Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
patinaxe artístico

Un clube da Coruña fica quinto no seu primeiro torneo internacional

Foi o Alquimia da Coruña. O Club Deportivo Fontiñas de Compostela foi segundo nos categoría dos grupos grandes.

Redacción - 13:15 08/07/2008
As mozas do CD Fontiñas

As mozas do CD Fontiñas

O Club Alquimia de Carral competiu, a pasada fin de semana, no seu primeiro torneo internacional, o International Skate Team Trophy 2008, que se desenvolveu na vila italiana de Riccioni. Presentábanse a concurso coa coreografía Vento, ideada pola súa profesora, Marta López.

Segundas foron outras galegas, as patinadoras do CD Fontiñas, de Compostela, que destacaron entre os clubes presentes no evento (o gañador foi o CPA Tona). As compostelás xa gañaran este ano o Campionato Galego de show (grupos grandes), e foran cuartas co grupo pequeno.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: