de destacadas figuras da nosa Cultura Galega.

O Concellerio de Esquerda Unida de Redondela da pasada lexislatura, propuxo ó pleno deste Concello, unilateralmente, sen sequera ter en conta o apoio da súa organización, e sen ter en conta os criterios da RAG ou á mesma RAG, que se adicase o Día das Letras a Pucho Boedo, recoñecido e valorado, cantante dos Tamara. A proposta foi rexeitada, ata polos seus socios de governo municipal, o BNG e o PSOE. Agora a historia e a torpeza dunha organización voltase a repetir, é que en EU-IU non se quere aprender da historia e continuanse a repetir erros.

lavesedo #2 7/Xullo/2008 lavesedo

home tarelo, iso de que a RAG decide libremente, sen tratar de contentar algún sector social ou político, non sei eu que che dicir.

luiz #3 7/Xullo/2008 luiz

Para mim que o do primeiro comentário deve estar contente com este "galeguismo confuso" que inaugurou Ramone Piñero, com esta RAG que só aceita falar de cousas como Galicia e Pobra. Com este galego pobre e esta Galiza auto-embigada.
Eu estou em contra do Dia das Letras para Carvalho porque acho que a RAG não tem já qualquer credibilidade, para mim trabalham como complemento à promoção do espanhol em Galiza e incomoda-me que metam as suas garras em Carvalho.
O futuro da Galiza passa pela aprendizagem de Português e por fazermos a sociedade civil todas as homenagens que consideremos oportunas. A RAG para mim é uma entidade espanhola e pró-espanhol.

Lidor #5 7/Xullo/2008 Lidor

Ese señor non era lusista? Os lusistas non opinan que a Academia tiña que disolverse e cagan por riba de todas as súas decisións? A ver se se poñen de acordo con eles mesmos, non se pode cagar na porta do veciño e despois pedirlle a merenda.

fillotolo #6 8/Xullo/2008 fillotolo

Lidor, por ser lusista a súa obra perde valor?? é menos galego ca un non lusista? As veces non sabe que pensar...

Xarope #7 8/Xullo/2008 Xarope

Concordo completamente com o Luiz:

a 'Reala Academia Gallega' que vaia tocar a mandúrria onde quiser, o único que podem fazer esses inúteis é lixar e distorcer qualquer cousa que tocarem, logo quanto mais longe de Carvalho Calero, tanto melhor para nós.

E parabéns ao primeiro comentarista também:
"mil primaveras más para la lengua gallega de la Real Academia".

galeguzo #8 8/Xullo/2008 galeguzo

Carvalho Calero era reintegracionista, mas também foi membro da Real Academia Galega.

aovellaquemira #9 8/Xullo/2008 aovellaquemira

Tarelo, tens ração, as vacas sagradas são sagradas e não devemos incomoda-las. Que morram soas de empacho de fundos públicos, prémios e prebendas.

Por isso, como outros já disserom, também estou totalmente a favor de homenagear a Carvalho Calero no 2009 e a Luís Vaz de Camões no 2010, mas não lá na Real Academia Gallega de Gali-CIA.

Poexo #10 8/Xullo/2008 Poexo

Carvalho era reintegracionista e foi membro da RAG, mais foi case obrigado a deixala pola sua ideoloxia e pola sua concepcion da lingua (pola que foi duramente atacado nos seus ultimos anos de vida).

Non tenho moi claro se Carvalho quereria un dia das Letras na sua honra, mais estou convencida de que o merece mais que Pinheiro.
A RAG deixa ben clara a sua postura con esta decision.

Ferrol mobilizase para homenaxear o grande profesor da nosa literatura e eles escollen para as Letras a unha das figuras mais escuras da posguerra galega (non esquezades a desaparicion do PG...).

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: